DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.303

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 4 de novembro de 2004, do Servizo Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-03074-O-2003 e catro máis).

Por medio desta cédula notifícanselles aos denunciados, cos datos e último enderezo coñecido que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. No caso de conformidade con estas resolucións , deberán facer efectiva a multa mediante ingreso que debe

efectuar en calquera oficina do BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, clave 390005, en Caixa Galicia cta. contable 840 código 001 ou en Caixanova Recadación Xunta modelo XTAX, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ao non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ao seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

Para que conste, e lles sirva de notificación aos citados denunciados, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente, expido, asino e selo esta cédula en Pontevedra o 4 de novembro de 2004.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servizo Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-03074-O-2003

3131-BJF

G.C. de Tráfico

Roberto Rodríguez Cendón

Dr. Carracido, 118-1º

36205 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando paquetaría nun vehículo de aluguer sen condutor sen levar a bordo do vehículo o contrato de arrendamento. Servizo público. Pola parte do Servizo Provincial de Transportes compróbase que se trata dun vehículo de aluguer sen condutor, á vista do contrato que remitiu o titular do vehículo matrícula 3131-BJF, Record Rent a Car, S.A.

25-9-2003; 10.00; N-550; 129

Artigo 17 da Orde do 20 de xullo de 1995, sobre o arrendamento de vehículos sen condutor (BOE nº 183, do 2 de agosto).Artigo 143 da Lei 16/1987 e 201 do Real decreto 1211/1990.60 euros

PO-03611-O-2003

PO-8998-AS

G.C. de Tráfico

Alfonso Álvarez Pedrales

Estrada Tui-Eidos, 43

36418 O Porriño (Pontevedra)

Circular cun aparello tacógrafo que leva instalado un limitador de velocidade que non funciona adecuadamente ao circular de xeito constante a unha velocidade de 100 km/h efectuando un adiantamento. Placa tacógrafo instalada en Hermafer S.L., E-9v-36024, o 9-5-1996. Realizar un servizo consistente nun traslado de produtos alimentarios de peixe, presentando unha autorización caducada. Tarxeta válida ata 30-11-2002. Servizo público.

29-10-2003; 8.15; N-120; 657,500

Artigos 47 e 90 da Lei 16/1987, do 30 de xullo e artigos 41 e 109 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º i) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.201 euros

Precintado do vehículo

PO-03649-O-2003

L-7320-K

G.C. de Tráfico

Dame Syll

César Boente, 6-1

362 Pontevedra

Circular transportando bolsos carecendo de autorización de transporte. Servizo privado.

9-11-2003; 15.40; N-550; 86

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo e artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigos 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

PO-04094-O-2003

4406-BJX

G.C. de Tráfico

Maquinaria Agrícola del Ebro, S.L.

San Francisco, 19

31310 Carcastillo

Navarra

Circular transportando 7 máquinas fertilizadoras pendulares, carecendo de autorización de mercadorías. Presenta autorización nº 10655214-1 caducada desde o 30-6-2003. Servizo privado.

10-12-2003; 16.40; N-525; 292.500

Artigos 47 e 103 da Lei 16/1987, do 30 de xullo e artigos 41 e 158 do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro.Artigo 143.1º c) da Lei 16/1987, do 30 de xullo.400 euros

PO-04102-O-2003

3868-CKM

G.C. de Tráfico

Jorge Luis Marín Reynoso

Parque de La Paloma, 26-1º B

2826 Madrid

Carecer de todos os distintivos. Transporta produtos de artesanía. Servizo privado.

15-12-2003; 10.40; N-525; 275.500

Artigo 10 m), 25-10-1990 (BOE 30 de outubro)Artigo 143.1º a) da Lei 16/1987, do 30 de xullo100 euros