DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.249

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 9 de decembro de 2004, da Secretaría Xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, pola que se anuncia o concurso público aberto, trámite de urxencia, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade as 24 horas do día e máis un vixilante das 11.00 ás 22.00 horas no Centro de Menores Montealegre, así como outro vixilante no control de entrada do Complexo Montealegre en horario de 8.00 a 23.00 horas sábados, domingos e festivos.

Esta secretaría xeral, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes resolve anunciar concurso para a seguinte contratación:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Familia.

c) Número de expediente: 83/2004.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servizo de vixilancia e seguridade as 24 horas do día e máis un vixilante das 11.00 ás 22.00 horas no Centro de Menores Montealegre, así como outro vixilante no control de entrada do Complexo Montealegre en horario de 8.00 a 23.00 horas sábados, domingos e festivos.

b) Lugar de execución: Ourense.

c) Prazo de execución: do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2005.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 219.500 A.

5. Garantías.

Provisional: non se exixe.

Definitiva: si (4% do orzamento da adxudicación).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: rexistro xeral da consellería.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono de información: 981 54 57 47.

e) Telefax: 981 54 46 34.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.xunta.es/contratación/resultado.jsp?N=4719

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría B.

b) Outros requisitos: non se exixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito (8) días naturais seguintes ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do licitador. No caso de que estean inscritos no Rexistro de Contratistas, xuntarase grampado no exterior do sobre 1 o certificado do devandito rexistro.

c) Lugar de presentación.

1º Entidade: rexistro xeral da Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

2º Domicilio: San Caetano.

3º Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

(ou na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado).

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 3 meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado.

b) Domicilio: San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data: o oitavo día hábil seguinte ao de rematar o prazo de presentación de ofertas. De coincidir este en sábado, pasará ao seguinte día hábil.

e) Hora: 12.00 horas.

10. Outras informacións.

a) Gastos do anuncio: este anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2004.

P.D. (Orde 2-8-2004)

Javier Batán Rodríguez

Secretario xeral da Consellería de Familia,

Xuventude, Deporte e Voluntariado