DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO da aprobación definitiva do Plan parcial para o desenvolvemento do S.U. 28, en Bouzón-Nantes.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Sanxenxo, en sesión celebrada o 16 de setembro de 2004, acordou aprobar definitivamente o Plan parcial de ordenación do S.U. nº 28 en Bouzón-Nantes presentado pola mercantil Gestión Urbanística Gallega, S.L. de conformidade cos planos redactados polo arquitecto José-Antonio González Marquina e con visado colexial do 3 de novembro de 2003 modificados polos planos I-02, I-03, I-04, I-05, I-07, P-01, P-02, P-03 e P-06 a P-13 inclusive con visado colexial do 30 de agosto de 2004.

Publícase o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e o documento que conteña a normativa e as ordenanzas, no BOP. Así mesmo, o 1 de decembro de 2004 remitíuselle á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, unha copia autenticada do expediente administrativo de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que a integran.

Contra este acordo que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de calquera outro recurso ou acción que coiden oportunos.

De conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a todos os propietarios que sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben intentada esta non se puidese practicar.

Sanxenxo, 2 de decembro de 2004.

Telmo Martín González

Presidente