DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.299

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 30 de novembro de 2004 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, por Orde do 16 de setembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 195, do 6 de outubro); Orde do 20 de setembro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 197, do 8 de outubro); Orde do 4 de outubro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 201, do 15 de outubro), esta consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna,

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlle destino nos postos de traballo que se indican aos/ás funcionarios/as que se expresan no anexo da presente orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que deben cesar no seu destino, os/as funcionarios/as desfrutan dun período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberase realizar no prazo de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente prestan os seus servizos os/as funcionarios/as, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido nos artigos 14 e 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo (DOG nº 58, do 25 de marzo).

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro no que causen baixa os/as funcionarios/as, así como a daquel en que obteñan praza, efectuará, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, respectivamente; acto seguido realizaranse os trámites necesarios para a súa alta na nómina.

Cuarto.-Contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, no prazo dun mes contado des

de o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnala directamente perante, a elección do/a demandante, o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de

dous meses contados desde a mesma data, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2004.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos

ANEXO

Apelidos e nomeNRPGrupoPosto de traballoCódigoNivelCentro destinoLocalidade

Eiris Puñal, Luis Guillermo32 780 826 13 A2060AServizo de Usos do LitoralPEC99100001500107128D. T. A CoruñaA Coruña

Nieto Cortijo, Fernando Tomás01 485 840 68 A2087AServizo Estruturas e Mercados da PescaPEC99100002765003028D. T. LugoCeleiro

Blanco García, Alejandro33 217 081 24 A206RCSección de VixilanciaPEC01000021577001625S. G. Control, Salvamento Marítimo e Loita ctra. ContaminaciónSantiago de C.

Álvarez Rascado, Mª del Carmen76 711 618 46 A2059DSecretario/a Director/a XeralPEC03000001577000118D.X. Recursos MariñosSantiago de C.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCIÓN NÚMERO DOUS

DE RIBEIRA