DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2004 pola que se convoca un concurso, con procedemento aberto, para a contratación da elaboración dun plan estratéxico sectorial, de servizos sociais para a provincia (2006/2010). (Expediente 11143/2004 do Servizo de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: contratación da elaboración dun plan estratéxico sectorial, de servizos sociais para a provincia (2006/2010).

Lugar de execución: provincia da Coruña.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de cinco meses contados desde o día seguinte á formalización do contrato en documento administrativo.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento: o importe total do contrato será de 36.000 A, IVE incluído.

Garantía provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo da adxudicación.

Información: Servizo de Patrimonio e Contratación.

Proposicións: data límite ata as 13.00 horas do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 3 de decembro de 2004.

Salvador Fernández Moreda

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña