DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.295

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2004, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o acceso ás categorías 014 (xefe/a de cociña) e 078 (subgobernante/a), do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola que se fan públicas as puntuacións do terceiro exercicio da fase de oposición das quendas de promoción interna e acceso libre, e, así mesmo, se abre o prazo para presentar a documentación relativa á fase de concurso para a quenda de acceso libre.

En sesión que tivo lugar o día 1 de decembro de 2004, o tribunal designado pola Orde do 27 de maio de 2004 para xulgar o proceso selectivo para o acceso ás categorías 014 (xefe/a de cociña) e 078 (subgobernante/a) do grupo III do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de promoción interna e acceso libre, convocado polas ordes do 19 de decembro de 2003 (DOG nº 252, do 30 de decembro),

ACORDOU:

Primeiro.-Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio da fase de oposición das categorías 014 (xefe/a de cociña) e 078 (subgobernante/a), polas quendas de promoción interna e acceso libre, e que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-De conformidade co disposto na base II.2.1º c) da convocatoria da quenda de acceso libre, superaron o terceiro exercicio da oposición os aspirantes que obtiveron como mínimo cinco (5) puntos na proba.

Terceiro.-De conformidade co disposto na base II.2.1º c) da convocatoria da quenda de promoción interna, superaron o terceiro exercicio da oposición os aspirantes que obtiveron a cualificación de apto.

Cuarto.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte a aquel no que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-De acordo co establecido na base II.1.6º da convocatoria da quenda de acceso libre, dende a data de publicación no DOG da presente resolución (na que se recollen as notas do terceiro exercicio da fase de oposición), os aspirantes disporán dun prazo de vinte (20) días naturais para presentar a documentación relativa á fase de concurso e a titulación exixida de acordo co anexo I da orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2004.

Eduardo Suárez Campo

Presidente do tribunal

ANEXO

Lista de puntuacións, 3º exercicio

Grupo III, categoría 014 (xefe/a de cociña)

Acceso libre

DNIApelidos e nomePuntuación

76820625-GRodríguez Domínguez, Antonio8

34961308-CViso Rubin, Carmen7

Lista de puntuacións, 3º exercicio

Grupo III, categoría 078 (subgobernante/a)

Acceso libre

DNIApelidos e nomePuntuación

44461298-KSantos García, Montserrat8

Promoción interna

DNIApelidos e nomePuntuación

33847846-BLópez Pérez, María de los ÁngelesApto