1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.
2. Obxecto do contrato: servizo de publicidade de actividades que realice a deputación provincial.
3. Orzamento (IVE incluído): 330.556,66 euros.
4. División por lotes e número: único.
5. Duración do contrato: ano 2005.
6. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
7. Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación.
8. Información: Servizo de Plans e Contratación (Negociado de Plans Especiais).
9. Documentación que se debe presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.
10. Presentación de ofertas: oito (8) días naturais, desde o seguinte ao da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.
11. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo.
12. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
13. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP nº 277 (1-12-2004).
Lugo, 1 de decembro de 2004.
Francisco Cacharro Pardo
Presidente da Deputación Provincial de Lugo
Faustino Martínez Fernández
Secretario da Deputación Provincial de Lugo