DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.263

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TOQUES

EDICTO.

O Pleno Municipal do Concello de Toques, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día vinte e seis de novembro de dous mil catro, acordou aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Municipal.

E de conformidade co establecido no artigo 85.2º da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o citado plan xeral exponse ao público durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia.

Toques, 30 de novembro de 2004.

Jesús Ares Vázquez

Alcalde