DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2004, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 0000816/2004, interposto por Silvia Iglesias González.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo núm. 0000816/2004 interposto por Silvia Iglesias González, contra o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 29 de xullo de 2004, polo que se desestima o recurso de reposición contra a Orde do 27 de maio de 2004, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia (grupo A), e contra o Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2004, e se desestima a solicitude de suspensión; e contra a resolución da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de agosto de 2004, pola que se inadmite o recurso de reposición contra as ordes do 28 de xuño de 2004, polas que se convocan os procesos selectivos para o ingreso por promoción interna nos corpos superior de Administración (grupo A), de xestión de Administración (grupo B), administrativo (grupo

C) e auxiliar (grupo D), e contra a Orde do 24 de maio de 2004, pola que se aproban os temarios que rexerán nos programas dos procesos selectivos para o acceso por promoción interna aos corpos superior de Administración (grupo A), de xestión de Administración (grupo B) e administrativo (grupo C), e contra o Decreto 51/2004, do 4 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2004, e se inadmite a solicitude de suspensión.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2004.

Milagros Vázquez Tenorio

Directora xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA