DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.315

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 28 de xuño de 2004 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión da batea M.L. I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea M.L. I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro.-Mediante escrito do 8-6-2004, Francisco Bermúdez Oubiña, en representación da comunidade de herdeiros de Manuel Bermúdez Martínez, solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea M.L. I.

Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro.-Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo

común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería

RESOLVE:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Francisco Bermúdez Oubiña (35461221-M) e Áurea Bermúdez Oubiña (35446744-H) da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: M.L. I.

Localización:

Cuadrícula nº: 286.

Polígono: B.

Distrito: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 15-12-1954,

Remate da vixencia: 3-1-2005.

Actual titular: Manuel Bermúdez Martínez (35383604-J).

Novos titulares: Francisco Bermúdez Oubiña (35461221-M) e Áurea Bermúdez Oubiña (35446744-H).

Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas do anterior.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 28 de xuño de 2004.

P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Pontevedra