DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.304

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de novembro de 2004, do Servizo de Informes e Recursos, pola que se notifican as denuncias por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente DX-00385-I-2004).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as denuncias que se formularon contra eles. Por este motivo inciáronse, cos números que se indican, os correspondentes expedientes sancionadores que poden dar lugar ás sancións que tamén se citan.

Fáiselles saber o dereito que os asiste de alegar por escrito perante a Subdirección Xeral de Inspección de Transportes o que consideren conveniente, achegando ou propoñendo as probas que coiden

oportunas dentro dos quince días hábiles seguintes ao da publicación desta cédula.

No suposto que decida voluntariamente facer efectiva a sanción antes de que transcorran os 15 días seguintes ao da publicación da presente cédula, a contía pecuniaria da sanción proposta reducirase nun 25% (artigo 146.3º da Lei 16/1987, do 30 de xullo, modificada parcialmente pola Lei 29/2003, do 8 de outubro). A realización do dito pagamento equivale á terminación do procedemento.

Para que conste, lles sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2004.

Alberto Eiras Martínez

Xefe de Servizo de Informes e Recursos

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

DX-00385-I-2004

M-3603-KF

3325183846L145100493

Brais Y Raul, S.L.

P. ind. del Bierzo (Toral de Vados), nave 4

24560 (Villadecanes) León

Realizar transporte de mercadorías (terra) co vehículo matrícula M-3603-KF, (vehículo ríxido de 3 eixes) o que carece de autorización administrativa, o citado vehículo está autorizado cunha M.M.A. de 26.000 kg e presenta un peso total (pesaxe nº 1578) en báscula móbil modelo Haenni WL 103, nº 1851 e 2359, de 40.600 kg, o que supón realizar transporte cun exceso de peso de 14.600 kg, que representa un 56,15% de exceso sobre a M.M.A. do vehículo. Solicitado o condutor do vehículo Julio Rodríguez Sánchez con DNI 34962971, o documento de control (albará, carta de porte, ...) referido á mercadoría transportada, manifesta que carece dela.

16-9-2004; 15.21; N-536; 51,500

Artigos 47 e 90 da Lei 16/1987, do 30 de xullo e artigos 41 e 109 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro O.FOM 238/0331-1 (BOE do 13-2002). Artigo 200.3º do Real decreto 1211/1990.Artigo 143.1º i) da Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigo 143.1º e Lei 16/1987, do 30 de xullo. Artigo 143.1º h) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.10.202 euros