DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.248

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2004, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto con trámite de urxencia e como gasto anticipado, da subministración en réxime de aluguer de vehículos para Adelga (gasto cofinanciado polo FSE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2004-12-872.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración en réxime de aluguer de 12 vehículos con destino a Adelga.

b) Número de unidades que hai que entregar: segundo o prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número: non hai división por lotes.

d) Lugar de entrega: segundo a folla de especificacións.

e) Prazo de entrega: segundo a folla de especificacións.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente e como gasto anticipado.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 63.000 euros.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52/981 54 61 42.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os indicados na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14.00 horas do oitavo día natural seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o 24 ou o 31 de decembro, o prazo rematará ás 14.00 horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

No caso de envíar a proposición por correo, deberá xustificarse a data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax, telegrama ou télex no mesmo día.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: ata a adxudicación.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n, Salgueiriños.

c) localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural contado a partir do seguinte ao de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado, festivo, en 24 ou 31 de decembro, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 10.00 horas.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta do adxudicatario.

11. Páxina web onde se poden obter os pregos:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.jsp?N=4701.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2004.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación

e Desenvolvemento Pesqueiro

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE, DEPORTE

E VOLUNTARIADO