DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.308

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/74-2, 6198 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación do Carballal.

Situación: A Pastoriza.

Descricións técnicas:

-L.M.T. áerea núa a C.T. do Carballal a 20 kV con orixe na L.M.T. a C.T. do Barreiro e final no C.T. do Carballal cunha lonxitude de 301 m sobre apoios metálicos en condutor LA-56.

-C.T.I. do Carballal sobre apoio metálico cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/420-230 V.

-R.B.T. no Carballal con orixe no C.T. do Carballal e unha lonxitude total de 930 m en condutor R.Z. sobre apoios de formigón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se

axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 28 de outubro de 2004.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo