DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.300

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (665/2004).

Eu, Adelaida Egurbide Margañon, secretaria do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 665/2004, seguidos por instancia de Rafael Teijo Riveira, contra as empresas Landro Estructuras, S.L. e Construcciones Landro, S.L. sobre despedimento, a maxistrada xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Pares, ditou sentenza con data

2 de novembro de 2004, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Que debo estimar e estimo integramente as pretensións da demanda, e cualifico como improcedente o despedimento deste proceso e condeno a empresa Landro Estructuras, S.L. a que readmita inmediatamente a Rafael Teijo Riveira nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á parte actora dunha indemnización de 6.204,52 euros. Esta opción deberase exercer no termo de 5 días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido este termo sen que o empresario optase, entenderase que procede a readmisión. Calquera que fose o sentido da opción, condeno, así mesmo, a parte demandada a que lle satisfaga á demandante os salarios que non percibise desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, tomándose en consideración para tal efecto o salario que se estima acreditado no feito probado 1º e tendo en

conta a limitación que establece o artigo 57.1º do ET e que ata a data ascenden á cantidade de 5.295,83 euros. E debo absolver e absolvo o Fogasa e a empresa Construcciones Landro, S.L. das pretensións da demanda.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación, que se lles deberá anunciar perante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación da presente sentenza, por comparencia ou por escrito das partes, ao seu avogado ou ao seu representante legal, designando o letrado que o deberá interpor, sendo posible o anuncio por simple manifestación daquela ao ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá, así mesmo, acreditar ao anunciar o recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta en Banesto, conta nº 5602-60, podendo substituírse por aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na conta 5602-65 e en calidade de depósito e en impreso separado ao importe da condena.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e lles sirva de notificación ás empresas Landro Estructuras, S.L. e Construcciones Landro, S.L., na actualidade en ignorado paradoiro, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o catro de novembro de dous mil catro.

A secretaria xudicial

Rubricado