DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.302

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Urbanismo, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial do Corgo (Lugo).

En consonancia co sinalado no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e

proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, e en cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia, sométese a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto sectorial do parque empresarial do Corgo (Lugo) durante un prazo de trinta (30) días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo, calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sitas nos edificios administrativos de San Caetano, en Santiago de Compostela, e presentar as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2004.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo