DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.264

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto do contrato: arranxo (drenaxes, rega automática e renovación de céspede) no campo de fútbol do Acebreiro, na Pastoriza.

3. Orzamento (IVE incluído): 120.000 euros.

4. División por lotes e número: único.

5. Prazo de execución: seis (6) meses.

6. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.

7. Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.

8. Información: Servizo de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

9. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

10. Presentación de ofertas: trece (13) días naturais, desde o seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

11. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.

12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

13. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 278 (2-12-2004).

Lugo, 2 de decembro de 2004.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo