DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.305

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 22 de outubro de 2004, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se comunica a resolución do expediente sancionador E.S. 87/04 seguido á entidade Desoxidantes y Pinturas, S.A. NIF: A28216992.

Notifícase ao denunciado cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, a notificación da resolución sancionadora, ditada polo delegado provincial da Coruña, ditada no expediente que se cita no anexo.

O interesado dispón do prazo dun mes, contado do día seguinte ao da publicación deste acordo, para interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, podendo examinar dentro deste prazo o expediente instruído na Delegación Provincial de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, edificio administrativo Monelos, 1º andar (reclamacións), segundo o disposto no artigo 84.2º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 22 de outubro de 2004.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: E.S. 87/04.

Denunciado: Desoxidantes y Pinturas, S.A.

Dirección: Comeandda, s/n, S. Pedro de Visma, 15008 A Coruña.

Feito denunciado: empresa sen autorización administrativa.

Precepto infrinxido: Lei de industria 21/1992, do 16 de xullo.

Precepto sancionador: artigo 31.3º.

Sanción: 500 A.