DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 29 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 04/362).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: r/ Rocamador, 2, 15800 Melide, A Coruña.

Denominación: L.M.T.A. Muíño das Cañizas, estr. Galegos.

Situación: concello de Santiso.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 15/20 kV, de 1.208 m de lonxitude, en condutor LA-56, que parte da L.M.T. a Muíños das Cañizas e final no C.T. aéreo de 160 kVA no concello de Santiso.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 29 de outubro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña