DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza, se aproba o proxecto de execución e se declaran de utilidade pública, en concreto, as instalacións da liña de alta tensión (L.A.T.) a 132 kV desde a subestación eléctrica do Parque Eólico Pena da Loba ata a subestación eléctrica de Tesouro, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña. (Expediente IN407A 02/304 A.T.).

Examinado o expediente instruído por petición da empresa Parque Eólico A Carba, S.A.U., con enderezo para efectos de notificación na rúa Fernando Casas Novoa, 37, portal B, 3º, 15703 Santiago de Compostela, resultan os seguintes

Antecedentes de feito

Primeiro.-Con data do 3 de outubro de 2002, a citada empresa solicita a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da liña de alta tensión L.A.T. a 132 kV desde a subestación eléctrica do Parque Eólico Pena da Loba ata a subestación eléctrica de Tesouro, presentando o preceptivo proxecto das instalacións ás que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina o artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve.

As características técnicas básicas da instalación, que ten como fin a interconexión das subestacións eléctricas dos parques eólicos da área denominada Faladoira

(Caxado, Pena da Loba, Coto Teixido e Faladoira) para a evacuación da enerxía producida nos citados parques eólicos, son as seguintes:

Liña eléctrica aérea de alta tensión a 132 kV dobre circuíto, sobre torres metálicas de celosía, con condutor LA-280, de 13.568 metros de lonxitude, con orixe na subestación de Pena da Loba ata o apoio 63 da L.A.T. sub. Bustelo-sub. Tesouro existente, e desde este por circuíto dispoñible e derradeira na subestación de Tesouro, acompañado en todo o percorrido por cable OPGW de 24 fibras, discorrendo polo concello das Pontes de García Rodríguez.

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña someteu o citado proxecto de instalacións, xunto coa relación de bens e dereitos afectados, ao trámite de información pública mediante Resolución do 12 de maio de 2003. Esta resolución foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 30 de maio, no BOP A Coruña do 12 de xuño e no diario La Voz de Galicia do 29 de maio. O anuncio estivo exposto no taboleiro de anuncios do Concello das Pontes de García Rodríguez.

Así mesmo, practicouse notificación individual aos interesados incluídos na relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro.-De acordo co disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, enviáronse separatas relativas ao proxecto aos organismos afectados.

Deste trámite de información obtívose a conformidade das diferentes entidades, empresas e administracións á autorización da instalación.

Cuarto.-Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública realizáronse as seguintes alegacións:

1. Amador Luis Cabaleiro Romero solicita que sexa tida en conta para efectos de valoración económica a existencia dunha plantación de eucaliptos de 10 anos e a existencia dunha servidume de paso.

2. Manuel Bernardo Ferreiro Castro manifesta que na notificación recibida existen incorreccións en canto á denominación e ocupación do predio afectado e así mesmo precisa que no terreo afectado cualificado como prado existe unha explotación apícola rexistrada.

3. Manuel Prado Moure en nome e representación da mercantil Faprape, S.L., alega que os predios afectados titularidade da súa representada foron adquiridos para uso forestal e dada a forma dos predios e a traza da liña sobre os mesmos quedarían inservibles para o dito uso, polo que ha de terse en conta para efectos de valoración. Ademais manifesta que o ideal sería un cambio de traza da liña.

4. O Servizo Provincial de Estradas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivienda da Coruña manifesta que o tendido aéreo sobre as zonas de dominio público cumprirán o previsto na Lei 4/1994, de estradas de Galicia e o disposto no Real decreto 1812/1994, Regulamento xeral de estradas, no seu artigo 94.C.

5. O Servizo de Montes e Industrias Forestais da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente da Coruña comunica que o monte denominado O Seixo afectado pola instalación é un ben patrimonial da Xunta de Galicia polo que o citado servizo remitiu

unha copia da notificación á Secretaría Xeral e do Patrimonio.

6. Raimundo Barro Cabarcos en nome e representación da Comunidade de heredeiros de Vicente Franco Pena manifesta que nos predios afectados titularidade dos seus representados existe un erro en canto á clasificación, sendo esta monte alto, polo que de acordo con esta clasificación procede que se expropie unha franxa de 30 metros de largo.

7. Alfredo Manuel Seco Caaveiro e María Carmen Seco Caaveiro alegan que nos predios afectados titularidade dos seus representados existe un erro en canto á clasificación, sendo esta monte alto, polo que de acordo con esta clasificación procede que se expropie unha franxa de 30 metros de largo.

8. Mercedes Castro Bellas manifesta que o paso da liña e a colación dun apoio afectará a parte dunha plantación existente de eucaliptos ademais de afectar á explotación apícola que no predio se vén desenvolvendo, feitos que teñen que ser tidos en conta para efectos de valoración.

9. Celia, Enrique e José Manuel López Cabarcos, herdeiros de Enrique López Vilaboy alegan que no predio da súa titularidade afectada pola instalación existe outra liña, polo que a imposición da nova servidume limita o seu uso, impedindo plantar árbores ou realizar calquera outro uso agrícola ou industrial, aínda estando próxima á poboación das Pontes de García Rodríguez e á estrada de Ortigueira. Ademais, os efectos sobre a saúde dos campos eléctricos minguan o valor do predio.

10. María Carmen Novo Fraga alega que no predio afectado da súa titularidade existe un erro en canto á clasificación, sendo esta monte alto.

11. José Ledo Pérez mediante manifesta que no seu predio xa existe outra servidume de liña polo que queda inutilizada para aproveitamento agroforestal, polo que debería considerarse como terreo afectado o espazo comprendido entre as ambas liñas.

12. Luis Blanco López solicita a realización dunha medición no seu predio en presenza da Administración con carácter previo ao levantamento de actas previas á ocupación, co fin de determinar a afección pola servidume imposta.

13. Manuel Rodríguez Pajón manifesta que no seu predio xa existe outra servidume de liña polo queda inutilizada para aproveitamento agroforestal, polo que debería considerarse como terreo afectado o espazo comprendido entre ambas as liñas.

14. Amador Barro Agras solicita a realización dunha medición no seu predio, co fin de determinar a afección real pola servidume imposta.

15. Constantino Raúl Bellas Carreiras solicita que para efectos de valoración sexa tido en conta que a servidume da liña afectará a unha plantación de piñeiros e unha futura explotación apícola, ademais do prexuízo que supón o fraccionamento do predio e o seu impacto paisaxístico.

16. Vicente Castro Bellas solicita que para os efectos de valoración sexa tido en conta que a servidume da liña afectará a unha plantación de piñeiros e unha futura explotación apícola, ademais do prexuízo que supón o fraccionamento do predio e o seu impacto paisaxístico.

17. Jesús Pena Ferreiro solicita que para efectos de valoración sexa tido en conta que a servidume da liña afectará a unha arbórea existente, así como a unha fracción de pasteiro e terreo cultivado e a unha futura explotación apícola, ademais do prexuízo que supón o fraccionamento do predio e o seu impacto paisaxístico. Ademais manifesta que nos predios nos que se prevé o establecemento de apoios existen mananciais de auga potable que poderían verse afectados polas excavacións para acometer as cimentacións dos apoios.

18. Jesús Otero Rey solicita que para efectos de valoración sexa tenido en conta que a servidume da liña afectará a unha plantación de eucaliptos e unha futura explotación apícola, ademais do prexuízo que supón o fraccionamento do predio e o seu impacto paisaxístico. Alega ademais que na súa parcela estase a construír unha nave agrícola.

19. Manuela Dopico López manifesta que no seu predio xa existe outra servidume de liña o que supón fracciona a propiedade, quedando o predio inutilizado e en consecuencia solicita a expropiación total do predio.

As alegacións foron remitidas á empresa beneficiaria para a súa contestación.

Quinto.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña emitiu informe favorable, con data do 12 de setembro de 2002, sobre a solicitude obxecto deste expediente de acordo co exposto na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e o exposto no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Sexto.-O estudo de impacto ambiental desta instalación eléctrica foi sometido a información pública conxuntamente coa autorización administrativa, aprobación de proxecto e utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que nos afecta, na respectiva resolución de información pública.

Durante o trámite de información pública non se presentaron alegacións ao estudio de impacto ambiental da citada liña.

Sétimo.-O 2 de xullo de 2004, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente realizou a declaración de impacto ambiental relativa ao proxecto que agora se autoriza, que se fixo pública mediante Resolución do 6 de setembro de 2004, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Oitavo.-A solicitude obxecto deste expediente foi informada favorablemente pola Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña, con data do 30 de decembro de 2003.

Noveno.-O 19 de outubro de 2004 publícase no BOE o Real decreto 2050/2004, do 11 de outubro, polo que se establecen as servidumes aeronáuticas da instalación radioeléctrica de axuda á navegación aérea radar das Pontes de García Rodríguez, A Coruña.

Décimo.-O 18 de novembro de 2004, o promotor presenta escrito acompañado de separata técnica, na que se xustifica que a citada liña respecta as limitacións impostas pola servidume do radar.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente

con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; o Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro; Decreto 82/2004, do 23 de abril, de modificación do Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio; e o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa citado.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación a elas por parte da empresa Parque Eólico A Carba, S.A.U. e o resto da documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ao erro na titularidade do predio nº 22 afectado pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomou razón da mesma, e no sucesivo as comunicacións serán coa Secretaría Xeral do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, por resultar ser un ben patrimonial da Xunta de Galicia.

2. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

3. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados estas tomaranse en consideración cando se proceda ao levantamento de actas de ocupación incluíndose na correspondente folla de aprecio.

4. En canto á identificación da afección cabe dicir que, o terreo afectado queda definido no proxecto da citada instalación. A zona ou superficie ocupada polo trazado da liña seralle notificada polo perito da Administración o día do levantamento de actas previas para que poida presentar folla de aprecio valorando os danos.

5. En relación ao cambio de trazado, proposto por Manuel Prado Moure rexe o disposto no artigo 4 do Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas aéreas de alta tensión establece que as liñas eléctricas se estudarán seguindo o trazado que considere máis conveniente o autor do proxecto, axustándose en todo caso ás prescricións do citado regulamento.

6. As alegacións ambientais foron remitidas ao órgano ambiental e recollidas na declaración de impacto ambiental da citada instalación, formulada pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 25 de xuño de 2004.

7. En canto a que a servidume de paso fai antieconómica a explotación da parcela cómpre mencionar que de acordo co artigo 23 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, o propietario do predio poderá solicitar a expropiación total desta, cando considere antieconómica a conservación da parte do predio non expropiado, debendo xustificar na dita soli

citude as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos, de acordo co artigo 152 do R.D. 1955/2000.

8. O Servizo Provincial de Estradas da Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Publicas e Vivenda emitiu informe favorable o 29 de maio de 2003, á separata do citado proxecto, sendo aceptado polo promotor o referido condicionado o 16 de xuño de 2003.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites reglamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas:

RESOLVE:

1. Autorizar a liña de alta tensión (L.A.T.) aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV desde a subestación eléctrica do Parque Eólico Pena da Loba ata a subestación eléctrica de Tesouro, no termo municipal das Pontes de García Rodríguez, provincia da Coruña.

2. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

3. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 1.529.480,24 euros.

Segunda.-O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira.-En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento técnico de liñas eléctricas de alta tensión, e as súas instrucións técnicas complementarias de acordo co Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, e ordes posteriores, así como demais normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación.

Cuarta.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Quinta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Parque Eólico A Carba, S.A.U.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 15 de setembro de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2004.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO