DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Mércores, 15 de decembro de 2004 Páx. 17.271

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 14 de outubro de 2004 pola que se establecen as características técnicas que deben cumprir as publicacións que conteñan resultados estatísticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertido erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 208, do 26 de outubro de 2004, cómpre facer a oportuna corrección:

Na páxina 14.498, no anexo da orde, como remate e despois da composición gráfica, debe engadirse: «Nota: as presentes medidas do anagrama poderán reducirse ao 50% cando as características das portadas das publicacións así o requiran».