DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.296

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ANUNCIO do 9 de decembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 012, do grupo V (peón e outras) do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polo que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición.

En sesión celebrada o día 1 de decembro de 2004, o tribunal designado pola Orde do 12 de agosto de 2004 (DOG nº 162, do 20 de agosto), para xulgar

o proceso selectivo para o acceso á categoría 012 (peón e outras) do grupo V, do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, quenda de promoción interna e de acceso libre, convocado pola Orde do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro),

ACORDOU

1. Facer públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da fase de oposición de la categoría 012 (peón e outras), quenda de promoción interna e acceso libre, que se atopan expostas no taboleiro de anuncios da Facultade de Económicas de Santiago de Compostela, nos servizos de Información e Atención ao Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, así como na páxina web www.xunta.es.

2. De conformidade co disposto na base II.2.1.a) da convocatoria de acceso libre, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos na proba, fixándose en vinte e dous (22) o número de respostas correctas para obter a dita puntuación.

No caso da quenda de promoción interna e de conformidade co disposto na base II.2.1.a) da convocatoria, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de cinco (5) puntos na proba, fixándose en quince (15) o número de respostas correctas para obter a dita puntuación.

3. Os aspirantes poderán presentar as alegacións que estimen oportunas en relación á puntuación acadada no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte a aquel en que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

4. Convocar os aspirantes da quenda de acceso libre que a continuación se citan, para a realización do terceiro exercicio da fase de oposición (proba de galego), que terá lugar o día 20 de decembro ás 16.30 horas na Sala de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, sita na planta baixa do bloque 5º do Edificio Administrativo de San Caetano, en chamamento único.

DNINome e apelidos

76341859Fidel Castiñeira Castro

34968701Francisco Hermida Meno

35290754Juan Luis Piñeiro Pazo

32659647Miguel Ángel Pita Rey

11378103Manuel José Reimondo Valea

35307521Francisco José Torres Otero

5. De acordo co establecido na base II.I.6, desde a data do anuncio de publicación no DOG das notas do segundo exercicio da fase de oposición, os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para presentar a documentación relativa á fase de

concurso, así como fotocopia compulsada da titulación requirida no anexo I, ou certificadción académica que acrededite a realización de estudos para a obtención do título ou, de ser o caso, documento que acredite, de modo que faga fe, a posesión do correspondente título académico.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

Rosario Puente Vázquez

Presidenta do tribunal V-D