DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.262

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTOMARÍN

INFORMACIÓN pública.

Formulado o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Portomarín, de conformidade co acordado polo Pleno en relación co artigo 84.3º da Lei 9/2002, ábrese un período de información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal El Progreso para os efectos de que as entidades e os particulares poidan suxerir o que consideren oportuno e presentar propostas e convenios que xulguen procedentes.

Portomarín, 11 de novembro de 2004.

Eloy Rodríguez López

Alcalde