DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.301

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (298/2004).

Eu, Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 298/2004 seguidos por instancia de Fogasa contra a empresa Interpesco, S.A. sobre reclamación de cantidades, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, ditou sentenza, con data do 2 de novembro de 2004, coa seguinte parte dispositiva:

«Fallo que estimando a demanda interposta polo Fogasa debo condenar e condeno a empresa Interpesco, S.A. a que lle aboe ao Fogasa a cantidade de 4.052,19 euros máis os xuros legais desde setembro de 2003.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que en contra da dita resolución cabe o recurso de suplicación, que deberá anuncialo perante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á empresa Interpesco, S.A. que tivo o seu último domicilio coñecido en Peiraos Linares Rivas, nº 5 -Departamento Armadores da Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 11 de novembro de 2004.

Adelaida Egurbide Margañón

Secretaria xudicial