Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Juanes I, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito con data do 5-5-2004, Juan Novoa Lijó solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Juanes I.
Segundo.-Os informes do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servizo Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, y coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Juan Francisco Otero Castro (76860607N), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Juanes I.
Localización:
Cuadrícula nº: 29.
Polígono: E.
Distrito: O Grove (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde outorgamento: 13-3-1965.
Remate vixencia: 13-3-2005.
Actual titular: : Juan Novoa Lijó (35381153T).
Novo titular: Juan Francisco Otero Castro (76860607N).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda.-Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Vigo, 15 de xuño de 2004.
P.D. (Orde 14-6-1999,
DOG nº 120, do 24 de xuño)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Pontevedra