DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se emprazan os interesados nos recursos contencioso-administrativos número 5179 e 5379/2003, interpostos contra a Orde do 29 de abril de 2003, pola que se outorga a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación cos recursos contencioso-administrativos nº 5179/2003, interposto por Luis Sanmamed Sanmamed e nº 5379/2003 interposto por José Fernández Iglesias, ambos os dous contra a orde da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de abril de 2003, pola que se outorga a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Ourense; esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandados nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de decembro 2004.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda