DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.260

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

EDICTO do 25 de novembro de 2004 relativo á aprobación inicial do Plan especial de reforma interior número 5 (PERI número 5) do Plan Xeral de Ordenación Urbana.

Aprobado inicialmente por Resolución da Alcaldía, do 25 de novembro de 2004, o Plan especial de reforma interior nº 5 (PERI nº 5), en desenvolvemento do PXOU da Guarda e de conformidade co disposto no artigo 116 do Real decreto lexislativo

1/1992, do 26 de xuño, e no Regulamento de planeamento, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da inserción deste edicto no DOG, durante o que poderá ser examinado o correspondente expediente na oficina de Urbanismo, e formular perante esta alcadía as alegacións que se consideren oportunas.

A Guarda, 25 de novembro de 2004.

José Luis Alonso Riego

Alcalde