DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.237

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (30/2003-AJ).

Carmen Calvo Alonso, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número nove da Coruña.

Nos autos de xuízo verbal civil nº 30/03-AJ, sobre reclamación de cantidade, coas partes que se mencionarán, ditouse a sentenza co encabezamento e a parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentenza.-A Coruña, ocho de abril de dous mil tres. Vistos polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número nove desta cidade, Pablo González-Carreró Fojón, estes autos de xuízo verbal civil nº 30/2003-AJ, promovidos, como parte demandante, por Soledad Íñiguez Rivas e Génesis Seguros Generales, S.A., representados pola procuradora Mónica Vázquez Couceiro, contra Mapfre, Mutualidad de Seguros, representada polo procurador Xulio X. López Valcárcel, e contra Policor, S.L., declarada en rebeldía, en primeira sentenza, dítase en nome de-El Rei a seguinte: (seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito):

Resolvo que estimo a demanda deducida pola procuradora Mónica Vázquez Couceiro en nome e representación de Soledad Íñiguez Rivas e de Génesis Seguros Generales, S.A., en canto que dirixida contra Policor, S.L., en situación procesual de rebeldía, e condeno a expresada demandada a que satisfaga á señora Íñiguez Rivas a suma de cento oitenta euros con trinta céntimos (180,30 euros) e a Génesis, S.A. a de mil catrocentos vinte euros con oito céntimos (1.420,08 euros).

Estimo en parte a demanda en canto que dirixida contra Mapfre Industrial, Sociedad Anónima de Seguros, representada polo procurador Xulio X. López Valcárcel e, en consecuencia, condeno a aseguradora demandada a lles aboar ás demandantes, solidariamente con Policor, S.L. e na mesma proporción antes establecida, trescentos noventa e oito euros con trinta e seis céntimos (398,36 euros) en total, é dicir, 353,48 euros a Génesis e 44,88 euros á Sra. Íñiguez Rivas; a aseguradora demandada satisfaralles, ademais, ás demandantes, os xuros devengados e que se devenguen sobre o importe que lle debe a cada unha delas ao tipo establecido no artigo 20.4º da Lei de contrato de seguro, desde o 30 de abril de 2002 e ata a data do pagamento ou consignación para pagamento do principal debido.

Impóñolle a Policor, S.L. as custas desta instancia, agás as derivadas da chamada a xuízo de Mapfre Industrial, sobre as que non fago especial imposición.

Contra esta sentenza cabe recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, que se debe preparar ante este xulgado dentro dos cinco

días seguintes ao da súa notificación, de acordo co establecido nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúnciao, mándao e asínao Pablo González-Carreró Fojón. Seguen sinaturas e rúbricas.

E para que conste e lle sirva de notificación ao demandado rebelde Policor, S.L., e para a súa inserción no BOP e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino este edicto na Coruña, 18 de decembro de 2003.

A secretaria

Rubricado