A base quinta da Orde do 8 de xullo de 2004, da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia número 138, do 19 de xullo de 2004, pola que se convocan os Premios Galicia de Comunicación 2004, sinala que o xurado ou xurados para a adxudicación destes premios serán nomeados polo secretario xeral para as Relacións cos Medios Informativos e estará integrado por per
soas escollidas polos seus coñecementos nas materias obxecto dos premios. Na súa virtude,
RESOLVO:
Designar como membros do xurado encargado de adxudicar os Premios Galicia de Comunicación 2004 ás seguintes persoas:
-Francisco Gómez Soto, director do semanario España Exterior, que actuará como presidente.
-Alberto Fernández Rodríguez, director de Galicia TV e responsable de Informativos de Televisión de Galicia, como vogal.
-Javier Castro Dopico, director rexional da Cadea COPE en Galicia, como vogal.
-José Ferrín Abal, redactor gráfico da Axencia Galega de Noticias, como vogal.
-Juan Carlos Varela Castiñeiras, redactor-xefe do Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, que actuará como secretario, con voz e sen voto.
Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2004.
Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral para as Relacións cos Medios
Informativos