DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.259

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

CONCURSO para a contratación, mediante concurso, do servizo de limpeza de edificios municipais para os anos 2005-2006.

No BOP de Ourense, do día 3 de decembro de 2004, publícanse íntegros os pregos de condicións

para a contratación do servizo de limpeza de edificios municipais durante os anos 2005 e 2006, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 13.00 horas do décimo quinto día natural (agás sábados) seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13.00 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono (988 36 00 00) e fax (988 36 01 26).

Barbadás, 3 de decembro de 2004.

O alcalde

Rubricado