DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SADA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudo de detalle da UEI-20.

O Pleno do Concello, en sesión celebrada o día 27 de agosto de 2004, aprobou definitivamente o estudo de detalle da UEI-20, promovido por Diego e Gonzalo Amigo Yebra, redactado polos arquitectos Fermín Corrochano Casares e Francisco Luis Freire González.

En cumprimento do disposto no artigo 92 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, publícase de seguido o texto íntegro da normativa urbanística así como o índice de planos do estudo de detalle definitivamente aprobado, do que se remitiu á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda copia autenticada de dous exemplares debidamente dilixenciados.

Contra o presente acordo, que esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso contenioso-administrativo durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Sada, 2 de decembro de 2004.

Ramón Rodríguez Ares

Alcalde