DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CABANA DE BERGANTIÑOS

ANUNCIO de concurso da obra de reposición de infraestruturas de saneamento na estrada AC-430 As Grelas, Baio.

Por decreto da alcaldía nº 761, con data do 24 de novembro de 2004, apróbase o prego de cláusulas administrativas que rexerán o procedemento para a contratación da obra de reposición de infraestrutura de saneamento na estrada AC-430 As Grelas, Baio, o que se expón ao público por prazo de oito días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, computándose para efectos de prazos a última publicación de ambas, para que poidan presentarse reclamacións por quen se consideren interesados.

Simultaneamente anúnciase o concurso, se ben a licitación se aprazará canto resulte necesario de presentarse reclamacións ao prego.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Número de expediente: 911/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: reposición de infraestructura de saneamento na estrada AC-430 As Grelas, Baio.

b) Prazo de execución: catro meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 82.000 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitivamente: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

a) Concello de Cabana de Bergantiños (A Coruña), Secretaría, A Carballa, s/n, 15115 Cabana de Bergantiños (A Coruña). Teléfonos: 981 75 40 20. Fax: 981 75 42 29.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo E, subgrupo 01, categoría B.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: cláusula 11, do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

b) Lugar de presentación: no rexistro xeral do Concello de Cabana de Bergantiños. Véxase enderezo no punto 6 A).

9. Data, lugar e hora de apertura das ofertas.

O quinto día hábil seguinte ao remate de presentación de proposicións (agás que o derradeiro día fose sábado, suposto no que se trasladaría ao día hábil inmediato seguinte) ás 10.00 horas, na se do Concello de Cabana de Bergantiños, A Carballa, s/n, 15115 Cabana de Bergantiños (A Coruña).

10. Gastos de anuncios.

Por conta dos adxudicatarios.

Cabana de Bergantiños, 1 de decembro de 2004.

José Muíño Domínguez

Alcalde