DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.247

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 15 de novembro de 2004 sobre autorización de apertura dun novo establecemento da axencia de viaxes Zafiro Tours, S.A., sita na rúa Meira número 1 da Coruña.

Examinado o expediente instruído a instancia de Victoria E. Gomis Cerdán, na súa calidade de representante legal da entidade mercantil Zafiro Tours, S.A., titular da axencia de viaxes Zafiro Tours, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código de identificación CV-Mm 173-A e casa central na avda. Federico Soto nº 12 de Alacante, en solicitude da autorización de apertura dun novo establecemento na rúa Meira nº 1 da Coruña.

Resultando que, coa referida solicitude achegouse toda a documentación que se indica no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo.

Considerando que na empresa solicitante e no novo establecemento da axencia de viaxes concorren todas as condicións exixidas polo mencionado decreto para a obtención da súa autorización.

Considerando que na tramitación do expediente observáronse todos os requisitos e formalidades establecidos legal e regulamentariamente.

Vistos a Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo en Galicia e o Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo, esta Dirección Xeral de Turismo

RESOLVE:

Autorizar á axencia de viaxes Zafiro Tours, S.A., do grupo maiorista-retallista, con código identificativo CV-Mm 173-A, e casa central na avda. Federico Soto nº 12 de Alacante, da que é titular Zafiro Tours, S.A., a apertura dun novo establecemento na rúa Meira nº 1 da Coruña, que poderá exercer a súa actividade mercantil a partir da data de publicación desta orde no DOG, con suxeición ao preceptuado no Decreto 42/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de axencias de viaxes, guías de turismo e turismo activo. A dita axencia quedará inscrita no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma Galega.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Previamente, poderá interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no DOG.

Todo iso sen prexuízo da posibilidade de interpoñer recurso extraordinario de revisión nos supostos e prazos previstos no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2004.

P.D. (Orde 12-1-1998)

María A. Antón Vilasánchez

Directora xeral de Turismo