DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o estudo de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Patricia 5760, da provincia de Lugo, e promovido por Saturnino García Valle.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudo de efectos ambientais ao trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución, o estudo de efectos ambientais e o plan de restauración do proxecto de concesión de explotación derivada do permiso de investigación Patricia nº 5760, situado en terreos dos concellos de Riotorto e Lourenzá, provincia de Lugo, e solicitado por Saturnino García Valle.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que a soliciten a documentación correspondente ao proxecto para consulta nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, así como nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación, Industria e Comercio e de Medio Ambiente, en Lugo, así como nos concellos de Riotorto e Lourenzá, e as posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo

38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas