DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.299

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 2 de decembro de 2004 pola que se resolve definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos do Servizo Galego de Saúde.

Convocada pola Orde do 20 de outubro de 2004 (DOG nº 218, do 9 de novembro) a provisión polo sistema de libre designación dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos do Servizo Galego de Saúde, esta consellería, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e en uso das facultades que lle confire o artigo 15.4º da devandita lei,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolver definitivamente a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nos servizos periféricos do Servizo Galego de Saúde, anunciada pola Orde do 20 de outubro de 2004 (DOG nº 218, do 9 de novembro).

Segundo.-Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, ao persoal que se relaciona no anexo á presente orde.

Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. De non estimarse a interposición deste recurso poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2004.

José Manuel González Álvarez

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Apelidos e nome: Faraldo Botana, Mª Dolores.

NRP: 3243789946 A205W.

Grupo: A.

Nivel C.D.: 30.

Corpo ou clase: facultativo superior da Xunta de Galicia.

Posto de traballo: directora provincial.

Dependencia: Dirección Provincial do Servizo Galego de Saúde.

Localidade: A Coruña.