De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da mesma lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, os postos de traballo vacantes que se indican no anexo I desta orde.
Segundo.-Poderán concorrer a ela os funcionarios de carreira que reúnan as condicións que para os postos se sinalan no anexo I.
Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, nas súas delegacións provinciais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo que se inclúe no anexo II.
Cuarto.-Os aspirantes deberán unir á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Quinto.-No caso de resultaren seleccionados para ocupar os postos de traballo funcionarios con destino noutras administracións públicas, tramitarase o seu traslado a esta comunidade autónoma conforme o previsto no R.D. 364/1995, do 10 de marzo, e nas demais disposicións concordantes.
Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderán declararse desertos os postos de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior radica na mesma localidade do novo destino, e dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo do funcionario. Este prazo empezarase a contar a partir do día siguiente ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de decembro de 2004.
José Antonio Santiso Miramontes
Conselleiro de Política Agroalimentaria
e Desenvolvemento Rural
ANEXO I
Código do posto
N.
C. espec.
Grupo
Corpo/escala
Denominación do posto
Dependencia
Localidade académica/
formación
específica
Titulación
AGC992000115350045 26 9.180,72 A Especial Xefe de Área de Gandería Delegación provincial Ferrol A11-640-2037
AGC992000127290001 26 9.180,72 AB Xeral/especial Xefe de Área de Servizos Agrarios Delegación provincial Mondoñedo A11-640
AGC992000127640025 26 9.180,72 A Especial Xefe de Área de Gandería Delegación provincial Vilalba A11-640-2037
AGC010000015770001 20 4.206,60 CD Xeral Secretario/a do conselleiro Gabinete conselleiro Santiago de Compostela A11-641-020