DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.275

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

ORDE do 26 de novembro de 2004 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, da Fundación Oira Futuro.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Oira Futuro.

Supostos de feito.

Primeiro.-A fundación solicitou a clasificación e a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, por medio do escrito presentado por Plácido Díaz Fernández, en calidade de representante da fundación.

Segundo.-A fundación constituíuse en escritura pública outorgada o 30 de setembro de 2004 en Ourense, ante o notario Alejo Calatayud Sempere co número 3130 do seu protocolo.

Terceiro.-A comisión integrada por todos os secretarios xerais na reunión celebrada o día 26 de outubro de 2004 elevou ao conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como de interese galego da Fundación Oira Futuro.

Cuarto.-Á vista da proposta da Comisión de Secretarios Xerais, pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 27 de outubro de 2004 (Diario Oficial de Galicia nº 218, do 9 de novembro), clasificouse como benéfico-social a Fundación Oira Futuro. Tendo en conta o disposto no artigo 32.2º c) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado de fundacións de interese galego e dado o seu obxecto adscribiuse á Consellería de Familia, Xuventude Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, que modifica a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, modificado polo Decreto 280/2003, do 17 de xuño e o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, que establece a estrutura orgánica da antedita consellería.

Quinto.-Segundo consta no artigo 6 dos estatutos da fundación, o obxecto é o fomento e promoción do deporte a través do apoio, difusión e axuda ás entidades deportivas e deportistas da provincia de Ourense, e a consolidación dos grandes eventos deportivos como medio de promoción e difusión da cultura deportiva, posibilitando un maior achegamento a todos os cidadáns e do resto da sociedade en xeral.

Con carácter meramente enunciativo pódense enumerar as seguintes finalidades na procura do obxecto anterior:

a) Fomentar o desenvolvemento do deporte en todos os seus ámbitos.

b) Apoiar o deporte xuvenil e das categorías base na procura de deportistas que poidan participar no futuro en competicións deportivas, facendo un labor de canteira de deportistas a través da creación de escolas deportivas se fose preciso.

c) Divulgación das distintas actividades deportivas, a través dos distintos medios falados e escritos, e colaborando con estes.

d) Acrecentar e mellorar o patrimonio deportivo.

e) Xuntar vontades e esforzos das persoas físicas e xurídicas para aumentar a actividade deportiva.

f) Colaboración con todo tipo de entidades privadas ou públicas, incluídas as administracións públicas, con sociedades e institucións sociais, culturais, artísticas, benéficas e deportivas, tanto nacionais como estranxeiras, fomentando o asinamento de convenios que permitan a maior expansión da práctica deportiva.

g) Fomentar, promocionar e xestionar museos, institucións culturais, así como salas de exposicións, centros de reunión, arquivos e bibliotecas ou instalacións que de xeito principal se dediquen á práctica deportiva e actividades accesorias.

h) Prestar axuda a persoas que se encontren necesitadas e tivesen dedicado anos da súa vida ao servizo do deporte ourensán.

i) Formentar, coordinar e desenvolver cursos, seminarios e programas educativos deportivos tendentes á formación cualificación na materia deportiva.

j) Calquera outra actividade que con carácter xeral implique, a xuízo do padroado, a materialización do espírito que informa a constitución da fundación.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, nos estatutos e na demais documentación que figura no expediente constan, entre outros, os seguintes extremos: acreditación da personalidade do fundador, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación (Fundación Oira Futuro), a composición do órgano de goberno e o réxime de adopción de acordos.

O padroado da fundación está integrado polos seguintes membros:

Presidente: Plácido Díaz Fernández.

Vicepresidenta: Sonia Alemparte Parente.

Secretario: Jesús Mosquera Pereira.

Tesoureiro: Constantino Rodríguez Alvarado.

Sétimo.-A Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, unha vez revisados os seus estatutos, solicitou informe da Asesoría Xurídica, conforme o disposto no artigo 32.2º a) do Regulamento de organización e funcio

namento do protectorado das fundacións de interese galego, que aquela emitiu favorablemente con data do 24 de novembro de 2004.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral, de acordo coa lei. O artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia atribúelle a esta Comunidade Autónoma competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego e o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da agora Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 280/2003, do 17 de xuño, que modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, que modifica a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e a inscrición no Rexistro de Fundacións, da Fundación Oira Futuro, dado o seu obxecto coincidente coas competencias desenvolvidas por aquela, asumindo as funcións que como protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ao abeiro do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débese destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ao artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presentar o orzamento de ingresos e gastos ao protectorado con anterioridade ao inicio do exercicio económico, e, por outra banda, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data do remate do exercicio, unha memoria das actividades realizadas durante o ano e da xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ao protectorado no prazo de seis meses desde a data de peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto, pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no rexistro de Fundacións, sección da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Así, en virtude do artigo 34 da Constitución española de 1978, o artigo 27.26º do Estatuto de auto

nomía de Galicia, a Lei 50/2002, do 26 de decembro, de fundacións, a Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime de fundación de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro, o Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, o Decreto 195/2003, do 20 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, en virtude do Decreto 280/2003, do 17 de xuño, que modifica o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, así como a demais normativa de desenvolvemento e de xeral aplicación,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer a declaración de interese galego á Fundación Oira Futuro.

Segundo.-Ordenar a súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

Terceiro.-Aprobar os seus estatutos e a composición do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ao disposto na normativa de xeral aplicación citada, en especial á obriga de darlles publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, quedando obrigada a dar contas anualmente ao protectorado e a xustificar a través dunha memoria anual o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presentar o proxecto de orzamento con anterioridade ao inicio do exercicio económico para o que se formula, debendo solicitar as preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente o recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución, ou recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se producise a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

Santiago Compostela, 26 de novembro de 2004.

Pilar Rojo Noguera

Conselleira de Familia, Xuventude,

Deporte e Voluntariado