DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.255

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 7 de decembro de 2004 pola que se anuncia concurso aberto e tramitación ordinaria, para o outorgamento de concesión de explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ribadeo. (Expediente 14-01-04-C-1).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: ente público Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Explotación e Planificación.

c) Número de expediente: 14-01-04-C-1.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do proxecto: o obxecto do concurso é o outorgamento da concesión de explotación das instalacións náutico-deportivas no porto de Ribadeo.

b) Lugar da concesión: porto de Ribadeo. Concello de Ribadeo. (Lugo).

c) Prazo da concesión: o especificado no prego de bases.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Taxas de explotación: as especificadas no prego de bases.

5. Garantías.

a) Provisional: a especificada no prego de bases.

b) Definitiva: as especificadas no prego de bases.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5A, 6ª polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 981 54 72 00.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Enderezo da internet: www.portosdegalicia.com.

g) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

8. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás doce horas do cuadraxésimo quinto (45º) día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: segundo o indicado no prego de bases.

c) Lugar de presentación:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, 5A, 6º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: ente público Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 10-4º. Polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: o décimo día natural seguinte ao do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre nº 1 e publicará no taboleiro de anuncios dos servizos centrais do ente público Portos de Galicia o resultado da apertura, para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2004.

Carlos Negreira Souto

Presidente do ente público Portos de Galicia