DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentenza (554/2004).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 554/2004, por instancia de José Quiroga López, contra Bágoas

Vermellas, S.L. e Fogasa sobre despedimento, nos que recaeu auto de aclaración de sentenza con data de 12-11-2004 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Parte dispositiva.

Beatriz Rama Insua, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número catro da Coruña, acorda que procede a aclaración solicitada, e en consecuencia a súa decisión quedará do teor literal seguinte:

Decido que estimando a demanda promovida por José Quiroga López, contra Bágoas Vermellas, S.L. e Fondo de Garantía Salarial debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ao demandante e así mesmo extinguida a relación laboral que unía os litigantes a día de hoxe, condenando a demandada a estar e pasar pola anterior declaración e ao aboamento da cantidade de 815,61 euros, en concepto de indemnización, e os salarios deixados de percibir desde a data do despedimento ata esta resolución, que ascenden á suma de 2.355,68 euros.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso, sen prexuízo do recurso de suplicación contra a sentenza definitiva, que poderá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación deste auto, ante este xulgado, do que coñecerá no seu caso a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tal e como establecen os artigos 188 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Así o acordo, mando, asinando comigo a secretaria do xulgado.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa Bágoas Vermellas, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 12 de novembro de 2004.

A secretaria xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA