DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Martes, 14 de decembro de 2004 Páx. 17.234

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2004, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para acceso á categoría 003 do grupo IV (auxiliar de enfermaría e outros), pola que se fan públicas as puntuacións do segundo exercicio nas quendas de promoción interna e acceso libre.

En sesión que tivo lugar o 25 de novembro de 2004 o tribunal IV-D designado por Orde do 20 de agosto de 2004, pola que se nomean os membros do tribunal que deberán cualificar o proceso selec

tivo para o acceso á categoría 003 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado por orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 19 de decembro de 2003 (DOG número 252, do 30 de decembro) e de conformidade co disposto na dita orde da convocatoria,

ACORDOU:

Primeiro.-Vistos todos e cada un dos escritos de impugnación e reclamación presentados por dife

rentes aspirantes a diversas preguntas do segundo exercicio celebrado o 12 de novembro de 2004 na Aula A da Facultade de CC. Económicas e Empresariais de Santiago, decidiuse:

Desestimar as reclamacións presentadas a diferentes preguntas do cuestionario obxecto de exame.

Segundo.-Facer públicas as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio da fase de oposición na categoría 003 (auxiliar de enfermaría e outros) do grupo IV de persoal laboral fixo nas quendas de promoción interna e acceso libre, que se atopan expostas na Consellería da Presidencia, RR.II. e A. Pública, e nas súas delegacións provinciais, así como na páxina web www.xunta.es.

Terceiro.-De conformidade co disposto na base II.2.1 b) das convocatorias de acceso libre e promoción interna, superaron o segundo exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de 5 puntos na proba, fixándose en vinte e cinco (25) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación.

Cuarto.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación á puntuación acadada no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto.-De acordo coa base II.1.6 da orde de convocatoria os aspirantes disporán dun prazo de 20 días naturais para presentar a documentación relativa á fase de concurso igual que a titulación exixida no anexo I da citada orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2004.

Yolanda Lesmes Romero

Presidenta do tribunal IV-D

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL