DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.261

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PADERNE

ANUNCIO de contratación do servizo de limpeza das distintas dependencias municipais deste concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Paderne.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza das distintas dependencias municipais do Concello de Paderne, segundo o establecido no prego de prescricións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 50.000 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: 2% do tipo de licitación.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Prazo do contrato: 1 ano, prorrogable outros tres.

7. Información, exposición de pregos, documentación complementaria e obtención de copias.

Na Casa do Concello de Paderne, rúa Consistorio nº 10 Paderne (15314). Tel.: 981 79 70 01. Fax: 981 79 70 35.

De conformidade co disposto no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1968, os pregos quedan sometidos á exposición pública polo período de 8 días hábiles, contados desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP, e poderán ser consultado no rexistro xeral das 9.00 ás 14.00 horas, para os efectos de reclamacións.

8. Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello en horario das 9.00 ás 14.00 horas, durante 15 días naturais, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do anuncio de licitación no BOP ou DOG.

9. Documentación.

A que figura nos pregos.

10. Apertura de propostas.

Ás 12.00 horas do primeiro martes seguinte ao día en que remate o prazo de presentación de proposicións.

11. Gastos de anuncios: o adxudicatario estará obrigado a pagar os gastos de publicación de anuncios nos diarios oficiais.

En Paderne o 30 de novembro de 2004.

César Longo Queijo

Alcalde presidente