DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2004, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto, da contratación do servizo de limpeza da Delegación Provincial de Ourense (C/005-2005).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: C/005-2005.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo de limpeza da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Ourense.

b) Lugar de execución: ver anexo III de prescricións técnicas.

c) Prazo de execución: dous anos desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto e concurso.

4. Orzamento base de licitación: cento vinte e nove mil novecentos noventa e nove euros con noventa e nove céntimos (129.999,99 A).

5. Garantía provisional: non.

6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación, edificio administrativo San Lázaro, s/n. 15781 Santiago de Compostela, teléfono: 981 54 36 18, telefax: 981 54 27 62.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

a) Clasificación, se é o caso: (grupo, subgrupo e categoría): grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 15 días contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta (concurso): 3 meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas: terá lugar a partir das 9.00 horas A.M., na sala 2-1 do edificio administrativo San Lázaro (ver punto 6), contado desde o noveno día natural seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo destes gastos ascende a mil douscentos euros (1.200 A).

11. Se é o caso, portal informático ou páxina web onde figuren as informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.sergas.es

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2004.

Moisés Hermida Sanromán

Director xeral da División de Recursos Económicos