DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

A Xunta de Goberno local, na sesión ordinaria do día dezanove de novembro de dous mil catro, aprobou inicialmente o estudo de detalle de ordenación de volumes-fronte edificado a paseo marítimo (Caión-A Laracha), redactado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz.

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 86.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e formular as alegacións que procedan no prazo de vinte días.

Existindo no procedemento interesados descoñecidos, esta publicación serve de notificación ao amparo do prevido no artigo 59.4º, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugar de exposición do expediente: 1ª planta Casa do Concello (Oficina Técnica).

Horario: de 10.00 a 14.00 horas.

A Laracha, 22 de novembro de 2004.

José Manuel López Varela

Alcalde