DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.258

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVIZO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2004, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso público aberto, de subministración sucesiva, polo trámite de urxencia, anticipado de gasto, de adquisición de equipamento de mobiliario clínico con destino ao Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña. (SCS.-6/2005) (7 lotes).

1. Nome e enderezo do servizo: Servizo Galego de Saúde/Sergas, Servizo de Equipamentos (División

Xeral de Recursos Económicos). Edificio administrativo San Lázaro, 2ª planta en Santiago de Compostela. Teléfonos: 981 54 27 66, 981 54 27 68, 981 54 73 87. Fax: 981 54 27 62. Enderezo da internet: www.sergas.es.

2. Modalidade de adxudicación: procedemento aberto, concurso público, subministración sucesiva, polo trámite de urxencia.

3. a) Lugar de entrega da subministración: Hospital Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña.

b) Natureza e cantidade dos produtos que se deban subministrar: adquisición de equipamento de mobiliario clínico (7 lotes).

Orzamento total: douscentos cincuenta e un mil cento un euros, IVE incluído (251.101 euros).

LOTEDESCRICIÓNANUALIDADE 2005

1MOBILIARIO CLÍNICO DIVERSOS SERVIZOS50.651 A

2CARROS DIVERSOS SERVIZOS45.580 A

3CADEIRAS DE BRAZOS DE TRATAMENTO31.200 A

4MESAS DE INSTRUMENTAL16.370 A

5ARMARIOS SEGURIDADE REACTIVOS9.600 A

6CAMAS ESPECÍFICAS LESIONADOS MEDULARES92.000 A

7MOBILIARIO CLÍNICO FARMACIA5.700 A

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes e/ou polo conxunto das subministracións requiridas: cada licitador poderá presentar proposicións individuais por unicamente algún dos lotes da subministración e/ou proposicións agrupadas de varios lotes, ata un máximo de tres (oferta base máis 2 variantes).

4. Prazo de entrega máximo da subministración desde o envío da folla do pedido: lotes 1, 2, 4, e 7: máximo 30 días naturais; lotes 3, 5, e 6: máximo 45 días.

5. a) Nome e enderezo do servizo ao que poden solicitar os documentos pertinentes: ver punto 1.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 3 de xaneiro de 2005.

6. a) Data límite de recepción das ofertas: 10 de xaneiro de 2005.

b) Documentación que hai que presentar: ver punto 5.3 do prego tipo de cláusulas administrativas.

c) Enderezo ao que deben dirixirse: ver punto 1.

d) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7. a) Persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da antedita apertura: terá lugar na Consellería de Sanidade/Sergas edificio administrativo San Lázaro, 2º andar, a partir das 10.00 horas do décimo primeiro día natural contado

desde o seguinte a aquel no que remate o prazo da presentación de ofertas. No caso de que o antedito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte (21 de xaneiro de 2005).

8. Fianzas e garantías exixidas: a garantía provisional é do 2% do importe da licitación. Ver no punto 9 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

9. Modalidades esenciais de financiamento e pagamento e/ou referencias aos textos que as regulan: ver prego de claúsulas administrativas particulares.

10. Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de provedores: ver artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

11. Informacións e formalidades necesarias para a evaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reunir o provedor: ver puntos 14 e 15 da folla de especificacións do prego de tipo de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: ata o 31 de decembro de 2005.

13. Criterios que seguirán para adxudicar o contrato: os establecidos no punto 10 da folla de especificacións do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: admítense variantes.

15. Información complementaria: os anuncios deste concurso serán por conta do adxudicatario.

16. Data da publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa:

17. Data de envío do anuncio: 19 de novembro de 2004.

18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2004.

Moisés Hermida Sanromán

Director xeral da División de Recursos Económicos