DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Luns, 13 de decembro de 2004 Páx. 16.982

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 283/2004, do 11 de novembro, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía e de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, determinando os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 1711/1996, do 12 de xullo, establece o título de técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e habilita, na súa disposición adicional segunda, os órganos competentes das comunidades autónomas para executar e desenvolver o disposto neste real decreto.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado dos corpos de profesores de ensinanza secundaria e de profesores técnicos de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e autoriza as comunidades autónomas, na súa disposición derradeira primeira, punto 2, para ditaren no ámbito das súas competencias as normas que cumpran para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa, recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros adaptaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas permitirán realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen

dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece no presente decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describen o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender, que se require do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e a destreza precisos para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido, a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde na que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector ao que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro educativo, mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos- do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, contidos, criterios de avaliación, secuencia e metodoloxía que respondan ás características do alum

nado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día once de novembro de dous mil catro,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativa ao título de técnico superior en xestión e organización de empresas agropecuarias, regulado polo Real decreto 1711/1996, do 12 de xullo, polo que se aproban as ensinanzas mínimas.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no punto 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións, os criterios de realización e o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no punto 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no punto 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado.

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no punto 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no punto 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas no presente título son as que se expresan no punto 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no punto 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición do

presente ciclo formativo son os que se determinan no punto 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos puntos 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta dos ministerios de Educación, Cultura e Deporte, e de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no punto 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no punto 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste punto serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica para lles dar resposta ás características dos alumnos, e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características dos alumnos con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpran, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto no presente decreto.

Segunda.-O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, once de novembro de dous mil catro.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

-Denominación: xestión e organización de empresas agropecuarias.

-Nivel: formación profesional de grao superior.

-Duración: 2.000 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Os requisitos xerais de cualificación profesional do sistema produtivo para este técnico son:

Xestionar unha empresa agropecuaria, programando e organizando os recursos materiais e humanos dispoñibles e os traballos necesarios para acadar os obxectivos dunha produción economicamente rendible e de calidade, con protección do medio natural.

Este técnico actuará, en todo caso, baixo a supervisión xeral de arquitectos, enxeñeiros ou licenciados e/ou arquitectos técnicos, enxeñeiros técnicos ou diplomados.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Analizar e valorar a información técnica sobre os plans de actuación, as actividades, as secuencias de cultivo e o seu desenvolvemento, o aproveitamento gandeiro e os problemas que se presenten, co obxecto de adoptar as medidas oportunas e lograr os obxectivos.

* Analizar e actualizar permanentemente a documentación e as directivas sobre a política agraria comunitaria (Unión Europea) e a súa repercusión na estatal e na autonómica.

* Xestionar, administrar e planificar ao seu nivel unha explotación agropecuaria, adoptando procedementos, programando actividades, elaborando instrucións e organizando e distribuíndo os recursos dispoñibles.

* Supervisar o manexo, o funcionamento e a posta a punto de tractores, apeiros, máquinas agrícolas e instalacións da explotación agropecuaria.

* Realizar a comercialización dos produtos e recoller información sobre os diferentes mercados, os prezos e a distribución.

* Programar e/ou realizar actividades de desenvolvemento rural.

* Posuír unha visión global e integradora da empresa ou explotación e do proceso produtivo en relación cos diferentes aspectos técnicos, organizativos, económicos e humanos implicados.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Relacionarse con entidades e organismos que realicen investigación agraria para estar actualizado

nas innovacións que se produzan e que poidan afectar á explotación ou empresa.

* Tomar as decisións adecuadas con rapidez para preparar os cultivos, o gando e a produción en xeral, en situacións meteorolóxicas e ambientais adversas do medio.

* Responder ante as continxencias, formulando posibles solucións e resolvendo os problemas ou as incidencias que xurdan na realización do traballo.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Xestionar a loxística nunha explotación agropecuaria, organizando e controlando as compras, o taller, os almacéns e a venda de produtos e servizos.

* Organizar e supervisar o mantemento de tractores, apeiros, máquinas e instalacións utilizadas na produción agraria, seguindo as recomendacións establecidas polo fabricante, dun xeito compatible co ciclo produtivo.

* Organizar e controlar as medidas de protección sanitaria e do medio natural, e cumprir as normas de seguridade e hixiene.

* Relacionarse con institucións ou asociacións que realizan labores de asesoramento profesional para estar actualizado nas situacións de conxuntura agraria que se produzan e poidan afectar á explotación ou empresa.

* Manter relacións fluídas cos membros do grupo funcional en que está integrado, responsabilizándose da execución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, organizando e dirixindo tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, con actitude tolerante cara ás ideas dos compañeiros e dos subordinados.

* Resolver problemas e tomar decisións no ámbito das súas realizacións ou dos seus subordinados no marco das normas e dos plans establecidos, e consultar cos seus superiores a solución adoptada cando os efectos que se poidan producir alteren as condicións normais de seguridade, de organización ou económicas.

* Distribuír, coordinar e supervisar, de ser o caso, o traballo dun grupo de técnicos de nivel inferior, comprobando que cumpren os criterios establecidos de seguridade, de calidade e económicos.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia dos cambios producidos nas técnicas de produción, na organización laboral e en aspectos económicos relacionados coa súa profesión.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

A este técnico, no marco das funcións e obxectivos asignados por técnicos de nivel superior ao seu,

requiriránselle nos campos ocupacionais concernidos, polo xeral, as capacidades de autonomía en:

* Planificación e xestión de explotacións con cultivos extensivos ou intensivos, de gandaría e de empresas de servizos para o sector agropecuario.

* Organización e xestión de empresas de servizos vinculadas co sector agrario ou de comercialización, en réxime empresarial e cooperativo.

* Control dos rendementos do traballo realizado.

* Identificación e organización dos medios de produción.

* Planificación do mantemento e da xestión de parques de maquinaria.

* Programación, organización e distribución dos traballos, cun aproveitamento óptimo dos recursos dispoñibles.

* Elaboración e execución de plans de loita tradicional e loita integrada contra as pragas e doenzas, baixo a supervisión correspondente.

* Elaboración e execución de plans de saneamento gandeiro e de mellora xenética do gando baixo supervisión.

* Análise e elaboración da información técnica e dos datos obtidos.

* Supervisión das operacións de preparación e mantemento de instalacións, equipos e máquinas.

* Organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Negociación das operacións de compra dos medios de produción e de comercialización dos produtos, no ámbito das súas competencias.

* Supervisión e control das condicións e cumprimento das normas de seguridade laboral e de hixiene.

* Análise da lexislación e da política agraria autonómica, estatal e da Unión Europea.

* Organización dos recursos da empresa, con aplicación dos instrumentos de xestión técnico-económica adecuados.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar e xestionar unha empresa agraria.

2. Programar e controlar a produción agrícola da empresa.

3. Programar e controlar a produción gandeira da empresa.

4. Organizar e controlar o mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, da maquinaria e dos equipos dunha empresa agraria.

5. Planificar e controlar as medidas de protección sanitaria, verificando o cumprimento das normas de seguridade e hixiene.

6. Programar e organizar os procesos de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha empresa agraria.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Obter, valorar e organizar a información necesaria para establecer os obxectivos, aplicando procedementos e técnicas adecuadas.* Identifícanse as necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que afecta ao sector.

* Identifícanse e selecciónanse as fontes de información máis fiables e representativas, que proporcionan datos para o estudo, a toma de decisións e o funcionamento normal da empresa.

* Identifícase a normativa que regula a constitución e a posta en marcha dunha empresa agraria, así como as organizacións oficiais que a xestionan, e establécese a documentación e os trámites necesarios.
* Realízanse as xestións necesarias para a obtención da documentación exixida pola lexislación vixente.
* Realízanse os trámites oportunos en tempo e forma ante os organismos públicos para iniciar as actividades, de acordo cos requisitos legais.
* Confecciónase, organízase, mantense actualizado e procésase adecuadamente un arquivo documental coa información e a documentación recollida, e facilítase o acceso a ela, de maneira que se permita a súa interpretación e posterior toma de decisións.
* Elabórase un informe que, de forma estruturada e homoxénea, presente as conclusións obtidas da análise da información recollida para establecer os obxectivos.

1.2.Definir o plan xeral de actividades de acordo cos obxectivos establecidos e os recursos dispoñibles.* Identifícase a regulamentación do sector relativa aos factores e medios de produción.

* Prevense os recursos dispoñibles de partida, materiais, humanos, territoriais e pecuarios e hidrolóxicos, de ser o caso.

* Na planificación xeral defínense:-Os obxectivos que se pretenden acadar.
-As fases de desenvolvemento do plan.
-A temporalización das actividades, establecendo unha orde de prioridades e unha coordinación entre elas.
-A organización e os recursos humanos necesarios.
-As necesidades de recursos materiais.
-O orzamento, consignando os recursos dispoñibles.
-A axuda técnica que se pode recibir.
-As axudas económicas.
* Realízase unha previsión dos custos de produción.
* Realízase un plan de viabilidade que ofreza unha garantía económica das actividades, valorando a demanda, as canles de comercialización e os custos previstos.
* Prevense posibles continxencias que se poidan presentar na execución do plan (limitacións climatolóxicas, orográficas, edafolóxicas, etc.).
* Determínase a posible contratación de servizos e de seguros, e tramítase a documentación necesaria.
* Determínase a posible asociación, a través da fórmula xurídica máis conveniente con outras empresas para a xestión conxunta, a utilización de medios de produción en común ou a posta en marcha de servizos.
* Téñense en conta as directrices autonómicas, estatais e comunitarias sobre política agraria.

1.3.Organizar e xestionar os recursos materiais, económicos e humanos con criterios de óptima asignación, de acordo cos obxectivos xerais da empresa.* Determínase a estrutura organizativa segundo a orientación produtiva da empresa, fixando as funcións e actividades que se deben desenvolver para acadar os obxectivos previstos e tendo en conta as limitacións agronómicas.

* Establécense as necesidades de recursos humanos en función das actividades que se van realizar e os obxectivos establecidos.

* Establécese a distribución de traballo, a asignación de funcións e as directrices de funcionamento, tendo en conta as características dos medios dispoñibles e as actividades que se van desenvolver.
* Identifícanse os recursos financeiros dispoñibles e, de ser o caso, as necesidades de financiamento.

RealizaciónsCriterios de realización

* Valóranse as subvencións e/ou axudas ofrecidas ou que teñen establecidas as diferentes administracións públicas para diferentes actividades.
* Selecciónase, se é o caso, a fonte allea de financiamento máis axeitada ás necesidades previstas, tendo en conta a información recibida das diferentes entidades de crédito.
* Xestiónanse as compras ou o arrendamento de servizos, selecciónanse provedores e decídese o sistema de adquisición e pagamento máis conveniente para a actividade que se vai desenvolver.
* Xestiónase a modalidade de contratación de persoal máis habitual no sector e conveniente á orientación produtiva da empresa, tendo en conta a lexislación laboral vixente.
* Establécense as necesidades de instalacións, maquinaria e equipos, así como as súas características, en función da planificación establecida.
* Establécese o plan de situación dos medios de produción en que se verifique que, tralo seu uso, cada un deles se atope no sitio e nas condicións requiridas.
* Elabórase un plan de novos investimentos, tendo en conta a rendibilidade dos capitais amortizados, o investimento óptimo en inmobilizado e as características das actividades que se vaian desenvolver.
* Realízase o inventario en tempo e forma establecidos.

1.4.Xestionar e organizar a documentación necesaria para o desenvolvemento das actividades e da xestión técnico-económica.* Establécese e cúmprese o calendario fiscal e os impostos que afectan ás diversas actividades e á renda.

* Xestiónanse as obrigas legais da empresa canto a:-Altas e baixas laborais.

-Nóminas.
-Seguros sociais.
-Tipos de contratos.
* Contrólanse as liquidacións dos gastos correntes e compróbase que os datos que conteñen os documentos de cotización á Seguridade Social sexan correctos.
* Identifícase a lexislación que regula os requisitos que deben cumprir a documentación e os impresos de xestión técnico económica.
* Realízase o inventario en tempo e forma establecidos.
* Compróbase que a formalización dos documentos contables se realice de xeito periódico e dentro dos prazos establecidos.
* Establécense e revísanse os documentos que se deben enviar aos órganos de xestión técnica.
* Incorpóranse á nova planificación as orientacións técnicas emitidas polo órgano de xestión correspondente.

1.5.Supervisar e controlar a aplicación das medidas de seguridade e hixiene persoal e no traballo, segundo a normativa vixente.* Organízase o sistema de control de seguridade e hixiene no traballo, tendo en conta a normativa vixente.

* Verifícase que as actividades que se realizan se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade específicas.

* Compróbase que se cumpren as normas de hixiene canto a:-Locais e instalacións.
-Manipulación de produtos.
-Manexo de maquinaria, equipos e apeiros.
-Equipo persoal de traballo.
* Verifícase que os produtos e materiais de refugallo se sitúen nos lugares asignados, e que se reciclen ou eliminen conforme a normativa vixente.
* Aplícanse con rapidez as técnicas de primeiros auxilios e as medidas sanitarias básicas.

1.6.Xestionar e controlar accións de promoción para a comercialización de produtos e servizos de acordo cos obxectivos establecidos.* Obtense e actualízase a información sobre custos, beneficios dos produtos, destino e clientes, e rexístranse os datos comerciais e financeiros.

* Valóranse e decídense os posibles compradores, atendendo ás súas características, solvencia e interese da empresa.

* Identifícanse e propóñense accións de promoción para servizos dados e contratados, e establécense medidas de asesoramento técnico-comercial dos produtos e servizos que proporcione a empresa.
* Ao negociar cos clientes tense en conta:-O custo do produto ou servizo.
-Os prazos e condicións de entrega.
-A calidade.
-As condicións de pagamento.
-Os descontos.
* Establécense criterios comerciais para realizar servizos de utilización lúdico-cultural de áreas ou parques, preservando o medio.

RealizaciónsCriterios de realización

* Organízanse e xestiónanse os servizos de utilización dos recursos da empresa (maquinaria, equipos, persoal, etc.) a terceiros, tendo en conta a dispoñibilidade, os custos e acordos previos con clientes.
* Realízase un documento que recolla informes de clientes, follas de pedidos, gastos e informes da competencia.
* Xestiónanse novas redes de comercialización para mellorar as condicións de venda, e valórase a comercialización da produción vía asociativa.

1.7.Promover e organizar actividades de desenvolvemento rural tendo en conta os recursos ambientais do contorno.* As actividades de promoción axústanse ao tipo de actividade e contorno de actuación.

* A información programada ten en conta a poboación á que vai dirixida e os recursos dispoñibles.

* No desenvolvemento e seguimento das actividades, compróbase que se acadan os obxectivos previstos no plan de actuacións.
* Establécense as actuacións que conducen a que as persoas implicadas no programa sexan protagonistas do seu propio desenvolvemento.
* Utilízanse as técnicas de animación e dinámica de grupos adecuadas para cada situación e actividade que se van desenvolver.
* Elabóranse informes destinados a grupos a partir da información obtida, co fin de asesorar o grupo e facilitarlle a toma de decisións.
* Aplícanse técnicas de traballo de grupo segundo o establecido na programación, e adáptanse adecuadamente co fin de favorecer a evolución do grupo.
* Aplícanse os procedementos de «realimentación» segundo criterios establecidos, para tomar decisións sobre a marcha da actividade co grupo.
* Realízanse as actividades de avaliación segundo o previsto, para incentivar a participación das persoas que interveñen na actividade.
* Establécese unha comunicación fluída cos integrantes do equipo de traballo.
* Elabóranse documentos didácticos que proporcionan información adicional dirixida á que directamente realizan.
* Colabórase con outros axentes socioculturais do medio rural en actividades como turismo rural.
* Establécense actividades para protexer e mellorar os recursos ambientais do contorno.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Documentación técnica, económica e lexislativa para a xestión, a organización e o mantemento dunha empresa agraria levada de forma directa, co asesoramento de técnicos superiores cando se requira. Equipos de oficina e informáticos. Equipos de tratamento da información. Lexislación xeral de empresas agrarias. Axudas. Préstamos. Subvencións. Documentación de carácter xeral: arquivos de clientes e provedores, información sobre evolución de prezos e mercados agropecuarios, fichas de almacén e plan de compras. Documentación contable: libros de contabilidade e xestión, facturas, notas de pedido e entrega, letras de cambio, cheques, inventarios e balances e formularios contables. Documentación fiscal e de persoal: declaracións fiscais, nóminas, retencións e IVE. Estatísticas de medios de produción e demandas de mercado. Contratos de persoal, de arrendamento, de parcería, de compravenda, de seguros, e formularios laborais. Relación de equipos dispoñibles. Equipos de protección de

instalacións. Regulamentación sobre seguridade e hixiene no traballo.

-Produtos ou resultados do traballo.

Xestión técnica e administrativa dunha explotación agropecuaria: contabilidade, declaracións e documentación fiscal. Declaracións periódicas en materia fiscal e/ou administrativa para acceder a determinadas axu

das e subvencións. Accións de extensión e divulgación do medio agrario. Obtención de licenzas. Programa xeral de actividades. Programas de loita contra enfermidades e pragas. Fichas técnicas de cultivos. Programas de reprodución e saneamento do gando. Cadro anual de organización do traballo. Balance contable da explotación. Memoria económica anual con propostas de melloras.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos contables: plan xeral de contabilidade. Procedementos de xestión técnica. Método contable por marxes brutas. Análise de grupos de xestión de explotacións. Métodos de valoración de tempos e actividades. Procedementos de control, organización e administración de almacéns. Procedementos de promoción e comercialización de produtos. Técnicas estatísticas básicas. Procedementos de determinación de índices. Estudos de mercados agrarios. Técnicas de arquivo. Constitución e posta en marcha de empresas agrarias. Técnicas de comunicación e avaliación. Métodos de organización e control de recursos humanos. Técnicas de dinámica de grupos. Técnicas asociativas.

-Información utilizada e/ou xerada.

Sobre o sector, sobre prezos e mercados e sobre recursos humanos e materiais (salarios, seguridade e hixiene, e contratos). Obrigas administrativas e fiscais. Revistas e outras publicacións especializadas. Textos legais. Regulamentación do sector, de asociacións, cooperativas e sociedades agrarias. Ibertex e paquetes informáticos de nivel básico. Impresos oficiais. Normativa de seguridade e hixiene no traballo. Dinámica de grupos. Técnicas de programación do traballo.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Titulares de empresas agrarias. Cooperativas de explotación en común e de traballo asociado. Organizacións profesionais agrarias. Autónomos. Xefes de explotación. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivos e produción. Asociacións. Sociedades agrarias de transformación (SAT). Agrupacións de comercialización. Mercos. Conserveiras. Casas comerciais de sementes, fertilizantes, pesticidas e maquinaria. Poboación do medio rural. Provedores e clientes. Xestorías. Organismos oficiais. Empresas ou organizacións de actividades de carácter social, cultural ou recreativo. Institucións locais.

2.5.2. Unidade de competencia 2: programar e controlar a produción agrícola da empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Establecer a alternativa de cultivos e determinar as necesidades dos medios necesarios para mellorar a súa produción.* Prográmase a alternativa de cultivos tendo en conta as características da comarca, os obxectivos da empresa, os medios de produción e a súa racionalidade desde o punto de vista técnico.
* Determínase a superficie dedicada a cada cultivo en función das demandas do mercado e das axudas establecidas en cada campaña polas administracións públicas e de limitacións administrativas, superficies autorizadas ou dereitos de produción derivados da aplicación da política agrícola.

RealizaciónsCriterios de realización

* Calcúlase o capital de explotación tendo en conta o óptimo aproveitamento en relación coa superficie da explotación.
* Determínanse as necesidades de man de obra para levar a cabo os labores dos cultivos implantados.

2.2.Organizar e supervisar os traballos de preparación e acondicionamento do solo.* Determínase o programa de obras (socalcos, muros de contención, etc.) necesario para que o terreo quede en condicións adecuadas para cultivar.
* Compróbase que o estado do solo (tempero) sexa o axeitado para realizar os labores de preparación e acondicionamento.
* Establécese o plan de labores que cómpre realizar en función das características do solo, medios de produción e man de obra dispoñibles.
* Verifícase que os labores de preparación e acondicionamento se realicen en tempo e forma adecuadas e co apeiro que corresponde.
* Compróbase que o terreo quede en condicións para recibir a semente ou a planta.

2.3.Establecer o calendario de traballo estacional, e organizar e supervisar os labores dos cultivos implantados.* Establécese o calendario de traballo, tendo en conta a época, os labores que cómpre realizar cos cultivos implantados e os medios dispoñibles na explotación.
* Establécese o sistema de control periódico dos labores que se deben realizar nos cultivos implantados.
* Organízanse os medios de produción que melloren os labores que se van realizar nos cultivos.
* Contrólase o estado vexetativo dos cultivos para determinar a época idónea para realizar os labores.
* Elabórase o programa de aprovisionamento tendo en conta as existencias e necesidades, as posibilidades de servir aos provedores e a redución de custos por cantidade e almacenaxe.
* Contrólase que a provisión das materias e produtos sexa a requirida para as actividades que se van desenvolver segundo o plan establecido.

2.4.Coordinar e controlar os recursos materiais e humanos en función dos obxectivos e das actividades establecidos no plan de produción agrícola.* Establécese unha ficha-control para coordinar os medios humanos e materiais en función do planificado e facilitar a información dos traballos realizados.

* Establécese a distribución de traballos e as directrices de funcionamento, tendo en conta as actividades establecidas.

* Identifícanse e valóranse os problemas presentados canto a traballos realizados, persoal e medios de produción.
* Establécense as prioridades de utilización da maquinaria, os equipos e os apeiros en función dos obxectivos establecidos.
* Compróbase que as máquinas e os equipos queden en perfectas condicións de uso e nos lugares establecidos para cada un deles.
* Organízase e coordínase a actuación do persoal para realizar as actividades requiridas polo plan de produción.
* Verifícase que todos os traballos realizados se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade e, no caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para o corrixir.

2.5.Establecer e xestionar o plan de colleita e almacenaxe, así como avaliar e controlar os medios de transporte que se deben utilizar en cada caso.* Determínase o momento idóneo para a colleita en función da madureza do froito e a demanda do mercado.

* Establécese o plan de colleita, transporte e almacenaxe en función dos medios dispoñibles pola empresa.

* Determínanse as condicións e o sistema de venda directa ou de almacenaxe, tendo en conta os prezos e a demanda do mercado, as exixencias de conservación dos produtos e a dispoñibilidade de almacenaxe.
* Supervísase que os almacéns e os vehículos reciban os labores de limpeza e mantemento establecidos, e que funcionen correctamente.
* Establécense as condicións de conservación dos produtos perecedoiros e o sistema de control de caducidade para evitar perdas.
* Organízase o transporte da colleita ben ao almacén ou ben ao cliente, e fíxanse as condicións, os útiles e os vehículos apropiados, así como as condicións de circulación e os itinerarios, respectando as condicións de seguridade e reducindo os custos.
* Avalíanse as distintas alternativas de transporte (propias e alleas), tendo en conta as características dos produtos, o destino, o traxecto, o tempo, os custos e a normativa, e decídese a utilización da máis idónea tecnicamente e economicamente.

RealizaciónsCriterios de realización

* Verifícase que as condicións de almacenaxe e conservación dos produtos se axusten ás normas establecidas, e que a súa calidade non se altere.

2.6.Xestionar a información e a documentación precisas para a organización e o control da produción, e a proposta de melloras nos traballos e nos sistemas de produción.* Elabórase un arquivo documental, ao que se lle facilita o acceso e a transmisión de xeito rápido e eficaz, así como a súa actualización sistemática.

* Especifícanse os datos e os documentos que se deben recoller nos diversos sistemas de produción.

* Recompílase, codifícase e arquívase a documentación recibida relativa á organización e ao control da produción, segundo o sistema establecido.
* Procésanse os datos obtidos sobre a produción e elabórase un informe sobre os resultados acadados, os custos reais de produción e os rendementos dos medios de produción.
* Segundo a análise da información recibida e dos datos obtidos, elabóranse propostas de modificación dos sistemas de produción que incidan na produtividade, na redución de custos, no incremento da calidade e/ou na mellora das condicións de traballo.
* Determínase a posible repercusión que sobre o sistema de produción pode ter a aplicación obrigatoria das directivas comunitarias derivadas da política agraria.

2.7.Organizar e xestionar a instalación e o mantemento de invernadoiros, túneles e acolchados, cos recursos materiais e humanos precisos.* Determínase o tipo de invernadoiro máis idóneo en función das variables climáticas da zona e dos cultivos que se vaian implantar.

* Verifícase a calidade dos materiais que se vaian utilizar na construción de invernadoiros e compróbase que o número de elementos construtivos sexa o necesario.

* Organízanse os medios materiais e humanos dispoñibles para levar a cabo a montaxe de invernadoiros e túneles.
* Interprétanse correctamente os planos de construción do invernadoiro, e establécese e organízase a toma de datos segundo o plan técnico de construción.
* Establécense e organízanse as técnicas e os métodos de instalación e mantemento de invernadoiros, túneles e acolchados, contemplando as instrucións do fabricante, planificado para cada operación e asegurando que estean en condicións axeitadas de funcionalidade.
* Organízanse e contrólanse os labores culturais e de protección dos cultivos (regas, podas, enxertos e tratamentos), segundo o plan establecido.
* Verifícase que todas as operacións se levan a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene persoal no traballo e, en caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para corrixir a situación.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Apeiros, tractores e motocultores. Sementes e plantas. Pés e enxertos. Fertilizantes minerais e orgánicos. Produtos fitosanitarios. Fitorreguladores. Equipos de aplicación de herbicidas. Equipos de colleita de forraxes, grans e sementes. Máquinas agrícolas. Equipos de distribución de fertilizantes, minerais e orgánicos: fertilizadoras e espalladores de esterco e xurros. Equipos de desfonde. Arados de veso e de disco. Subsoladores. Grades. Cultivadores. Rotocultores. Aporcadores e desaporcadores. Furadoras, plantadoras, arrincadoras e varredoras. Equipos de rega: grupos de bombeo, billame, tomas, aspersorios, tubos, válvulas e manómetros. Equipos de fertirrigación. Equipos de nivelación, drenos e equipos de drenaxe e instalación de drenos. Equipos para o coidado e a protección de plantas. Equipos de marcaxe. Equipos de recolección, transporte, limpeza e clasificación dos produtos. Almacéns e cintas transportadoras. Equipo e material de poda. Material de enxerto. Almacéns de

conservación e manipulación. Instalacións de secado e ventilación. Instalacións de frío, medidores de

humidade e temperatura. Cámaras frigoríficas. Transportadoras de grans e sementes. Planos da explotación. Instalacións cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles acolchados. Materiais de soporte estrutural para invernadoiros. Plásticos. Arames. Aperturas cenitais.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Cultivo en bo estado desde o punto de vista sanitario e en condicións para que poida acadar a produción posible, conseguido a través do que se coñecen como boas prácticas agrícolas. Colleitas preparadas para a súa comercialización e/ou aproveitamento polo gando da propia explotación. Produtos seleccionados. Estudos de viabilidade da explotación agraria. Estudos de custos e beneficios. Estudos de melloras e investimentos. Explotacións agropecuarias e empresas de servizos agrarios xestionadas con adecuados criterios técnicos e económicos adaptadas ás circunstancias do medio natural.

-Procesos, métodos e procedementos.

Método de rega, fertilización, preparación de solos, implantación e transplante, sementeira, coidado e protección dos cultivos de poda e enxerto, recolección e transporte, acondicionamento e almacenaxe dos produtos. Operacións de campo máis apropiadas para manter o potencial produtivo do cultivo, sen que se produzan danos no ambiente. Métodos contables de marxes brutas por cultivos. Procesos de avaliación de custos horarios das diferentes actividades.

-Información utilizada e/ou xerada.

Botánica básica aplicada. Edafoloxía aplicada. Sistemas de rega. Normativa de hixiene e seguridade e técnico-sanitaria no traballo con agroquímicos, as súas limitacións de uso, prazos de seguridade e niveis tolerables de residuos. Técnicas de poda e enxerto. Estudos de cultivos. Axudas económicas das administracións públicas aos cultivos. Valoración de obras agrícolas. Almacenaxe e conservación de produtos agrícolas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Xefes de explotación. Titulares de explotacións agrarias a título principal (ATP) ou non. Autónomos. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivo e traballo asociado. Sociedades agrarias de transformación (SAT). Agrupacións e cooperativas de comercialización. Mercos. Conserveiras. Casas comerciais de sementes, fertilizantes e pesticidas. Casas de maquinaria. Titulares de empresas agrarias e de servizos.

2.5.3. Unidade de competencia 3: programar e controlar a produción gandeira da empresa.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Determinar as especies e as razas gandeiras que se van explotar, tendo en conta os medios ou factores de produción e os obxectivos da empresa.* Elíxense as especies e razas de acordo coas súas aptitudes e características produtivas.

* Determínanse os animais que se van explotar tendo en conta os medios humanos e materiais de que dispón a empresa.

* Selecciónanse os animais de acordo coas condicións agro-climáticas da zona.

* Tense en conta a política agraria comunitaria do sector e os produtos gandeiros que se pretenden obter.

RealizaciónsCriterios de realización

3.2.Organizar e supervisar as operacións de manexo racional do gando, tendo en conta a especie e raza, e o sistema de explotación.* Establécese o programa de alimentación e a ordenación do pastoreo (racións e sistema) de acordo co tipo de animal e a orientación produtiva.

* Organízanse e contrólanse as cubricións de acordo co plan establecido e os condicionantes do mercado (demanda estacional).

* Verifícase que o programa sanitario se realice seguindo os procedementos, pautas e calendario establecidos. Supervísase que as operacións xerais de manexo (muxida, partos, pesadas, identificacións, rapa e traslado de animais) se realicen segundo o programa establecido.
* Organízanse as operacións de produción para obter os produtos en función da demanda estacional da especie ou raza gandeira, e da dispoñibilidade da empresa.

3.3.Coordinar e controlar os recursos materiais e humanos en función dos obxectivos e actividades establecidos no plan de produción gandeira.* Elabórase o programa de aprovisionamento tendo en conta as existencias e necesidades, as posibilidades de servir aos provedores e a redución de custos por cantidade e oportunidade de compras.

* Contrólase que a provisión de materias e produtos sexa a requirida para as actividades que se van desenvolver, segundo o plan establecido.

* Establécese unha ficha-control para coordinar os medios humanos e materiais en función do planificado e que facilite a información dos traballos realizados.
* Establécese a distribución de traballos e as directrices de funcionamento, tendo en conta as actividades programadas.
* Identifícanse e valóranse os problemas presentados canto a traballos realizados, persoal e medios de produción.
* Establécense as prioridades de utilización da maquinaria, equipos e instalacións en función dos obxectivos prefixados.
* Compróbase que as máquinas e equipos queden en perfectas condicións de uso, así como a súa localización nos lugares establecidos para cada un deles.
* Organízase e coordínase a actuación do persoal para realizar as actividades requiridas polo plan de produción.
* Verifícase que todos os traballos realizados se levan a cabo cumprindo as normas de seguridade e, en caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para o corrixir.

3.4.Establecer o plan de recollida, transporte e almacenaxe dos produtos, avaliando e controlando os medios de transporte que se van utilizar.* Determínase o momento idóneo da obtención dos produtos en función das características e a demanda do mercado.

* Establécese o plan de colleita, transporte e almacenaxe, en función dos medios dispoñibles da empresa.

* Determínanse as condicións e sistema de venda directa ou ben de almacenaxe, tendo en conta os prezos e demanda do mercado, exixencias de conservación dos produtos e dispoñibilidade da almacenaxe.
* Supervísase que os almacéns, vehículos e equipos reciban os labores de limpeza, desinfección e mantemento establecidos, e que funcionen correctamente.
* Establécense as condicións de conservación dos produtos perecedoiros e o sistema de control de calidade hixiénica e de caducidade para evitar perdas e riscos no consumo.
* Organízase o transporte dos produtos ben ao almacén ou ao ben cliente, e fíxanse as condicións, útiles e vehículos apropiados, así como as condicións de circulación e itinerarios, respectando as condicións de seguridade e reducindo os custos.
* Avalíanse as distintas alternativas de transporte (propio e alleo), tendo en conta as características dos produtos, o destino, o traxecto, o tempo, os custos e a normativa, e decídese a utilización do máis idóneo tecnicamente e economicamente.
* Verifícase que as condicións de almacenaxe e conservación dos produtos se axusten ás normas establecidas, e que a súa calidade non se altere.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Tractores agrícolas. Máquinas e equipos para a carga, descarga e transporte de produtos, para a limpeza e desinfección. Planos da explotación. Utensilios para identificar e marcar o gando: ferros, marcas con lume,

marcas con nitróxeno líquido, crotais (metálicos e de plástico), chips electrónicos e pinturas. Cercas permanentes e móbiles, mangadas, plataformas de carga, remolques e vehículos de transporte, equipos de pesada (básculas manuais, automáticas e electrónicas), e cepos de inmobilización. Pías, comedeiras de concentrados (simples e automáticas), bebedeiros e anciños. Planificación e fichas de cubricións anual, arneses marcadores, poldros de cubrición, neveiras e bombonas de transporte, catéteres e vaíñas de catéteres, pallas, termómetros, instrumental de manexo e aplicación de seme. Insecticidas, parasiticidas, desinfectantes, equipos de desinfección e de desinsectación (manuais, automáticos e de presión), duchas e baños antiparasitarios. Vacinas (liofilizadas e en suspensión), fármacos, cánulas, vendas, gasas, material de aplicación de fármacos e produtos sanitarios: xiringas (manuais, automáticas e refugables), pistolas dosificadoras, trocares, sondas nasoesofáxicas e equipos de

goteo. Partes de envío de mostras, equipos de necropsia (coitelos, pinzas, tesoiras), recipientes para recollida de mostras (bolsas de plástico, botes de cristal), neveiras, vacutaines portátiles, esterilizadores de calor e de luz ultravioleta (UV), lámpadas de calor e calefactores. Muxidoras e tanques de refrixeración do leite. Tosquiadoras (manuais e mecánicas), emasculadores, escornadores, cauterizadores, aneis de goma e tenaces de aplicación. Animais de diferentes idades, sexo e peso. Almacéns de pensos. Aloxamentos do gando. Pensos e forraxes.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Animais para vida, reprodución e sacrificio, e reprodutores seleccionados. Animais desbotados por vellos para a súa comercialización. Obtención de leite, la e produtos en perfecto estado sanitario para acadar a maior produción posible deses produtos co menor custo económico. Ovos, leite, la e carne.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas e procedementos de alimentación e con uso do pastoreo. Técnicas de selección e reprodución en animais en produción extensiva e intensiva. Técnicas, métodos e procedementos de muxidura. Técnicas, métodos e procedementos de rapa. Procedementos de marcaxe de animais. Técnicas de tomas de mostras biolóxicas. Métodos de tratamentos sanitarios. Operacións de manexo do gando. Procedementos de cría.

-Información utilizada e/ou xerada.

Coñecementos xerais de xenética e reprodución animal. Técnicas de manexo de animais. Pensos e materias primas para a súa fabricación e alimentación animal. Coñecementos básicos sobre anatomía e fisioloxía animal e sanidade terapéutica animal. Requisitos técnicos, legais e administrativos que deben cumprir as instalacións gandeiras e a maquinaria necesaria para unha produción apropiada e de calidade. Impacto ambiental das instalacións gandeiras. Normativa técnico-sanitaria referente á utilización dos produtos de engorde do gando e a limitación no seu uso. Lexislación e normativa sobre as axudas da Unión Europea (UE) á gandaría. Fichas de produción. Cartilla gandeira. Libros de rexistro de explotación.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Xefes de explotación. Titulares de explotacións agropecuarias a título principal (ATP) ou non. Comunidades de bens. Cooperativas de cultivo e produción gandeira. Sociedades agrarias de transformación (SAT). Agrupacións de comercialización. «Mercos». Conserveiras. Empresas de servizos gandeiros: fabricación de pensos, de almacenaxe de produtos de sanidade animal, de recolección e envase de ovos, de comercialización de produtos gandeiros. Autónomos de explotacións gandeiras.

2.5.4. Unidade de competencia 4: organizar e controlar o mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, da maquinaria e dos equipos dunha empresa agraria.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Controlar e verificar o correcto funcionamento das instalacións, a maquinaria, os equipos e os útiles, así como a utilización correcta dos medios de explotación.* Prográmase o plan de limpeza das instalacións, equipos e áreas, establécense os procedementos que se deben aplicar e compróbase que estean dispostos para o seu funcionamento.

* Verifícase a correcta funcionalidade e, se é o caso, o cumprimento dos criterios de homologación establecidos da maquinaria, equipos e instalacións, e realízase un control final.

* Establécense os procedementos que se deben aplicar para o control periódico da maquinaria, equipos e instalacións.
* Establécense criterios obxectivos para a correcta utilización dos tractores, maquinaria e equipos.
* Verifícase que todas as operacións se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene persoal no traballo e, en caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para corrixir a situación.
* Verifícase que a maquinaria está adaptada ao establecido no Código da circulación e na normativa complementaria, cando ten que circular polas vías públicas.
* Establécese un calendario de utilización da maquinaria de acordo co programa de produción establecido.

4.2.Controlar e avaliar avarías, reparacións e postas a punto do equipamento da explotación, e determinar o seu alcance e os custos das intervencións correspondentes.* Ordénase, actualízase e analízase a documentación técnica e a procedente doutras fontes dispoñibles, para determinar o alcance das avarías ou fallos e elaborar un plan de actuación.

* Emítese o informe técnico do diagnóstico realizado, coa información necesaria para identificar as avarías e as operacións que hai que realizar, para o correcto funcionamento das instalacións, maquinaria e equipos, e para avaliar o custo da intervención.

* Verifícase que os elementos e pezas as avariadas se substitúan seguindo procedementos de traballo e medidas de seguridade correctas.
* Realízanse as reparacións nas instalacións tendo en conta o tipo de material utilizado.
* Compróbase que durante o traballo se utilicen a roupa e o calzado adecuados.
* Durante as operacións de manipulación das máquinas, instalacións, equipos e ferramentas obsérvanse correctamente as medidas preventivas (protección das partes perigosas) que fan un traballo seguro.
* Contrólase e supervísase que as reparacións e postas a punto se efectúen en tempo e forma segundo o calendario establecido, e rexístranse os gastos correspondentes.

4.3.Programar o mantemento diario e estacional das instalacións, máquinas e tractores segundo o plan de produción, e controlar a seguridade no traballo.* Establécense os programas de mantemento de primeiro nivel e contrólase a execución dos traballos neles indicados.

* Verifícase que as operacións de mantemento (diario e estacional) se leven a cabo de acordo co programa establecido nos manuais de operación e de taller, e no tempo e forma correctos.

* Elabórase o programa de mantemento de primeiro nivel a curto e medio prazo de engraxes, limpezas, cambio de aceites e filtros, tendo en conta métodos e tempos de traballo e de ordenación das súas fases.
* Actualízanse e ordénanse as fichas de traballo, segundo o programa de mantemento elaborado.
* Compróbase que se revisen os equipos portátiles de extinción de incendios, que se asegure a correcta disposición para o seu uso inmediato e que se sinalicen correctamente.

RealizaciónsCriterios de realización

* Verifícase que a revisión de tractores, maquinaria, equipos e instalacións se efectúe coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento e que se realicen as operacións de cambio e reposición de líquidos, de engraxe, de substitución e limpeza de filtros e pezas, e de lastrado de rodas.
* Establécese e contrólase un parte diario de traballo dos tractores e máquinas que indique tempos de funcionamento, consumos e interrupcións producidas e as súas causas.
* Organízase o plan de mantemento de instalacións, maquinaria e equipo, cumprindo as obrigas administrativas e o marcado polos manuais correspondentes e tratando de aproveitar convenientemente custos e tempos.

4.4.Supervisar as operacións de preparación e mantemento das instalacións, maquinaria e equipos, e dar resposta ás continxencias que se presenten.* Establécense os programas de mantemento de primeiro nivel e contrólase a execución dos traballos indicados.

* Verifícase que as operacións de mantemento (diario e estacional) se leven a cabo de acordo co programa establecido nos manuais de operación e de taller, en tempo e forma correctos.

* Supervísase que os cambios e o estado operativo de ferramentas, útiles e equipos se correspondan cos indicados no manual de mantemento e nas instrucións de traballo.
* Compróbase que se revisen os equipos portátiles de extinción de incendios, que se asegure a correcta disposición para o seu uso inmediato e que se sinalicen correctamente.
* Coordínase a resposta ante situacións de emerxencia valorando a gravidade, parando os traballos, comunicando a continxencia e aplicando o plan correspondente.
* Organízanse e contrólanse as operacións de evolución e ensaios de máquinas e equipos.
* Verifícase que a revisión de tractores, maquinaria, equipos e instalacións se efectúe coa periodicidade indicada nos manuais de mantemento, e que se realicen as operacións de cambio e reposición de líquidos, de engraxe, de substitución e limpeza de filtros e pezas e de lastrado de rodas.
* Establécense e fanse cumprir as medidas de protección e seguridade que se deben adoptar en cada caso, no referente aos medios e ás persoas.

4.5.Planificar, organizar e xestionar a instalación e mantemento dun taller agrario, tendo en conta os medios dispoñibles e as operacións que se van realizar.* Subminístranse os materiais do taller na cantidade precisa e coa calidade adecuada para realizar as operacións de reparación.

* Ordénase o taller para que os seus equipos e ferramentas estean en condicións de ser utilizados inmediatamente.

* Realízanse as operacións de subministracións e gastos de materiais, axustándose aos cálculos previamente elaborados.
* Verifícase a almacenaxe de materiais, ferramentas e recambios, e avalíanse as necesidades de aprovisionamento a curto e a medio prazo.
* Compróbase que as condicións de almacenaxe e conservación de materiais útiles e ferramentas sexan as idóneas.
* Rexístrase e actualízase a información técnica de subministracións e provedores.
* Compróbase que o material recibido se corresponda co solicitado, e que o seu estado e funcionamento sexan os correctos.
* Verifícase que todas as actuacións realizadas se levaran a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene e, en caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para corrixir a situación.

4.6.Elaborar o plan de adquisicións para substituír a maquinaria, equipos e útiles que chegan ao final da súa vida útil (amortizados), e para cubrir novas necesidades da empresa.* Establécese un rexistro periódico dos tempos de operación da maquinaria, incluíndo os materiais consumidos (gasóleo, aceite, etc.) e as avarías producidas.

* Realízase unha comparación anual entre os custos de produción reais obtidos ao longo do ano coas ofertas de servizo aos prezos de mercado.

* Prográmase a adquisición e substitución de equipos cando se aprecien diferenzas significativas entre os custos obtidos e os potencialmente razoados, ou cando polos fallos ou aumentos das avarías se deixe de cumprir sistematicamente o programa de traballo establecido.
* Analízase a documentación técnica e económica dispoñible sobre as máquinas e equipos no mercado, para determinar o plan de substitución de compra dos que están amortizados e obsoletos e non son rendibles.
* Realízase un informe técnico-económico coa información necesaria para establecer o plan de adquisicións, onde se indiquen as características técnicas, rendibilidade do investimento, financiamento e custo da operación.

RealizaciónsCriterios de realización

4.7.Organizar e supervisar os transportes e distribución da maquinaria, equipos e instalacións para o carrexo dos produtos e labores que se van realizar.* Organízase o transporte da maquinaria polas rutas sinaladas e seguindo as normas do código de circulación e complementarias.

* Elabórase un programa de transportes de equipos e de medios, tendo en conta:-A distancia e frecuencia dos transportes.

-As características de peso e dimensións da maquinaria e volume da colleita.
-As limitacións impostas polos regulamentos de circulación.
-A seguridade para persoas, máquinas e produtos.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Tractores agrícolas e forestais e «bulldozer». Arados. Máquinas autopropulsadas e accionadas para o traballo do solo, a implantación dos cultivos, a distribución do fertilizante mineral e orgánico, a rega, a aplicación dos produtos fitosanitarios para a colleita de forraxes (feo, silo e palla), de grans e sementes, de tubérculos e raíces, de cultivos industriais, e de froitas e hortalizas, así como para a carga, a descarga e o transporte de colleitas e materias primas, a limpeza, clasificación e secado das colleitas e para a gandaría (alimentación e extracción e conservación de produtos gandeiros). Sementadoras, plantadoras, fertilizadoras, furadoras e colleitadoras. Equipos e instalacións de rega. Limpadoras de froitos e sementes. Seleccionadoras. Máquinas para transporte, carga e descarga. Maquinaria e equipos forestais: bentocargador, «skidder», equipos de cables e teleféricos, descortizadoras mecánicas, motoserras, motorrozadoras, equipos de carga e transporte de madeira e

procesadores mecánicos de madeira. Apeiros e implementos. Recambios. Equipos e instrumentos de taller para mantemento e reparacións de tractores e máquinas, tales como bancos de traballo, depósitos de elevación e desprazamento, xogos de ferramentas, extractores, equipos de soldadura, fragua, trade, gatos hidráulicos, equipos de engraxe, compresor e depósito para a almacenaxe de combustibles e lubricantes. Máquinas, equipos e instalacións gandeiras.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Maquinaria en estado óptimo de utilización como consecuencia dun mantemento periódico axeitado. Redución de problemas mecánicos e de incidencias por avarías ao aplicar medidas preventivas e de reposición de elementos e órganos no momento oportuno. Labores agrícolas e forestais realizados de conformidade coas necesidades do cultivo e de acordo co que se consideran boas prácticas agrícolas. Operacións de manexo gandeiro realizadas en función das necesidades dos animais. Estudos de viabilidade da maquinaria agraria. Estudos de custos e beneficios.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procedementos para o traballo con tractores agrícolas e forestais e máquinas autopropulsadas ou con motor térmico. Procedementos para o uso de maquinaria de traballo do solo. Procedementos de traballo para os equipos de distribución de fertilizantes e emendas, de sementeira, plantación e transplante, de rega, de aplicación de fitosanitarios e praguicidas, de colleita e de transporte. Métodos de uso e man

temento para as máquinas, equipos e instalacións fixas. Métodos de uso e mantemento dos equipos de muxida e refrixeración do leite. Métodos para calibrar, axustar e manexar as máquinas de acordo co estado da parcela (solo e cultivo) ou as necesidades do gando, para conseguir un traballo en conformidade co que se consideran boas prácticas agrícolas e gandeiras. Procesos de avaliación de custos horarios das diferentes actividades. Métodos de regulación, manexo e conservación da maquinaria. Inspección técnica de vehículos (ITV).

-Información utilizada e/ou xerada.

Manuais de servizo e de taller de tractores, máquinas e equipos, e información técnica sobre prestacións e capacidades de traballo, sobre as posibilidades e limitacións das máquinas que se van utilizar, os procesos de mantemento de tractores e máquinas agrícolas, forestais e instalacións gandeiras. Normativa de seguridade e hixiene no traballo. Código da circulación e normativa complementaria. Estudos de cultivos. Axudas económicas aos cultivos das administracións públicas. Valoracións de obras agropecuarias.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Xefe de explotación e titulares de empresas agrarias. Empresarios e encargados das empresas para as que realiza os servizos. Provedores de equipos e elementos funxibles necesarios para o funcionamento da explotación agraria. Comunidades de bens. Sociedades agrarias de transformación (SAT). Cooperativas de explotacións en común, de traballo asociado, de comercialización e de servizos. Mercos. Casas comerciais de sementes, fertilizantes e maquinaria. Parques de maquinaria.

2.5.5. Unidade de competencia 5: planificar e controlar as medidas de protección sanitaria, verificando o cumprimento das normas de seguridade e hixiene.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Elaborar os protocolos para realizar o inventario e control dos ciclos biolóxicos das pragas, enfermidades e das especies útiles.* Represéntanse os planos das distintas parcelas e os seus cultivos, así como os distintos puntos de control.

* Establécense as sinalizacións adecuadas para situar os puntos de control nos distintos cultivos.

* Establécese o sistema para realizar os recontos ou as contaxes de limiares de pragas e fauna útil nos puntos de control, así como para a inspección de detección de síntomas de enfermidades.
* Verifícase que as contaxes e tomas de mostras se realicen no momento e forma adecuados, seguindo o ciclo biolóxico de cada praga ou enfermidade.
* Organízase e actualízase a información técnica necesaria para clasificar a fauna útil autóctona e a procedente de biofábricas, así como a de sintomatoloxía de pragas e enfermidades dos cultivos e o gando.
* Supervísase e/ou realízase o inventario de poboacións de especies potencialmente perigosas e/ou beneficiosas para os cultivos.
* Establécese un seguimento de incidencias no gando.

5.2.Establecer as medidas de detección de pragas, doenzas ou danos que afecten aos cultivos ou ao gando, e valorar o seu alcance e magnitude.* Verifícase que os itinerarios de vixilancia e a captura de adultos se realicen no tempo e forma adecuados.

* Determínanse as fichas ou esbozos de campo que se deben utilizar para os diferentes cultivos, segundo o programa establecido previamente.

* Compróbase que a contaxe das pragas «in situ» se realice seguindo os datos das fichas de campo, e avalíase o nivel de ataque no cultivo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Concrétanse e establécense os procedementos para a toma de mostras que permitan asegurar o seu envío ao laboratorio en condicións adecuadas.
* Valóranse os resultados dos controis e determínanse os danos efectuados nos cultivos e os sistemas que se deben aplicar de acordo co plan establecido.
* Supervísase que os procedementos de control e detección de pragas e enfermidades se apliquen conforme o plan establecido.
* Procésase a información obtida para elaborar informes e propostas de mellora das medidas e sistemas de control e detección de pragas e enfermidades.

5.3.Establecer o programa de loita integrada e tratamento contra as pragas e enfermidades dos cultivos e gando, onde se fixen os tipos de produtos sanitarios adecuados, as súas doses e os métodos de aplicación.* Verifícase que a solta da fauna útil se efectúe no momento oportuno e na cantidade adecuada para cada cultivo.

* Establécese un calendario de tratamentos en función do ano agrícola e dos cultivos que se van tratar.

* Actualízase a información técnica relacionada cos produtos sanitarios e as súas técnicas de aplicación que se rexistran oficialmente para mellorar os procedementos de tratamento.

* Efectúase un control sistemático das condicións ambientais, e interrómpense as aplicacións cando se superen os valores que garanten unha aplicación eficaz.
* Defínense as necesidades de produtos e os equipos de aplicación en función do plan de tratamentos establecido, e efectúase o abastecemento de produtos que necesitan as máquinas durante a xornada, de maneira que non haxa interrupcións durante os tratamentos.
* Verifícase que os equipos e maquinaria de aplicación se seleccionen, regulen e manexen de maneira que se consigan os resultados esperados do seu traballo.
* Verifícase que as instalacións, operacións de manexo e coidados sexan os adecuados para evitar a propagación de infeccións.

5.4.Supervisar as operacións de manipulación e tratamento dos produtos sanitarios, e verifícase que se cumpra a correcta aplicación das normas de seguridade e hixiene.* Establécense e fanse cumprir as medidas de protección e de seguridade que se deben adoptar en cada operación, no referente á manipulación de produtos, aos equipos, aos medios e ás persoas.

* Verifícase que os dispositivos de seguridade nas máquinas e equipos de tratamento funcionan e se utilicen correctamente durante o tratamento.

* Compróbase que se utilizan correctamente os equipos de protección persoal requiridos para cada tipo de tratamento e produto.
* Supervísase e contrólase que a manipulación de produtos sanitarios se leve a cabo tomando as medidas de protección prescritas para cada tipo de produto.
* Lévase un control dos produtos sanitarios dispoñibles e compróbase que estean almacenados de acordo co establecido na regulamentación fitosanitaria.
* Establécense as medidas para que en caso de accidentes se apliquen as técnicas sanitarias básicas e os primeiros auxilios con rapidez.
* Respéctanse os prazos de seguridade establecidos, antes do seu aproveitamento, para cada tipo de produto fitosanitario, segundo o establecido na regulamentación vixente.
* Lévase un control das vacinas que se deben realizar no gando seguindo o plan previamente establecido.
* Verifícase que todas as operacións se leven a cabo cumprindo as normas de seguridade e hixiene persoal e no traballo e, en caso de incumprimento, danse as instrucións necesarias para corrixir a situación.

5.5.Proporcionar e impartir información e coñecementos de manipulación e tratamentos con produtos sanitarios a outras persoas e asociacións de produtores.* Prográmanse e lévanse a cabo distintas charlas informativas sobre os problemas fitosanitarios dos diferentes cultivos, en que se especifiquen as posibles solucións en cada caso.

* Explícanse os diferentes tipos de produtos para os tratamentos sanitarios e as normas de aplicación e precaución na súa manipulación, tendo en conta a normativa vixente.

* Dáselles información ás persoas que realizan os tratamentos, sobre a regulamentación de utilización de produtos fitosanitarios.
* As persoas informadas son capaces de realizar os tratamentos de forma adecuada e sen perigo para a súa saúde.
* Explícanse as causas que motivan os accidentes e as formas de como se poden evitar.
* Explícanse as medidas básicas e as técnicas de primeiros auxilios en caso de accidente ou intoxicación.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Equipos de detección de pragas e enfermidades: lupas, trampas e cebos. Equipos para a aplicación de produtos fitosanitarios: pulverizadores hidráulicos, hidropneumáticos (atomizadores), pneumáticos (nebulizadores), centrífugos, termopneumáticos e espalladores de po. Equipos de control da aplicación de produtos fitosanitarios. Medios de accionamento e tracción: tractores, motocultores, e motores térmicos e eléctricos. Material para control e calibraxe de equipos. Equipos de limpeza. Produtos sanitarios e contedores para a súa almacenaxe e transporte. Praguicidas de uso ambiental e alimentario. Equipos de protección persoal.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Control e tratamento de enfermidades e pragas dos cultivos e gando, condicións ambientais e das instalacións alimentarias, de maneira que se asegure a produción sen risco para o ambiente.

-Procesos, métodos e procedementos.

Técnicas para o control das pragas e enfermidades dos cultivos e o gando, incluídos os principios de loita integrada, produtos sanitarios, equipos de aplicación e praguicidas de uso ambiental e alimentario. Métodos para calibrar, axustar e manexar equipos de aplicación e tratamento de maneira apropiada ás características das pragas e enfermidades que se combaten, sen que se deriven riscos para as persoas, o ambiente ou as máquinas utilizadas. Métodos de mantemento das máquinas e equipos. Procedementos de manipulación, conservación e aplicación de produtos sanitarios. Métodos de loita biolóxica.

-Información utilizada e/ou xerada.

Normativa de seguridade no traballo e técnico-sanitaria sobre fabricación, comercialización e utilización de praguicidas e produtos fitosanitarios, as súas limitacións de emprego, prazos de seguridade e niveis tolerables de residuos. Fichas de campo e incidencias. Loita biolóxica. Mapas meteorolóxicos para épocas oportunas de tratamentos. Manual de produtos fitosanitarios coa súa materia activa e toxicidade. Regulamentación técnico-sanitaria para a fabricación, comercialización e utilización de praguicidas (Real decreto 3349/1983, do 30 de novembro). Sistema harmonizado comunitario de autorización para comercializar e utilizar produtos fitosanitarios (Real decreto 2163/1994, do 4 de novembro. Transposición da Directiva 91/4/14/CEE). Orde da Presidencia do 8 de marzo de 1994, pola que se establece a normativa reguladora de cursos de homologación para realizar tratamentos con praguicidas.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Xefes de tratamentos, empresarios agrarios e encargados de explotación. Persoal auxiliar de aplicación. Provedores de equipos de produtos fitosanitarios e material necesario nas aplicacións e no seu control. Manipuladores e aplicadores de produtos fitosanitarios e de praguicidas para uso ambiental e alimentario. Empresas de tratamentos.

2.5.6. Unidade de competencia 6: programar e organizar os procesos de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

RealizaciónsCriterios de realización

6.1.Recompilar e procesar a información necesaria para a elaboración dun proxecto de viveiro, utilizando os medios axeitados.* Realízase un estudo de mercado en que se indiquen as súas necesidades e tendencias.

* Analízanse as características rexionais e comarcais referentes á poboación, nivel de renda e estado ocupacional.

* Determínanse as características que debe reunir a parcela canto á localización e orientación, dimensións, accesos, dispoñibilidade de auga e luz, e características topográficas e edafolóxicas do solo.
* Procédese á elección e número das especies e variedades que se van cultivar tendo en conta os datos obtidos anteriormente, así como as condicións ambientais.
* Establécense as zonas do viveiro en función das súas necesidades, e determínanse as infraestruturas necesarias para a produción e comercialización dos cultivos.
* Prevense os materiais e medios necesarios para a implantación dos cultivos.
* Elabórase o orzamento seguindo o desenvolvemento do proxecto.

6.2.Organizar e supervisar os labores ou operacións de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiros e invernadoiros.* Establécese o programa de produción de plantas en función dos medios dispoñibles e obxectivos establecidos.

* Organízase e contrólase a colleita, manipulación e almacenaxe de sementes, ou a súa adquisición e compra, segundo normas establecidas.

* Contrólase que os traballos de preparación e corrección do solo, a súa desinfección e fertilización se realicen segundo o planificado.
* Supervísase que a utilización e manexo da maquinaria, equipos, apeiros e ferramentas para a reprodución vexetal e para a preparación, desinfección e fertilización do solo sexan os adecuados para cada tipo de labor.
* Establécense as técnicas e métodos de reprodución e propagación vexetal adecuados e específicos para cada especie.
* Organízanse e contrólanse segundo o plan establecido os labores culturais e os de instalación e protección dos cultivos (regas, poda, enxerto, tratamentos, etc.).
* Establécense e organízanse as técnicas e métodos de instalación e mantemento de invernadoiros, túneles e acolchados, contemplando as instrucións do fabricante e o planificado para cada operación.
* Verifícase o cumprimento e aplicación da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo e ambiente.

6.3.Organizar e supervisar as operacións de aprovisionamento de material vexetal e outros medios utilizados na propagación das plantas, aplicando as técnicas de cultivo específicas.* Organízase o proceso para a provisión de sementes en cantidade e calidade suficiente.

* Establécese o procedemento para a obtención do material vexetal utilizado en enxerto por estacas e enxerto por gallos.

* Planifícanse as operacións para a recolección e conservación do material utilizado na realización de enxertos.

* Organízase o proceso seguido na extracción de meristemas para a multiplicación de cultivo in vitro.
* Aplícanse as técnicas de sementeira adecuadas a cada especie, utilizando os medios adecuados.
* Establécense os procedementos para a realización do cultivo tradicional en terra libre, en contedor e in vitro.
* Organízanse os procesos para a multiplicación de plantas por enxerto, gallo e estaca en cada especie vexetal.
* Selecciónanse e prepáranse os materiais e medios adecuados para as diferentes técnicas de cultivo.

6.4.Planificar e organizar os traballos propios para o desenvolvemento dos cultivos dun viveiro.* Supervísase que as condicións de luz, temperatura e humidade dos cultivos forzados sexan as establecidas para cada especie.

* Réganse os cultivos tendo en conta o estado do terreo, a época, frecuencia, a súa duración e as necesidades específicas.

* Organízase e contrólase que o sistema de fertilización se realice conforme as necesidades de cada especie, coas dosificacións e frecuencias establecidas.
* Determínanse as operacións de repicado e transplante específicas, así como as podas, pinzamentos, entitorados e espaciamentos propios do cultivo que se vaia desenvolver.

RealizaciónsCriterios de realización

* Compróbase periodicamente o estado sanitario das plantas e do medio, para aplicar, se é o caso, as medidas sanitarias previstas.
* Establécese o plan para o mantemento e conservación das instalacións en perfecto estado de uso.

6.5.Planificar os traballos de arrancado, clasificación, aviveirado, manipulado e comercialización da planta, aplicando as técnicas e os procedementos axeitados.* Establécense e organízanse as técnicas e métodos de selección de plantas para a súa posterior comercialización.

* Determínanse as técnicas para o arranque de planta cultivada en terra libre.

* Supervísase que o manexo e utilización da maquinaria, equipos e apeiros para arranque e transporte da planta sexan os adecuados para cada operación.

* Establécense os procedementos para a clasificación, etiquetaxe e «aviveirado» da planta.
* Organízase e contrólase o proceso de preparación e venda da planta para comercializar con terrón ou en contedor.
* Verifícase o cumprimento e aplicación da lexislación vixente en materia de seguridade e hixiene no traballo.

Dominio profesional

-Medios de produción.

Maquinaria, apeiros e ferramentas propios do traballo en viveiros: tractores, motocultores, plantadoras e sementadoras, arrincadoras, aporcadoras e grades, motoaixadas, navallas de enxertar, tesoiras de poda de diversos tipos, equipos pneumáticos de poda, serróns, esparto, cintas de plástico, mástique, cubreenxertos e rafia. Fertilizadoras. Mesturadoras de substratos. Sementadoras de terrón. Mallas antipulgón e mallas de sombreado. Equipos e mesas de propagación de enraizamento e de sementeira. Macetas e bandexas. Contedores. Drenos e equipos de drenaxe. Equipos e medios para a multiplicación in vitro: vitrinas, máscaras, termóstatos, autoclaves e medidores de pH. Agarizadores. Cabinas de fluxo laminar. Instalacións cubertas para o cultivo: invernadoiros, túneles de aclimatación e endurecemento, e microinvernadoiros de propagación. Acolchados. Materiais de soporte estrutural para invernadoiros. Equipos de rega: sistemas de bombeo e de distribución. Diferentes sistemas de rega:

aspersión, goteo, nebulización ou sucos, inundación ou á manta. Equipos de fertirrigación (normais e informatizados). Protectores e titores: rodrigas, redes e arames. Plásticos, tirantes, cremalleiras, policarbonatos, arames e aperturas cenitais. Equipos de colleita. Equipos de limpeza e clasificación de produtos recollidos. Almacéns. Instalacións de secado e ventilación. Instalacións de frío, medidores de humidade e temperatura.

-Produtos e/ou resultados do traballo.

Sementes. Material vexetativo: gallos, estacas, xemas de enxerto, embrións e portaenxertos. Elementos para composición dos substratos: perlita, vermiculita, cortiza de piñeiro, humus, turba e area de río. Produtos fitosanitarios e fitotóxicos. Produtos hormonais. Fertilizantes sólidos, líquidos e de liberación lenta. Xeles. Plantas de distintas especies destinadas á repoboación, produción de plantas de flor para flor cortada, produción de plantas ornamentais de interior e exterior, produción de plantas para reprodución en invernadoiros e produción de

plantas hortícolas para a agricultura intensiva e extensiva. Colleitas preparadas para a súa conservación e comercialización.

-Procesos, métodos e procedementos.

Procesos de reprodución e propagación dependendo das especies que se cultiven e as súas características. Métodos de cultivo, de rega, fertilización e control da temperatura. Procedementos de cultivo adecuados á especie que se vaia propagar. Métodos de tratamentos das especies obxecto de cultivo. Procedementos de coidado e mantemento dos cultivos. Técnicas e métodos de produción de plantas.

-Información utilizada e/ou xerada.

Métodos de cultivo das especies para reproducir. Tratamento das sementes: colleita, extracción e manipulación. Reprodución vexetativa. Tipos de solos, substratos e fertilizantes. Detección de enfermidades e pragas. Tratamentos adecuados. Prazos de seguridade. Malherboloxía aplicada aos cultivos. Analítica foliar, de solos e de augas de rega. Sistemas de rega. Fisioloxía das plantas que se vaian cultivar. Variedades. Sementes (tipos). Pés e material vexetativo. Catálogos e relación de asociacións de produtores, nacionais e internacionais.

-Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Cultivadores e agricultores. Autónomos. Cooperativas de produción e sociedades agrarias de transformación (SAT). Comunidades de bens. Empresas de cultivos intensivos e extensivos de flor cortada, de repoboación forestal e de floraría. Centros de xardinaría. Viveiros forestais e ornamentais. Empresas públicas e privadas de xardinaría. Empresas de horticultura e fruticultura.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

Indícanse deseguido uns cambios previsibles no sector que en maior ou menor medida poden influír na competencia deste técnico.

A rapidez na evolución previsible dos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos está fortemente condicionada polas decisións que se tomen nos diferentes países en política agraria, derivadas do grao de posta en práctica do Acordo Xeral de Aranceis e Comercio (GATT) e da política agrícola comunitaria da Unión Europea (UE).

Os cambios organizativos nas producións agrícolas e gandeiras van provocar que necesariamente os profesionais deste sector estean en posesión duns coñecementos diferentes aos actuais, polo que deberán ter a capacidade de poder asimilar as novas técnicas de produción e comercialización que se producirán en ciclos económicos extremadamente curtos.

En calquera caso pódese considerar que:

* O incremento do coñecemento científico permitirá mellorar as técnicas de produción agrícola e gandeira, de maneira que asegure un nivel sufi

ciente na produción de alimentos e materias primas para unha poboación en crecemento, cun mínimo impacto ambiental.

* Para algúns campos específicos, a enxeñaría xenética aplicada ás plantas cultivadas pode proporcionar variedades resistentes a determinados tipos de pragas e enfermidades, así como outras preparadas para resistir o efecto de produtos herbicidas sistémicos de acción total.

* A mellora xenética que se desenvolve nas diferentes especies animais provocará estas características novas que xerarán cambios nas técnicas de cría e de manexo, así como na obtención de novos produtos, o que ha obrigar á adopción de técnicas produtivas distintas e á súa aprendizaxe.

* O coñecemento de novas técnicas de manexo encamiñadas fundamentalmente á extensión da produción e á preservación do medio natural ha provocar inevitablemente a redución da poboación activa neste subsector, o que vai requirir unha maior capacitación para as persoas que se manteñan na actividade.

* Os controis sanitarios e de calidade exixibles aos produtos de orixe agrícola e animal comportan a aplicación dunhas técnicas e uns procedementos particulares, así como dunha gran especialización nos procesos produtivos das explotacións gandeiras, polo que os gandeiros deberán estar capacitados para solicitar o asesoramento necesario e para a súa aplicación posterior.

* Produciranse grandes modificacións nas técnicas de preparación de solos, implantación dos cultivos e xestión dos recursos hídricos, de maneira que se reduzan as intervencións e se eviten os fenómenos erosivos, dando paso, en numerosas explotacións, a algún tipo de laboreo de conservación.

* Coas melloras nas técnicas de fertilización e rega poderanse reducir as necesidades de fertilizantes minerais, á vez que utilizar a produción agrícola para lles dar saída ecocompatible a residuos orgánicos de orixe animal ou de depuración de augas residuais de núcleos de poboación, co conseguinte beneficio para o ambiente.

* A racionalización do emprego da maquinaria axudará a reducir os custos de produción á vez que mellorará a calidade de vida das persoas ocupadas na produción agraria. Pola gran importancia que teñen os custos de produción inducidos pola mecanización na empresa agraria, terase que recorrer, en certos equipos, a algunhas formas de utilización común ou ao concurso da empresa de servizos, que poderá ofrecer labores a baixo custo mediante a intensificación do emprego da maquinaria, desprazándose entre as distintas rexións climáticas.

* O aumento das exixencias ambientais e en saúde pública levará a un forte control dos produtos fitosanitarios e zoosanitarios e das técnicas de aplicación, o que vai exixir en moitos casos a intervención de persoal e de empresas especializadas

en determinados tipos de aplicacións. En calquera caso, terase que realizar un control integrado das pragas que reduza as intervencións con agroquímicos de forte impacto ambiental ou perigosos para as persoas, o gando e a fauna.

* En relación coa comercialización dos produtos, tenderase a unha coordinación en grupos, sobre a base, en moitos casos, da formación de interprofesionais que autolimiten os niveis de produción e asignen os prezos e calidades de intercambio.

* As limitacións de orde ambiental, específicas para determinadas zonas xeográficas, poden establecer controis produtivos adicionais, o que leva a manter as explotacións agrarias que utilicen técnicas tradicionais ou conservacionistas, financiadas sobre a base do turismo rural ou da protección do ambiente.

* O equilibrio entre produción e consumo, imprescindible para proporcionar rendas que fagan viables os distintos tipos de explotacións sen que se produzan excedentes, obrigará nos próximos anos a dedicar unha parte dos campos de cultivo á produción non alimentaria e, de maneira especial, aos cultivos capaces de proporcionar enerxía limpa a custos competitivos (biocombustibles, biomasa vexetal para produción de electricidade, etc.), que en certo modo han compensar as emisións atmosféricas de CO2, ao se reducir o consumo de combustibles de orixe fósil.

* O previsible aumento da demanda de produtos de calidade obrigará a establecer sistemas cada vez máis controlados que garantan esa calidade en todas as fases da produción e da comercialización. Todas as actuacións encamiñadas a iso, como a utilización de sementes e produtos de garantía, a selección do gando, a pertenza a denominacións de orixe que controlen a súa calidade e asociacións de produtores, terán unha grande incidencia nos próximos anos.

* A crecente preocupación social pola protección do medio natural e a incorporación á Unión Europea (UE) propiciaron o desenvolvemento dunha extensa normativa a través de directivas de obrigado cumprimento que afectan ao sector agrario. A utilización de tecnoloxías limpas, o aforro enerxético e de auga, a limitación no emprego de produtos contaminantes, a xestión dos residuos sólidos, o control de verteduras líquidas e gasosas, son algúns dos principais aspectos que terá que asumir rapidamente o sector agrario.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Co rexuvenecemento da poboación agraria producido por xubilación ou por cesamento da actividade de grande número de explotacións, a actividade profesional aumentará o nivel de tecnificación, polo que se incorporaran diferentes tipos de profesionais que han proporcionar servizos de todo tipo, entre os que se poden incluír tanto os correspondentes á execución de técnicas de cultivo, técnicas de reprodución animal, aplicación de produtos fitosanitarios e zoosanitarios, colleita e conservación das colleitas

e comercialización, como os relativos a xestión e manexo integrado de explotacións asistidas con programas informáticos, contabilidade e servizos económicos e fiscais, e sistemas de manexo da información.

Este tipo de actividade profesional especializada coexistirá coa do xefe de explotación, que ha tomar unha función máis económica e de xestión, abandonando en parte outras funcións de acción directa na produción que encargará a outros profesionais.

A incorporación de novas tecnoloxías, os cambios organizativos producidos pola política agraria e as necesidades de produción de calidade, requiren profesionais polivalentes e con capacidade de adaptación rápida ás novas situacións do sector.

A necesaria asunción dos sistemas de protección do medio natural vai implicar a aparición de novas actividades relacionadas coa conservación do medio rural.

A importancia que ten a rendibilización dos investimentos fai que teña que estar ao día nas áreas comerciais e de xestión para analizar con criterios económicos a conveniencia de calquera innovación.

As novidades tecnolóxicas e organizativas han proporcionar os postos de mandos intermedios cara ao desenvolvemento de actividades de organización e xestión, de calidade e de medio ambiente. O nivel medio de capacidade de xestión é na actualidade pouco competitivo; por tanto, será necesario incrementalo e equiparalo nos próximos anos cos niveis existentes noutras empresas do ámbito comunitario.

O uso cada vez máis xeneralizado dos medios informáticos en todas as fases desde a xestión e produción ata a comercialización dos produtos levará este profesional a se converter non só en usuario ocasional, senón en perfecto coñecedor e controlador do manexo informático relacionado coas súas actividades.

2.6.3. Cambios na formación.

A diversidade de procesos que interveñen na produción agraria e a súa complexidade, como consecuencia de estaren integrados sobre fenómenos naturais, obrigará no futuro a un maior grao de especialización do profesional sobre unha formación de base común.

Por iso, é previsible que xunto ao xefe de explotación, especialmente preparado para a xestión integrada da empresa pequena e mediana (familiar), na que pode chegar a actuar como autónomo, á vez que realiza un grande número de operacións produtivas, sexa necesario potenciar profesionais en campos tan diferenciados como a organización e xestión de máquinas e equipos agrícolas, sistemas de rega, instalacións de almacenaxe e conservación de colleitas, instalacións e aloxamentos gandeiros, e tamén noutros de contido sanitario e ambiental, como os de control de pragas e enfermidades dos cultivos ou a sanidade animal, así como en mellora da calidade e presentación dos produtos, de maneira que sexan máis atractivos para a súa venda.

A formación global deste profesional no proceso de produción agraria haberá que completala cunha formación continua e especializada en campos moi diversos, debendo quedar desde a súa formación específica preparado para a procura e o manexo dunha información en continua e rápida evolución.

Na formación profesional inicial deberanse potenciar cada vez con máis intensidade os aspectos de:

* Informática e as súas aplicacións no sector.

* Obtención de produtos de calidade.

* Protección e conservación do medio natural e procedementos para o seu control.

* Xestión técnica dunha empresa.

* Base científico-tecnolóxica dos procesos produtivos.

* Novos procedementos e técnicas de comercialización.

Á súa vez, a formación continua deberá ter unha periodicidade que garanta a actualización dos coñecementos co ritmo de evolución tecnolóxica e organizativa do sector.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Este técnico desenvolverá a súa actividade laboral nas explotacións agrarias que teñan como finalidade a produción, en cultivos extensivos de secaño e/ou regadío, así como na gandaría vinculada á terra (gandaría extensiva) ou gandaría intensiva e no sector de servizos agrícolas, gandeiros e forestais.

As principais áreas en que pode desenvolver a súa actividade son:

* Explotacións agrícolas dedicadas á produción de cultivos en sequeiro e/ou regadío.

* Explotacións agropecuarias.

* Empresas de servizos de mecanización agraria.

* Cooperativas e asociacións de produción agraria.

* Empresas de servizos de protección fitosanitaria.

* Comunidades de regantes e servizos de zonas regables.

* Cooperativas e centros de almacenaxe e comercialización de produtos agrarios.

* Centros de investigación aplicada á agricultura e/ou á gandaría.

En xeral trátase de explotacións de tamaño medio ou grande, onde as súas responsabilidades chegan á realización do control da produción, así como á organización e xestión da explotación.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Exercerá a súa actividade á fronte dunha explotación agraria de mediana dimensión e poderá actuar como encargado responsable de explotacións agropecuarias de tamaño grande, así como dirixir empresas de servizos a terceiros e centros cooperativos.

Pódese integrar en empresas de servizos de mecanización, actuando así mesmo como encargado de taller de mantemento e reparación das máquinas utilizadas en explotacións agrarias.

Pode tamén desenvolver a súa actividade en explotacións de gran dimensión e cooperativas de produción en que as técnicas e coñecementos tecnolóxicos se atopen ligadas a:

* Traballos de campo.

* Control e mantemento da maquinaria e equipos.

* Alimentación, selección e reprodución gandeira.

* Organización e xestión de explotacións.

* Control de pragas e aplicación de fitosanitarios.

* Técnicas de comercialización.

Os coñecementos tecnolóxicos abranguen os diferentes campos da produción agropecuaria extensiva e intensiva e dos servizos con ela relacionados, así como das especies arbóreas e herbáceas que se poidan integrar na agricultura.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

A título de exemplo, e especialmente con fins de orientación profesional, enumérase deseguido un conxunto de ocupacións ou postos de traballo que poderían ser desempeñados adquirindo a competencia profesional definida no perfil do título:

* Xerente de explotación agraria; propietario de explotación agraria; encargado de máquinas e de equipos agrícolas; encargado do control de inseminación artificial; aplicador profesional; xefe de taller rural; capataz de rega; xefe de almacén de produtos agrícolas; xerente de cooperativas de produción de sociedades agrarias de transformación (SAT) ou outras asociacións de produtores; encargado de control do medio natural.

Posibles especializacións:

* Este técnico, ao incorporarse ás ocupacións ou postos de traballo indicados, require un período de adaptación ou formación para conseguir a especialización requirida.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Interpretar e analizar a documentación técnica utilizada na organización, execución e control dos procesos produtivos da empresa agropecuaria.

* Valorar as técnicas e tecnoloxías da produción agropecuaria, detectando desviacións e propondo alternativas para lograr os obxectivos previstos.

* Analizar os procesos empregados na empresa agropecuaria para comprender a súa interdependencia e secuenciación; relacionalos cos equipos, materiais, recursos humanos e produtos implicados na súa execución; e avaliar a súa importancia económica.

* Interpretar, analizar e aplicar criterios de calidade aos procesos produtivos, paliando, de ser o caso, os seus efectos coas medidas técnicas oportunas.

* Analizar as normas e regulacións ambientais que afectan á empresa agropecuaria, os sistemas de prevención e control e os tratamentos necesarios para os produtos contaminantes.

* Valorar métodos e medidas para tomar nos tratamentos contra pragas e enfermidades, analizando a rendibilidade e os medios para minimizar as incidencias sobre o medio natural.

* Valorar estratexias e posibilidades de comercialización de produtos agropecuarios, estimando as accións que mellor se adapten a situacións de mercado concretas.

* Valorar accións de colaboración e participación en entidades de tipo asociativo con outras empresas.

* Elaborar documentación técnica e procesar datos relativos ao aprovisionamento, elaboración, calidade, ambiente e comercialización, utilizando equipos e programas informáticos aplicados á súa actividade profesional.

* Analizar as operacións mecanizadas e o funcionamento das instalacións, e programar, supervisar e avaliar o seu funcionamento, propondo a selección de novos equipos e as melloras para a correcta adaptación dos existentes ao plan de produción da empresa agropecuaria.

* Analizar as necesidades e riscos de seguridade e hixiene sobre as persoas, equipos, produtos e instalacións na empresa agropecuaria, e organizar a súa prevención, aplicando as normas e medidas correctas que permitan a preservación do ambiente.

* Analizar as operacións de mantemento e reparación básica de máquinas, equipos e instalacións, e organizar a instalación dun taller agrario nas debidas condicións técnicas e de xestión, aplicando a normativa correspondente, especialmente a referente á seguridade e hixiene.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade agropecuaria, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais e que favorezan os mecanismos de inserción laboral.

* Analizar, adaptar e, de ser o caso, xerar documentación técnica para a mellor información e orientación doutros profesionais.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas co exercicio da profesión que posibilitan o coñecemento, a capacidade de autoaprendizaxe e a evolución e adaptación das capacidades profesionais propias aos cambios tecnolóxicos e organizativos continuos que se producirán ao longo da vida activa.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión dunha empresa agraria.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar unha empresa agraria.

Capacidades terminais elementais

* Seleccionar o método e as técnicas de recollida de datos para o estudo e a toma de decisións nunha empresa agraria.

* Identificar as variables económicas que afectan ao sector produtivo.

* Analizar os recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles nunha explotación agraria para establecer a súa viabilidade.

* Determinar a orientación produtiva da explotación en función da análise dos recursos.

* Elaborar os estudos técnico-económicos precisos para determinar a viabilidade actual e potencial da empresa.

* Interpretar a normativa vixente e os requisitos legais necesarios para a constitución dunha empresa agraria.

* Analizar os procedementos para a posta en marcha e organización dunha empresa agraria.

* Analizar os criterios e os procedementos para a elaboración dun plan xeral de actividades.

* Determinar a necesidade de medios persoais e materiais na explotación (maquinaria, equipos, apeiros e instalacións) e cuantificar a realización de investimentos para o seu óptimo desenvolvemento.

* Organizar e xestionar o financiamento da empresa, calculando as necesidades e determinando as fontes, os tipos e os custos, así domo realizar as xestións oportunas para acometer os investimentos previstos.

* Establecer o plan de xestión técnica en función dos medios dispoñibles e os obxectivos previstos.

* Seleccionar a combinación de recursos existentes na explotación co fin de obter a máxima rendibilidade.

* Calcular o orzamento de ingresos e gastos da cada unha das actividades programadas.

* Establecer as áreas funcionais dunha empresa e a relación entre elas para facer racional o desenvolvemento das distintas tarefas.

* Analizar as diferentes formas xurídicas de empresa e asociacións agrarias ás que pode optar, e sinalar as máis axeitadas de acordo coa actividade económica e os recursos dispoñibles.

* Analizar os documentos necesarios para a posta en marcha e o desenvolvemento das actividades dunha explotación agraria e elaborar a documentación requirida segundo a lexislación vixente.

* Analizar as formas máis usuais de promoción, adquisición e comercialización de produtos ou servizos no sector agrario.

* Elaborar un plan de promoción e comercialización dos produtos da explotación.

* Analizar os procedementos de control, manipulación e almacenaxe de produtos e elaboración de inventarios.

* Levar a contabilidade dunha empresa segundo a normativa vixente e orientada prioritariamente á mellora dos seus resultados económicos.

* Analizar as normas de seguridade e hixiene que se aplican durante o traballo en relación coas medidas preventivas que hai que adoptar para a protección do medio natural.

* Analizar as distintas actividades de desenvolvemento rural que se poden levar a cabo, e identificar as súas características xerais e as institucións que as ofrecen.

* Elaborar criterios para seleccionar os recursos que se deben utilizar nos programas de desenvolvemento rural.

* Seleccionar e aplicar as estratexias de dinamización de grupos e persoas para a execución dun proxecto de desenvolvemento rural.

Contidos (duración 90 horas)

Contidos procedementais

A empresa agraria e o seu contorno. Formas xurídicas.

* Determinación das necesidades de información económica, xurídica e regulamentaria que afecta ao sector, fundamentalmente para definir o plan xeral de actividades da empresa.

* Identificación e selección das fontes de información máis fiables e representativas, que proporcionen datos para o estudo, a toma de decisións e o funcionamento da empresa.

* Interpretación da normativa que regula a constitución e posta en marcha dunha empresa agraria.

* Realización das xestións precisas para a obtención da documentación necesaria para o inicio da actividade tras coñecer os organismos oficiais que levan a cabo o trámite necesario.

* Establecemento dos datos precisos para o estudo e a súa recollida en formato preestablecido.

* Confección, organización e actualización dun arquivo documental coa información e os datos recollidos, de tal xeito que permita a súa correcta interpretación e posterior toma de decisións.

* Elaboración de informes que presenten conclusións obtidas da análise da información recollida e que establezan os obxectivos para conseguir.

* Determinación da orientación produtiva da explotación segundo os recursos dispoñibles.

* Análise da posible asociación con outras empresas para a xestión conxunta, a utilización de medios de produción en común ou a posta en marcha de servizos, indicando a fórmula xurídica máis axeitada.

Organización, funcións e obxectivos da empresa.

* Análise dos recursos técnicos, comerciais, económicos e financeiros dispoñibles, e establecemento da súa viabilidade.

* Establecemento dunha planificación xeral de actividades da empresa que defina:

-Obxectivos que se pretenden lograr.

-Fases de desenvolvemento do plan.

-Análise e estudo de alternativas económicas.

-Determinación dun calendario de actividades que estableza prioridades e coordinación entre elas.

-Organización e recursos humanos precisos.

-Orzamento baseado nos recursos dispoñibles.

-Axudas técnicas e económicas que se poden recibir.

* Determinación das necesidades de medios humanos e materiais para as diferentes actividades dunha explotación.

* Determinación da estrutura organizativa da empresa segundo a súa orientación produtiva, concretando as funcións e actividades para desenvolver en función nos obxectivos previstos.

* Determinación das necesidades de instalacións, maquinaria e equipos segundo a planificación establecida.

Cálculo de custos e análise de investimentos.

* Análise de procesos produtivos do sector agrario.

* Realización de previsións de custos de produción.

* Elaboración de estudos técnico-económicos para determinar a viabilidade actual e potencial da empresa.

* Interpretación de índices de avaliación de investimentos.

* Selección da combinación de recursos existentes na empresa co fin de obter a máxima rendibilidade.

* Planificación de novos investimentos, tendo en conta as características das actividades que se desenvolvan.

Financiamento.

* Identificación dos recursos financeiros dispoñibles e, de ser o caso, das necesidades de financiamento.

* Selección, se cumprir, da fonte e da modalidade de financiamento alleo máis axeitada ás necesidades previstas.

Xestión administrativa, de persoal e comercial.

* Realización da xestión de compras ou arrendamento de servizos, con selección de provedores e determinación do sistema de adquisición e pagamento máis conveniente.

* Análise das modalidades de contratación de persoal máis habituais no sector, consonte a lexislación laboral vixente.

* Análise das principais variables que conforman a oferta e a demanda de produtos.

* Análise das técnicas de xestión e negociación con clientes e provedores.

* Identificación dos factores externos e internos máis importantes que condicionan a xestión de novas redes comerciais.

* Realización de tarefas de control, organización e administración de almacéns.

* Realización de estudos de mercados agrarios.

Xestión contable e fiscal; aplicacións informáticas.

* Xestión das obrigas fiscais e laborais da empresa que se refiren a impostos, altas e baixas, nóminas, seguros sociais e contratos laborais.

* Utilización de aplicacións informáticas para anotacións contables, determinación de datos económicos, obtención de índices e elaboración de informes de diagnóstico e xestión.

Normas de saúde laboral e medidas de protección do medio natural.

* Organización do sistema de control de seguridade e hixiene no traballo, consonte a normativa vixente.

* Organizar e supervisar o cumprimento da normativa vixente referida á seguridade e hixiene laboral da empresa agraria.

* Organización e xestión dos sistemas de recollida, tratamento, eliminación e depuración de refugallos e subprodutos da explotación.

* Identificación das técnicas de primeiros auxilios e medidas sanitarias básicas.

Promoción e organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Análise das políticas de desenvolvemento rural e das accións desde as administracións públicas.

* Análise das técnicas de animación e dinámica de grupos, en función da situación e das actividades que se desenvolvan.

* Elaboración de criterios co fin de determinar as accións para desenvolver, e selección e organización dos recursos necesarios.

* Establecemento de actividades para protexer e mellorar os recursos ambientais do contorno, integrándoas cos sectores produtivos.

* Elaboración de documentos didácticos que favorezan a evolución do grupo.

Contidos conceptuais

* Documentación administrativa. Xestión de impresos formularios.

* Relación laboral. Modalidades de contratación. Convenios colectivos no sector.

* Seguridade Social e outras prestacións.

* Seguros agrarios e da explotación.

* Técnicas de xestión de recursos humanos, materiais e económicos.

* Criterios e procedementos para a elaboración dunha oferta de actividades.

* Política de compras. Avaliación e control da función de compras.

* Técnicas de venda e negociación. Técnicas de atención ao cliente.

* Elementos básicos de comercialización. Prestación de servizos.

* Inventarios.

Xestión contable e fiscal; aplicacións informáticas.

* Contabilidade. Obxectivos. Proceso contable básico na empresa.

* Libros de contabilidade e de rexistro.

* Patrimonio. Balances. Contas.

* Plan Xeral de Contabilidade.

* Contabilidade por marxes brutas da empresa agraria: seguimento, control e análise das actividades produtivas e económicas. Diagnóstico técnico-económico. Consello de xestión. Toma de decisións.

* Fiscalidade agraria. Calendario fiscal e obrigas formais.

* Impostos sobre a renda das persoas físicas (IRPF), sobre o patrimonio, sobre o valor engadido (IVE), sobre transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados, sobre sucesións e sobre doazóns.

* Réxime fiscal das cooperativas, sociedades agrarias de transformación (SAT), agrupacións e asociacións.

* Equipos informáticos e ofimáticos. Utilización de programas informáticos de xestión de empresas e tratamento da información.

Normas de saúde laboral e medidas de protección do medio natural.

* Marco normativo da saúde laboral. Seguridade e hixiene.

* Riscos profesionais nas diferentes actividades.

* Sistema de seguridade segundo as actividades e os traballos que se desenvolvan.

* Marco normativo sobre medidas de protección ambiental.

* Impacto ambiental nos procesos de produción das empresas agrarias.

* Avaliación do impacto ambiental.

* Residuos e produtos de refugallo: métodos de recollida e almacenaxe. Sistemas de reciclaxe e eliminación.

* Emisións á atmosfera. Verteduras líquidas. O delito ecolóxico.

Promoción e organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Desenvolvemento rural no marco da Unión Europea.

* Políticas de desenvolvemento rural.

* Programas operativos das rexións menos desenvolvidas: o diagnóstico do territorio. Elaboración de estratexias de desenvolvemento.

* Programas de innovación rural: apoio técnico ao desenvolvemento rural. Formación profesional de animadores e da poboación local. Apoio ao turismo rural como vía de diversificación económica. Apoio a diversas empresas. Comercialización da produción agrícola, pesqueira e forestal.

* Aproveitamento dos recursos naturais.

* Conservación do medio e do contorno.

* Accións desde as administracións públicas no medio rural.

Contidos actitudinais

A empresa agraria e o seu contorno. Formas xurídicas.

* Valoración da importancia de dispor de documentación que provexa de datos para o estudo, o funcionamento da empresa e a toma de decisións.

* Recoñecemento da necesidade de analizar as diferentes formas xurídicas ás que pode optar unha empresa agraria.

* Recoñecemento da necesidade de relacionar os distintos tipos de aproveitamento coa localización xeográfica e co seu contorno socioeconómico.

Organización, funcións e obxectivos da empresa.

* Hábito de seguimento das actividades produtivas.

* Rigor no establecemento dos obxectivos que se pretendan lograr e das necesidades materiais e persoais para a súa consecución.

Cálculo de custos e análise de investimentos.

* Hábito de realización de cálculos precisos nas previsións e nos estudos económicos da empresa.

* Rigor na interpretación de índices de avaliación de investimentos.

Financiamento.

* Atención na procura de recursos de financiamento da empresa.

* Consciencia da importancia dun bo financiamento.

Xestión administrativa, de persoal e comercial.

* Valoración da importancia da xestión comercial, administrativa e de persoal.

Xestión contable e fiscal; aplicacións informáticas.

* Pulcritude e rigor na utilización de aparellos informáticos.

* Valoración da normativa fiscal e laboral que afecta á empresa agraria.

* Rigor na formalización da documentación fiscal e contable preestablecida pola Administración competente.

Normas de saúde laboral e medidas de protección do medio natural.

* Recoñecemento da necesidade de protección do medio e valoración da normativa legal.

* Rigor na aplicación da normativa de seguridade e hixiene.

* Valoración da importancia da aplicación dos primeiros auxilios e das medidas sanitarias básicas en caso de accidente.

Promoción e organización de actividades de desenvolvemento rural.

* Preocupación polo desenvolvemento rural na zona de influencia da empresa.

* Sensibilidade na promoción e organización de actividades.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

3.2.2. Módulo profesional 2: produción agrícola.

Asociado á unidade de competencia 2: programar e controlar a produción agrícola da empresa.

Capacidades terminais elementais

* Analizar diferentes alternativas de cultivos, así como plantacións arbóreas e arbustivas permanentes, segundo as características da zona, os obxectivos da empresa e os medios de produción, para contrastar a viabilidade técnica do proxecto.

* Determinar a superficie dedicada para cada cultivo a partir das demandas do mercado, das axudas establecidas polas administracións públicas e das directrices da política agraria comunitaria (PAC), en función dos recursos humanos e dos materiais dispoñibles.

* Programar os labores de preparación do terreo en función das súas características e da dispoñibilidade de maquinaria e persoal.

* Elaborar o calendario de traballo dunha explotación agraria segundo a época, as tarefas que se realicen nos cultivos, os medios de produción e a man de obra dispoñible.

* Calcular as necesidades hídricas e de fertilizantes a partir dos controis periódicos establecidos no plan de produción para cada tipo de especie ou

variedade, segundo o seu desenvolvemento e estado vexetativo.

* Calcular as necesidades de material vexetal necesario para desenvolver o proceso produtivo da explotación.

* Elaborar o programa de control fitosanitario dos cultivos e calcular as necesidades de materiais e equipos necesarios.

* Establecer as necesidades de obras e instalacións requiridas pola explotación.

* Calcular as necesidades de maquinaria e equipos para desenvolver as diferentes activades do proceso produtivo da empresa.

* Establecer os mecanismos de control dos recursos humanos e materiais determinados polos obxectivos e actividades, establecidos no plan de produción agrícola.

* Organizar e coordinar os traballos agrícolas que se vaian realizar, establecendo as directrices de funcionamento dos equipos, as máquinas e as instalacións, e atendendo ás normas de seguridade e saúde laboral.

* Determinar os momentos adecuados de colleita a partir dos parámetros físico-químicos do produto e considerando a demanda do mercado e as condicións de conservación.

* Programar o plan de colleita, transporte ou almacenaxe dos produtos, segundo os almacéns e vehículos dispoñibles, o destino e o traxecto, así como os custos e a normativa referente ao transporte e á conservación dos produtos agrarios.

* Organizar as operacións de clasificación e envase dos produtos tendo en conta a normativa vixente.

* Recoller, clasificar e arquivar a información e documentación necesarias para a organización e o control da produción, co soporte manual ou informático previsto.

* Analizar os custos de produción a partir dos datos obtidos e estimar o valor dos produtos para conseguir nos cultivos da alternativa deseñada.

* Elaborar as propostas de mellora ou modificación dos plans establecidos, baseándose na análise dos resultados obtidos.

* Interpretar a normativa legal vixente aplicable á produción vexetal para a ter en consideración nas actividades da explotación.

Contidos (duración 345 horas)

Contidos procedementais

Planificación de cultivos.

* Análise das características e dos medios de produción da explotación.

* Planificación do sistema de recollida, clasificación e arquivo de datos e documentos.

* Análise da información obtida e da incidencia da regulamentación comunitaria na planificación dos cultivos.

* Elección dos cultivos máis axeitados para a explotación.

* Programación e representación gráfica de alternativas de cultivo.

* Análise das infraestruturas necesarias.

* Análise do impacto socioambiental producido polos cultivos na comarca de influencia.

Implantación dos cultivos.

* Planificación da sementeira e plantación, con cuantificación da semente e da planta necesaria para o desenvolvemento do cultivo.

* Preparación e regulación de máquinas e apeiros empregados na implantación de cultivos.

* Realización de labores de acondicionamento do terreo e preparación do solo.

* Aplicación das emendas e fertilización de fondo, con cálculo das doses axeitadas.

* Plantación e/ou sementeira de plantas hortícolas e de flor cortada, cultivos extensivos, froiteiras e industriais.

Protección dos cultivos.

* Elección das instalacións e dos materiais de protección e forzado, segundo o clima e os cultivos da explotación.

* Realización das operacións de regulación e mantemento das instalacións de protección e forzado.

* Elaboración do programa de defensa vexetal segundo o modelo de explotación.

* Aplicación das técnicas de defensa vexetal, coas máquinas e equipos axeitados segundo as prescricións técnicas establecidas.

Coidado dos cultivos.

* Elección do sistema de rega e fertirrigación, segundo o tipo de explotación.

* Deseño agronómico da rega e fertirrigación de diferentes cultivos.

* Deseño das instalación de rega e fertirrigación e cálculos hidráulicos.

* Realización de operacións de montaxe, desmontaxe, regulación e mantemento das instalacións de rega e fertirrigación.

* Planificación e organización dos labores culturais precisos en cada un dos cultivos implantados.

* Aplicación de fertilizantes de mantemento, con cálculo das doses e establecemento dos momentos de achega.

* Selección das máquinas e dos apeiros máis axeitados para cada labor.

* Realización de labores culturais requiridos polos diferentes cultivos da explotación.

Colleita, transporte, almacenaxe e comercialización.

* Análise dos parámetros que determinan o momento da colleita.

* Determinación da época e o momento da colleita.

* Planificación e organizacións das operacións de colleita, transporte e almacenaxe dos produtos.

* Supervisión das operacións de colleita, transporte e almacenaxe dos produtos.

* Organización e supervisión das operacións de conservación e comercialización dos produtos.

Tratamento de residuos e medidas agroambientais.

* Identificación e caracterización dos tipos de residuos producidos na explotación.

* Recollida e almacenaxe de residuos, e realización da súa eliminación ou reciclaxe.

* Realización das diferentes operacións de cultivo con criterios ambientais correctos.

* Aplicación das prácticas de cultivo máis axeitadas para lograr producións sostibles nas áreas de actuación.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Aplicación da normativa vixente en materia de produción e protección vexetal, e formalización da documentación pertinente.

* Interpretación da lexislación aplicable á produción vexetal en materia ambiental e de residuos.

* Aplicación e supervisión das medidas de seguridade e hixiene na utilización de produtos fitosanitarios e no uso de maquinaria.

* Aplicación dos requisitos hixiénicos precisos na manipulación dos produtos obtidos.

* Supervisión da limpeza dos locais destinados a almacéns dos produtos recollidos.

Contidos conceptuais

Planificación dos cultivos.

* Factores climáticos que inciden na produción vexetal.

* Solo: composición e propiedades físico-químicas.

* Auga: calidade e dispoñibilidade.

* Tipos de cultivos: anuais, bianuais e perennes.

* Especies e variedades para plantar ou sementar.

* Alternativas e rotación dos cultivos. Tipos. Representación gráfica.

* Índices produtivos e de rendibilidade.

* Follas de cultivo.

* Infraestruturas básicas necesarias.

* Impacto socioambiental.

* Financiamento. Rendibilidade dos investimentos. Axudas públicas. Política agraria común.

Implantación dos cultivos.

* Técnicas de acondicionamento, mellora e labra do solo.

* Fertilizantes orgánicos e minerais: mesturas, épocas e doses.

* Emendas. Produtos. Finalidade.

* Técnicas de implantación: sementeira e plantación. Maquinaria e equipos específicos.

* Épocas de sementeira ou plantación.

* Marcos de plantación e doses de semente.

* Planeamento das sementeiras ou plantacións.

* Criterios de calidade do material vexetal: sanidade e tipificación.

* Coidados do material vexetal despois da recepción.

Protección dos cultivos.

* Instalacións de protección e forzado: invernadoiros e alcouves, pantallas térmicas e de sombra, equipos de calefacción, sistemas de humidificación, equipos de control de fotoperíodo, sistemas contra a xeada e cortaventos.

* Acolchados: finalidade e materiais.

* Sistemas de condución e entitorado.

* Malas herbas. Técnicas de control.

* Pragas, enfermidades e fauna salvaxe. Técnicas de loita.

* Fitosanitarios e fitorreguladores: tipos e características.

Coidado dos cultivos.

* Rega.

-As relacións auga-planta.

-Balance hídrico.

-Necesidades de auga.

-Calidade da auga de rega.

-Sistemas e técnicas de rega e fertirrigación.

-Criterios de deseño agronómico e hidráulico.

-Equipos e elementos das instalacións de rega e fertirrigación.

-Programación automática da rega e fertirrigación.

* Sistemas de mantemento do solo.

* Podas, pinzamentos e outras técnicas de formación e control da frutificación.

* Máquinas, ferramentas e equipos para a realización dos diferentes labores culturais.

Colleita, transporte, almacenaxe e comercialización.

* Métodos e aparellos de medida de parámetros de colleita.

* Época e momento da colleita.

* Técnicas de colleita dos produtos.

* Maquinaria de colleita. Características.

* Sistemas de conservación dos produtos almacenados.

* Condicións que deben cumprir os almacéns e cámaras.

* Infraestrutura necesaria para a almacenaxe, manipulación e conservación dos produtos agrícolas.

* Mantemento e desinfección de almacéns.

* Comercialización dos produtos agrícolas. Canles e sistemas. Promoción. Distribución.

* Clasificación dos produtos. Normas de tipificación vixentes.

* Condicións e medios de transporte.

Tratamento de residuos e medidas agroambientais.

* Tipos de residuos: caracterización.

* Código galego sobre boas prácticas agrarias.

* Riscos ambientais derivados da actividade agrícola.

-Contaminación directa e difusa.

-Contaminación do solo, da auga e do aire.

-Impacto ambiental das instalacións e das construcións.

* Instalacións para a almacenaxe e o tratamento dos residuos agrícolas.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Lexislación específica sobre tratamento e eliminación dos residuos agrícolas.

* Requisitos hixiénicos sobre almacenaxe, transporte, carga e descarga dos produtos obtidos.

* Normativa de seguridade e hixiene no traballo referida á produción, colleita e manipulación dos produtos.

* Normas de seguridade e hixiene na utilización de maquinaria e no uso de produtos fitosanitarios.

Contidos actitudinais

Planificación dos cultivos.

* Valoración da importancia de establecer alternativas adaptadas á zona onde se localiza a explotación.

* Preocupación por implantar as especies e variedades idóneas consonte os obxectivos perseguidos e os medios dispoñibles.

* Rigor no cálculo para determinar os investimentos necesarios.

* Valoración da importancia de elixir adecuadamente os recursos materiais e humanos necesarios.

Implantación dos cultivos.

* Preocupación pola mellora e acondicionamento das leiras de cultivo.

* Preocupación pola correcta elección do material vexetal para utilizar.

* Hábito de análise das vantaxes e os inconvenientes dos distintos sistemas de labra.

* Valoración da importancia das emendas como elementos que melloran a calidade do solo.

* Rigor na elección dos apeiros máis axeitados, en función do tipo de labores e da finalidade perseguida.

* Esforzo por lograr unha boa preparación do terreo que favoreza os labores posteriores.

* Esforzo por levar a cabo as sementeiras ou plantacións cunha distribución uniforme.

* Valoración da importancia de efectuar a plantación ou sementeira na época adecuada.

Protección dos cultivos.

* Preocupación por establecer as proteccións requiridas por cada un dos cultivos.

* Sensibilidade na prevención de ataques de malas herbas, pragas e enfermidades.

* Rigor na localización de invernadoiros e na elección dos tipos máis axeitados ás necesidades da explotación.

* Preocupación por realizar as operacións de mantemento dos cultivos de forma axeitada.

* Rigor na utilización dos produtos fitosanitarios.

* Hábito de cumprimento dos prazos de seguridade dos produto químicos.

Coidado dos cultivos.

* Valoración da importancia de efectuar os labores culturais precisos no momento idóneo.

* Valoración da importancia que ten a cobertura das necesidades hídricas dos cultivos en función do deseño agronómico establecido.

* Preocupación por elixir o sistema de rega máis axeitado en cada caso.

* Rigor na planificación da instalacións de rega e fertirrigación.

* Rigor na execución das diferentes prácticas culturais dos cultivos.

Colleita, transporte, almacenaxe e comercialización.

* Valoración da importancia de elixir correctamente a data de colleita dos produtos.

* Conciencia da importancia das normas de calidade.

* Hábito de manter ao día o inventario de almacén.

* Rigor no mantemento das condicións ambientais máis axeitadas para a conservación dos produtos almacenados.

* Valoración da importancia do manexo correcto dos produtos durante o transporte.

* Preocupación pola planificación correcta do transporte.

Tratamento de residuos e medidas agroambientais.

* Preocupación polo coñecemento e a aplicación da normativa vixente con respecto aos temas de carácter ambiental.

* Hábito de producir a menor cantidade posible de residuos na explotación e de lles dar o tratamento axeitado en caso de se produciren.

Lexislación e seguridade e hixiene.

* Rigor no cumprimento da normativa de seguridade e hixiene na realización das distintas operacións.

* Valoración da importancia de manter ordenados e limpos os almacéns.

* Rigor no manexo dos produtos, aplicando as medidas de seguridade e hixiene.

* Consciencia da necesidade de actuacións rápidas e adecuadas en caso de accidente.

3.2.3. Módulo profesional 3: produción gandeira.

Asociado á unidade de competencia 3: programar e controlar a produción gandeira da empresa.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os condicionantes de clima, do solo e do medio, así como os recursos dispoñibles dunha explotación, para establecer as posibles orientacións de produción gandeira.

* Analizar a normativa e a regulamentación técnica e legal, así como as medidas de incentivos á produción que afectan ás explotacións gandeiras, para as ter en consideración na orientación produtiva da explotación.

* Analizar as aptitudes produtivas e a adaptación ás condicións da explotación das principais especies e razas gandeiras, para determinar as máis idóneas en función dos recursos dispoñibles e os obxectivos preestablecidos.

* Planificar o proceso produtivo dunha explotación de gandaría intensiva, establecendo o agrupamento de animais en lotes, a súa densidade e os aloxamentos e as instalacións requiridas para o desenvolver.

* Planificar o proceso produtivo dunha explotación de gandaría extensiva, establecendo a carga gandeira segundo os recursos dispoñibles e as directrices vixentes, o agrupamento de animais en lotes, as necesidades de aloxamentos e as instalacións requiridas para o desenvolver.

* Programar o aproveitamento das forraxes, elaborando o plan de pastoreo ou sega e cuantificando as necesidades de conservación para mellor aproveitar o seu uso ao longo do ano.

* Organizar as operacións de alimentación dos distintos lotes de gando, calcular as racións pertinentes e supervisar a repartición de alimentos.

* Planificar a reprodución para obter os produtos, en función da demanda estacional e das posibilidades produtivas da empresa.

* Elaborar o plan de mellora xenética do gando da explotación co asesoramento técnico necesario, así como supervisar a súa aplicación e valorar os resultados obtidos.

* Verificar a aplicación do programa sanitario elaborado polo facultativo e órganos competentes, comprobando que se sigan os procedementos, as pautas e os calendarios establecidos.

* Supervisar as operacións de manexo (asistencia a partos, muxidura, marcaxe, rapa, escornado, pesada, etc.) e verificar que estas se realicen segundo os procedementos e os plans establecidos.

* Elaborar o programa de aprovisionamento de insumos para a explotación tendo en conta as necesidades, as existencias e a redución de custos por cantidade e oportunidade das compras.

* Coordinar os recursos humanos e materiais da empresa para desenvolver eficazmente as actividades establecidas no plan de produción: distribuír as tarefas, asignar os equipos pertinentes e elaborar os formularios e as fichas-control.

* Verificar o cumprimento das normas de seguridade e prevención de riscos laborais e dar as instrucións necesarias para conseguir realizar as actividades de xeito saudable e seguro.

* Verificar a eliminación e o tratamento de restos e residuos xerados na explotación gandeira en función da forma, o método, o momento e a cantidade, consonte a normativa ambiental vixente.

* Analizar os mercados de animais e produtos gandeiros en Galicia, España e a Unión Europea, identificar os circuítos e os axentes comerciais e interpretar a normativa referida ás condicións de transporte.

* Analizar os criterios e os parámetros de calidade dos produtos gandeiros, así como as condicións de conservación e presentación, para verificar que os produtos obtidos na empresa cumpran coas exixencias do mercado.

Contidos (duración 310 horas)

Contidos procedementais

Explotacións gandeiras.

* Análise comparativa de diferentes explotacións gandeiras, segundo a orientación produtiva, as infraestruturas e os recursos dispoñibles.

* Análise das aptitudes produtivas das diferentes especies e razas de gando.

* Determinación das especies e razas máis interesantes, segundo as condicións de clima, dimensión superficial e demanda potencial do mercado.

* Análise da repercusión que a política agrícola vixente ten nas explotacións gandeiras.

* Cuantificación do número de animais segundo os factores de produción dispoñibles na empresa.

* Definición de procesos produtivos de explotacións gandeiras e establecemento das actividades para realizar e as infraestruturas básicas necesarias.

Alimentación animal.

* Análise comparativa da anatomía e fisioloxía do aparello dixestivo de diferentes especies gandeiras.

* Determinación dos momentos óptimos de aproveitamento das forraxes.

* Elaboración do plan de pastoreo e cuantificación da carga gandeira.

* Planificación e supervisión das operacións de colleita e conservación das forraxes.

* Análise das necesidades nutritivas do gando.

* Cálculo de racións equilibradas, para o óptimo rendemento dos seus custos.

* Control de calidade dos alimentos.

* Preparación e subministración da ración alimenticia.

* Realización de controis de inxestión e análise das causas dos rexeitamento.

Reprodución e selección.

* Análise comparativa da anatomía e da fisioloxía do aparello reprodutor de diferentes especies gandeiras.

* Definición do ciclo reprodutivo dos animais e determinación dos momentos óptimos de fecundación.

* Planificación dos procesos de reprodución.

* Aplicación de técnicas de indución de celo.

* Comprobación do celo ou estado reprodutivo das femias.

* Supervisión das operacións de monta natural.

* Diagnose da xestación.

* Aplicación de inseminación artificial.

* Interpretación de libros e cartas xenealóxicas.

* Aplicación dun programa de mellora xenética preestablecido.

* Valoración morfolóxica e xenética dos reprodutores.

* Elección de reprodutores para a mellora xenética da explotación.

Manexo e sanidade animal.

* Supervisión das operacións de muxidura, inmobilización, marcaxe, rabenadura, capadura, escornado, rapadura e triaxe.

* Análise da anatomía do ubre e da fisioloxía da lactación.

* Realización de controis para a detección da mamite.

* Supervisión dos coidados durante a xestación, o parto e o posparto.

* Realización de controis produtivos, de fertilidade, morbilidade e mortalidade dos animais.

* Elaboración do programa sanitario da explotación, segundo instrucións do facultativo competente.

* Supervisión da aplicación do programa sanitario preestablecido.

* Identificación de anomalías en animais e o seu illamento, de proceder, así como a comunicación das incidencias ao profesional competente en materia sanitaria.

* Realización dos tratamentos autorizados utilizando os fármacos na dose e vía de aplicación prescritas.

* Elaboración e formalización de formularios de control sanitario da explotación.

* Análise dos aspectos de manexo e sanidade mellorables, e proposición das medidas correctoras oportunas.

Instalacións, máquinas e equipos específicos das explotacións gandeiras.

* Realización de bosquexos e esquemas dos aloxamentos necesarios para diferentes explotacións gandeiras.

* Análise comparativa de diferentes instalacións e equipos para muxir e conservar o leite.

* Realización de controis de funcionamento e operacións de mantemento en salas de muxir e equipos de conservación do leite.

* Realización de controis de funcionamento e operacións de mantemento en equipos de control ambiental de aloxamentos de produción intensiva.

* Representación gráfica de diferentes tipos de cercas fixas e móbiles para o manexo do gando en pastoreo.

* Realización de bosquexos e esquemas de funcionamento das instalacións, as máquinas e os equipamentos utilizados na preparación e distribución de alimentos e de auga.

* Realización de bosquexos e esquemas das instalacións necesarias para o tratamento de residuos gandeiros.

* Análise comparativa de diferentes máquinas e equipos utilizados na colleita e conservación das forraxes.

Xestión de recursos.

* Elaboración do programa de actividades para desenvolver o proceso produtivo dunha explotación gandeira, con distribución das tarefas segundo os recursos humanos e os equipos dispoñibles.

* Elaboración dun programa de aprovisionamento de materias primas para a explotación gandeira.

* Cálculo dos rendementos obtidos en diferentes actividades do proceso produtivo.

* Verificación da calidade dos traballos realizados.

* Análise dos resultados obtidos e proposta de medidas correctoras para as actividades mellorables.

Seguridade e hixiene, lexislación e tratamento de residuos.

* Identificación dos riscos laborais asociados ás actividades de produción gandeira.

* Análise das medidas de prevención de riscos que se deben adoptar nos diferentes traballos.

* Identificación dos tipos de residuos que xeran as explotacións gandeiras.

* Realización de esquemas sobre o proceso de tratamento, reutilización ou eliminación de residuos.

* Interpretación da normativa e das disposicións legais vixentes sobre:

-Explotacións e instalacións gandeiras.

-Alimentación e manexo dos animais.

-Regulamentación da produción gandeira.

-Transporte de gando.

-Agrupacións de produtores e comercialización de produtos gandeiros.

-Feiras, concursos e poxas de gando.

-Sanidade animal.

Comercialización de produtos gandeiros.

* Análise da estrutura comercial e das canles de comercialización dos produtos gandeiros en Galicia, en España e na Unión Europea.

* Análise dos prezos de venda e dos custos de comercialización dos produtos.

* Interpretación das normas de calidade que regulan o comercio do leite, a carne, os ovos e outros produtos gandeiros.

* Realización de controis de calidade dos produtos obtidos na explotación gandeira, avaliación dos resultados e proposta das medidas de mellora oportunas.

Contidos conceptuais

Explotacións gandeiras.

* Subsectores produtivos gandeiros.

-Censos, producións e prezos.

-Estrutura produtiva.

-Perspectivas de futuro.

* Políticas agrarias referidas ás explotacións gandeiras.

* Especies e razas gandeiras.

-Concepto de especie e raza.

-Principais especies e razas de aptitude cárnica.

-Principais especies e razas de aptitude leiteira.

-Especies e razas produtoras de ovos, de pel e con outras aptitudes produtivas.

-Técnicas de cría e explotación das diferentes especies e razas.

* Incidencia ambiental das explotacións gandeiras.

* Dependencia das explotacións gandeiras do factor terra.

-Explotacións gandeiras con e sen terra.

-Explotacións gandeiras intensivas e extensivas. Procesos produtivos.

Alimentación animal.

* Anatomía do aparello dixestivo e fisioloxía da dixestión.

-Anatomía dos monogástricos e dos poligástricos.

-Fisioloxía da dixestión. Metabolismo dos alimentos.

* Inxestión e dixestión.

* Necesidades nutritivas das especies gandeiras. Táboas.

* Tipos de alimentos para animais.

-Alimentos de volume e concentrados.

-Criterios de calidade.

-Valor nutritivo. Táboas.

* Métodos de cálculo de racións.

* Sistemas de elaboración e distribución de alimentos.

* Especies pratenses e forraxeiras.

-Familias, especies e variedades botánicas máis importantes.

-Rendementos e técnicas de aproveitamento.

-Valor nutritivo das forraxes. Momento óptimo dos aproveitamentos.

* Técnicas de conservación de forraxes. Ensilado e secado.

* Pastoreo.

-Pastos e pradarías: tipos.

-Sistemas e métodos de pastoreo.

-Ordenación do pastoreo. Sistemas de rotación. Carga gandeira.

Reprodución e selección.

* Anatomía e fisioloxía do aparello reprodutor de diferentes especies gandeiras.

-Órganos reprodutores masculino e feminino.

-Hormonas da reprodución.

-Pubertade e madurez sexual.

-Ciclo estral, duración do celo e momento da ovulación.

-Síntomas do celo nas diferentes especies gandeiras.

* Técnicas de fecundación.

-Sistemas de planificación da fecundación. Indución de celos.

-Monta natural.

-Inseminación artificial.

-Transplante de embrións.

* Xestación, parto e lactación.

-Duración da xestación nas diferentes especies.

-Técnicas de diagnose da xestación.

-O parto. Síntomas.

-Partos distócicos, abortos e outras anomalías.

-Técnicas de aleitamento, afillamento e adopción de crías.

-Lactación natural e artificial.

-Desteta. Métodos de realización.

* Reprodución nas especies ovíparas.

-Duración e condicións ambientais da incubación.

-Coidados dos pitos. Condicións ambientais requiridas.

* Cruzamentos, selección e mellora xenética animal.

-Anatomía externa das diferentes especies.

-Prototipo racial.

-Cualificación morfolóxica e xenética.

-Cruzamentos: tipos e obxectivos.

-Libros e cartas xenealóxicas.

-Plans de mellora xenética. Criterios de selección de reprodutores.

Manexo e sanidade animal.

* Técnicas de inmobilización dos animais.

* Identificación e marcaxe: sistemas, obxectivos e técnicas de aplicación.

* Rabada, capadura, escornado e rapadura: finalidade, épocas, métodos, equipos e técnicas de realización.

* Coidados durante a xestación e posteriores ao parto.

* Sanidade animal.

-Hixiene e profilaxe: técnicas, equipos e produtos.

-Patoloxía. Concepto de enfermidade.

-Principais doenzas das diferentes especies: causas, síntomas e medios de loita.

-Técnicas de administración de medicamentos.

-Plan sanitario da explotación gandeira.

-Campañas oficiais de saneamento gandeiro. Obxectivos.

-Técnicas de toma de mostras.

* Muxidura.

-Anatomía do ubre e sistema mamario. Irrigación sanguínea e sistema linfático.

-Fisioloxía da lactación.

-Hixiene e profilaxe. Operacións previas e precaucións durante a realización da muxidura.

-Técnicas de prevención e control da mamite.

-Almacenaxe e conservación do leite. Condicións e equipamentos requiridos.

-Técnicas e produtos de limpeza e desinfección dos equipos de muxidura e de conservación do leite.

Instalacións, máquinas e equipamentos específicos das explotacións gandeiras.

* Aloxamentos gandeiros.

-Necesidades dimensionais e características construtivas requiridas polas diferentes especies.

-Funcionalidade, confort e deseño.

* Control climático nas explotacións intensivas. Equipos e instalacións.

* Maquinaria de colleita e conservación de forraxes.

* Maquinaria e equipos de extracción de produtos ensilados.

* Maquinaria e equipos de elaboración e distribución de alimentos:

-Carros de mestura.

-Muíños e mesturadoras de preparación de concentrados.

-Equipos de dosificación e subministración de alimentos concentrados.

* Bebedoiros.

* Instalacións e equipos de muxir e de conservación do leite: necesidades e técnicas de control.

* Valados fixos e móbiles. Características.

* Locais e instalacións de tratamento de residuos gandeiros.

Xestión de recursos.

* O mercado e o momento oportuno da produción e da adquisición de bens.

* Plans de xestión de explotacións.

* Técnicas de planificación, organización e control de actividades.

* Plans de mellora das explotacións gandeiras.

Seguridade e hixiene, lexislación e tratamento de residuos.

* Riscos laborais nas explotacións gandeiras. Técnicas de prevención.

* Residuos das explotacións gandeiras.

* Normativa legal sobre agrupacións de produtores, comercialización de produtos gandeiros, feiras, concursos e poxas do gando.

* Regulamentación da produción gandeira co fin de garantir a saúde dos consumidores.

-Normativa sobre produtos de engorde e similares.

-Normas de uso de fármacos.

* Lexislación sanitaria.

Comercialización de produtos gandeiros.

* Concepto de comercialización.

* Normas de calidade. Produto tipo. Tipos de produtos e categorías.

* Mercados de produtos gandeiros en Galicia, en España e na Unión Europea.

* Comercio de gando vivo e de abasto.

* Centros de contratación: feiras, lonxas, mercados de gando e matadoiros.

* Axentes de comercialización dos produtos cárnicos.

* Comercio do leite.

-Venda directa e a industrias.

-Condicións de almacenaxe e conservación.

-Normas de calidade.

* Comercio dos ovos.

-Criterios de clasificación e normas de calidade.

-Condicións de conservación.

-Axentes comerciais.

* Comercio de peles, la e outros produtos gandeiros: parámetros de calidade e axentes comerciais.

* Custos de comercialización.

* Condicións de transporte de animais e dos produtos gandeiros.

Contidos actitudinais

Explotacións gandeiras.

* Valoración da importancia dunha axeitada elección das especies e razas de gando, segundo as con

dicións e os recursos da explotación e a demanda comercial de produtos gandeiros.

* Rigor e coherencia na definición dos procesos produtivos das explotacións gandeiras.

Alimentación animal.

* Valoración da importancia da produción e do aproveitamento dos alimentos obtidos na explotación.

* Consciencia dos riscos que para a saúde pública pode ter a utilización de produtos non autorizados ou insuficientemente contrastados.

* Rigor na elaboración das racións alimentarias e no control de calidade dos alimentos.

Reprodución e selección.

* Consciencia da importancia da reprodución nos procesos produtivos das explotacións gandeiras.

* Rigor na planificación dos procesos de reprodución.

* Valoración da importancia da mellora xenética nas explotacións gandeiras.

* Rigor nas operacións de inseminación artificial.

Manexo e sanidade animal.

* Valoración da importancia de supervisar a realización rigorosa das operacións de manexo.

* Constancia e rigor na toma de datos e na realización dos controis produtivos.

* Consciencia da importancia que a sanidade dos animais ten na rendibilidade das explotacións e na saúde pública.

* Hábito de observación do estado sanitario dos animais.

* Rigor na aplicación dos tratamentos autorizados e na formalización dos formularios de control sanitario da explotación.

Instalacións, máquinas e equipos específicos das explotacións gandeiras.

* Consciencia da necesidade de deseñar os aloxamentos e as instalacións das explotacións, con criterios de racionalidade, funcionalidade e seguridade.

* Rigor na realización de controis de funcionamento e nas operacións de mantemento das instalacións gandeiras.

* Valoración da importancia de elixir as máquinas adecuadas ás necesidades da explotación.

Xestión de recursos.

* Rigor na planificación de actividades e na distribución das tarefas.

* Valoración da importancia de xestionar no momento oportuno a adquisición das materias primas requiridas para desenvolver o proceso produtivo.

* Hábito de obter datos de campo e de calcular con rigor os rendementos de traballo en diferentes actividades do proceso produtivo.

* Rigor na verificación da calidade dos traballos realizados.

Seguridade e hixiene, lexislación e tratamento de residuos.

* Hábito de respectar as condicións de seguridade e hixiene laboral e de verificar o cumprimento das normas e instrucións pertinentes.

* Consciencia da necesidade de tratar axeitadamente os residuos das explotacións gandeiras para non causar danos no medio.

* Rigor na aplicación das normativas e disposicións legais vixentes relacionadas coa actividade gandeira.

Comercialización de produtos gandeiros.

* Valoración da importancia de obter produtos de calidade.

* Hábito de obter datos sobre a comercialización dos produtos gandeiros.

* Rigor na realización de controis de calidade dos produtos obtidos na explotación.

3.2.4. Módulo profesional 4: mecanización e instalacións nunha empresa agraria.

Asociado á unidade de competencia 4: organizar e controlar o mantemento, a reparación e o funcionamento das instalacións, da maquinaria e dos equipos dunha empresa agraria.

Capacidades terminais elementais

* Verificar o estado de conservación e funcionamento de instalacións, equipos e máquinas agrarias, para determinar as necesidades de reparación e mantemento.

* Relacionar a configuración, as características e as prestacións das instalacións e da maquinaria agraria coas súas aplicacións e limitacións.

* Determinar os parámetros técnicos para o control do funcionamento dun equipo e os seus valores correctos segundo o traballo ou a función que realiza, e as características do equipo.

* Seleccionar maquinaria, instalacións e equipos para unha explotación, atendendo a criterios técnicos e económicos e considerando os rendementos e os custos.

* Deseñar os partes de traballo, as táboas de revisión e control e a documentación necesaria para o correcto seguimento e rexistro do traballo en instalacións e equipos, utilizando soportes informáticos na súa formalización.

* Analizar as causas que producen anomalías de funcionamento dos equipos nos aspectos de uso, regulación, mantemento, desgaste ou obsolescencia, e sinalar as posibles solucións.

* Programar as operacións mecanizables, considerando o momento oportuno de realización, os tempos dispoñibles, o rendemento das máquinas e a cantidade de traballo prevista, para aproveitar optimamente os recursos dispoñibles.

* Elixir as máquinas e os equipos necesarios para realizar operacións concretas, considerando as particularidades de cada labor e os medios dispoñibles na explotación.

* Calcular a capacidade de traballo das máquinas en función das variables de funcionamento, tendo en conta tempos mortos e a eficiencia do traballo.

* Establecer os procedementos para preservar un nivel óptimo de hixiene e seguridade que inflúan na programación das operacións de traballo con equipos, instalacións e máquinas, considerando a normativa e as instrucións técnicas oportunas.

* Realizar a posta en marcha e parada das instalacións e da maquinaria agraria segundo procedementos establecidos, con orde e cumprindo as normas técnicas e de seguridade.

* Distribuír e especificar os traballos asignados a cada operario ou equipo de traballo a partir do plan de produción.

* Determinar as operacións de mantemento e a súa frecuencia en maquinaria e instalacións, tendo en conta a observación directa e as instrucións técnicas correspondentes.

* Organizar a instalación e xestión dun taller agrario en función das necesidades de mantemento e reparacións.

* Detectar as avarías que se dan con máis frecuencia durante o funcionamento das instalacións ou máquinas agrarias dun xeito metódico e sistemático.

* Establecer os procedementos, métodos e tempos orientativos para as operacións de reparación e mantemento.

* Organizar as operacións de reparación en instalacións, máquinas e equipos agrarios, utilizando os medios propios dispoñibles e xestionando os externos necesarios.

* Establecer os utensilios, recambios e materiais necesarios para realizar as operacións de taller e as súas condicións de almacenaxe.

* Determinar as condicións de traballo e protección persoal co fin de cumprir os niveis axeitados de seguridade e hixiene no taller agrario.

* Organizar, realizar e supervisar as operacións de mantemento de máquinas e instalacións, actuando con orde, destreza, precisión e pulcritude, consonte métodos establecidos e respectando as normas de seguridade, de saúde e ambientais.

* Distribuír as zonas dun taller e almacén agrario, tendo en conta a disposición dos equipos e incluíndo a almacenaxe de recambios, materiais e produtos.

* Deseñar ordes de reparación, partes de traballo, táboas de diagnose e a documentación técnica necesaria para a correcta organización e o control dos traballos de mantemento.

* Calcular os custos de reparación e mantemento máis frecuentes, para elaborar orzamentos e analizar diferentes alternativas.

* Elaborar plans de adquisición ou de renovación de maquinaria, equipos e instalacións nunha explotación agraria, en función da súa rendibilidade ou do plan de produción.

* Calcular custos horarios e por unidade de produción para diferentes alternativas de adquisición, alugamento ou propiedade compartida.

* Determinar a viabilidade técnica de novos sistemas, equipos, útiles e accesorios para incorporar nun proceso agrario, segundo os requisitos e condicionantes do proceso e do produto que se teña que obter.

Contidos (duración 240 horas)

Contidos procedementais

Maquinaria e equipos.

* Identificación dos tipos de máquinas e equipos para utilizar segundo as operacións que se realicen.

* Análise das dimensións e características técnicas dos equipos tendo en conta as capacidades de traballo requiridas, as características da explotación e os custos horarios e por unidade de produción, segundo o plan de produción establecido.

* Determinación dos equipos e das máquinas que cómpren nunha explotación agraria tendo en conta o plan de produción previsto.

* Análise da estrutura dun tractor tipo e determinación da funcións que desempeñan nel os seus principais compoñentes.

* Determinación dos criterios técnico-económicos que avalían o correcto funcionamento da maquinaria agraria e dos equipamentos en función dos resultados.

* Supervisión da existencia de carburantes, lubricantes e recambios para as máquinas e equipamentos, e realización das xestións oportunas para a súa adquisición ou reposición.

* Enganche e regulación dos equipos ao tractor ou a outros elementos de tracción.

* Deseño da documentación necesaria para o correcto control e rexistro do traballo coa maquinaria.

* Rexistro dos tempos de traballo, cantidade de traballo realizado e incidencias nos diarios de traballo.

* Utilización de soportes informáticos no rexistro da información obtida nas revisións para o seu tratamento e a súa valoración.

* Análise das causas que producen anomalías de funcionamento nos equipos e na maquinaria por uso, por regulación e mantemento incorrectos e por desgaste ou obsolescencia, e determinación das posibles solucións.

* Determinación das operacións mecanizables, a súa secuenciación, o momento axeitado e o tempo dispoñible para as levar a cabo, así como a cantidade de traballo que require cada operación.

* Cálculo de capacidades de traballo nas máquinas en función das variables de funcionamento, tendo en conta tempos mortos e eficiencias de traballo.

* Establecemento das condicións e características das operacións de transporte de materias primas, colleitas, equipos e persoal, tendo en conta o percorrido e a frecuencia de transporte, o peso e as dimensións da carga, a normativa de circulación e a seguridade na carga e na descarga.

* Planificación e supervisión do uso, o mantemento e a regulación.

* Determinación das condicións e dos procedementos que se deben seguir nas operacións de uso e mantemento para unha correcta aplicación das normas de seguridade e hixiene.

* Establecemento dos criterios técnico-económicos para a adquisición, a renovación ou a eliminación de máquinas e equipos no momento axeitado.

Instalacións e locais agrarios.

* Identificación de diferentes locais e instalacións agrarias e establecemento de relacións entre o seu uso e as condicións que deben reunir.

* Supervisión da correcta funcionalidade das instalacións e establecemento dos procedementos que se deben aplicar para o seu control periódico.

* Identificación das avarías ou os fallos que xurdan nas instalacións, establecemento das operacións que se deban realizar para o seu correcto funcionamento, e avaliación do custo da intervención.

* Planificación e supervisión das operacións de conservación de locais agrarios.

* Programación e supervisión da limpeza, a desinfección e a desparasitación en locais e instalacións agrarias.

* Organización e supervisión das operacións de montaxe e mantemento de instalacións para a condución e protección de cultivos.

* Elección e control do sistema de tratamento de residuos e subprodutos da explotación.

* Planificación e supervisión das operacións de realización, mantemento e manexo de instalacións de auga.

* Organización e supervisión das operacións de mantemento básico e uso de instalacións e equipos eléctricos.

* Control e regulación de instalacións de climatización.

Taller agrario.

* Análise dos trámites e da documentación necesaria para a instalación dun taller agrario.

* Análise dos tipos e as características de equipos, máquinas e instalacións aos que se lles dará servizo.

* Previsión das operacións de mantemento e avarías para resolver, a súa frecuencia e complexidade técnica.

* Elaboración dun esquema da distribución dun taller e da disposición dos equipos e as instalacións.

* Determinación dun plan de taller, coas operacións e os servizos que se levarán a cabo.

* Selección dos equipos e as instalacións de taller para o cumprimento do plan establecido.

* Análise das prescricións técnicas, as condicións e a normativa que afecten ao seu funcionamento, e disposición dos equipos.

* Sinalización das zonas con riscos segundo a normativa laboral.

* Elaboración da documentación técnica necesaria para a realización das operacións de taller: ordes de traballo, diarios de traballo, pedidos de material, informes de diagnose, etc.

* Elaboración da documentación económica: orzamentos de taller, albarás e facturas.

* Planificación e supervisión das operacións de reparación e das condicións de seguridade, hixiene e protección persoal na súa realización.

Lexislación e seguridade e hixiene.

* Análise das repercusións que no traballador e no seu contorno familiar, na empresa e para a sociedade teñen os accidentes de traballo no manexo da maquinaria agraria.

* Análise das medidas e dos procedementos que se poden utilizar para a prevención dos accidentes laborais no sector agrario, especialmente no manexo da maquinaria.

* Recoñecemento directo de zonas, compoñentes e mecanismos perigosos.

* Aplicación da normativa legal sobre prevención de riscos laborais e protección do persoal e dos equipamentos.

* Identificación dos factores de risco máis comúns no uso de maquinaria agraria.

* Descrición das proteccións e dos dispositivos de seguridade utilizados en maquinaria.

* Aplicacións das técnicas de primeiros auxilios na simulación de accidentes.

* Análise de métodos e precaucións para que no manexo e mantemento da maquinaria agraria se reduzan os efectos negativos sobre o medio.

* Revisión das instalacións agrícolas: identificación de deficiencias na seguridade e aplicación das medidas correctoras oportunas.

* Posta en práctica de medidas de emerxencia e de primeiros auxilios en simulación de accidentes laborais e de incendios en instalacións e locais agrarios.

* Verificación do cumprimento da lexislación de seguridade nos traballos de construción e mantemento de locais e instalacións agrarias.

Contidos conceptuais

Maquinaria e equipos.

* O tractor agrícola. Tractores especializados.

* Maquinaria, apeiros e equipos agrarios: variables de regulación.

* Táboas e equipos de medida e revisión de maquinaria.

* Operacións mecanizables.

* Programación de operacións e control dos resultados do traballo mecanizado.

* Variables de utilización de maquinaria no campo.

* Operacións de transporte: normativa e condicións de circulación por vías públicas.

* Necesidades de mecanización. Criterios para substitución e renovación.

* Mantemento da maquinaria agraria.

* Parque de maquinaria para unha explotación agraria.

* Criterios de substitución, eliminación ou incorporación de equipos, e a súa incidencia no resto da maquinaria e no custo por unidade de produción.

Instalacións e locais agrarios.

* Instalacións agrarias: compoñentes e funcionamento, revisión e diagnose.

* Aloxamentos e instalacións para a produción de animais.

* Instalacións de almacenaxe e conservación de colleitas e produtos gandeiros e forestais.

* Instalacións de ventilación, climatización, saneamento, auga e electricidade.

* Técnicas e equipamentos de medida e revisión de instalacións.

* Mantemento de instalacións e locais agrarios.

Taller agrario.

* Equipos para un taller agrario: descrición, funcionamento e coidados.

* Materiais para reparación e mantemento.

* Operacións de taller: técnicas de programación dos traballos, diagnose de avarías, procedementos e comprobación de reparacións.

* Orzamentos de reparacións: técnicas de valoración e formularios.

* Seguridade e hixiene en talleres de reparación e en operacións de mantemento.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Normativa específica de seguridade e hixiene para o funcionamento de instalacións e maquinaria agraria.

* Medidas de protección persoal. Primeiros auxilios.

* Lei de seguridade vial e de saúde laboral.

* Normativa sobre equipos para a aplicación de produtos tóxicos.

* Normativa sobre a fabricación de máquinas e clasificación de tipos CE.

Contidos actitudinais

Maquinaria e equipos.

* Responsabilidade, pulcritude e rigor no manexo do tractor e das máquinas.

* Preocupación polo mantemento periódico da maquinaria e dos equipos.

* Interese pola reparación das pequenas avarías.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

* Valoración da importancia da mecanización nunha empresa agraria.

* Valoración da axeitada elección do equipo segundo factores de rendibilidade.

* Coordinación dos recursos humanos en tarefas en equipos con máquinas.

* Espírito crítico ante os resultados do traballo mecanizado e do traballo de programación e control dos equipos.

Instalacións e locais agrarios.

* Valoración da importancia de distribuír axeitadamente os locais para aproveitar optimamente o espazo.

* Preocupación polo mantemento da orde e da limpeza nos locais.

* Hábito de observar e comunicar os danos que se aprecian nos locais de traballo habitual.

* Hábito de reparar as pequenas deterioracións que sofren os locais e as instalacións.

* Valoración das desinfeccións en locais que o requiran.

* Valoración das tarefas de tratamento de residuos e aproveitamento de subprodutos na empresa agraria.

* Rigor na limpeza de filtros en instalacións de auga.

* Hábito de calibraxe periódica dos parámetros de control das instalacións.

* Aceptación da necesidade de que a reposición de elementos nas instalacións de auga, electricidade e climatización deba realizarse con material de idénticas características.

* Consciencia da importancia de evitar os impactos negativos na construción e rehabilitación de locais e instalacións agrarias.

Taller agrario.

* Pulcritude e rigor no manexo de máquinas e útiles de taller.

* Actitude ordenada na colocación de ferramentas tras a súa utilización.

* Hábito de limpeza do taller e do material empregado.

* Interese pola correcta realización dos traballos.

* Colaboración e xenerosidade cos compañeiros na realización de traballos en equipo.

* Seguridade en si mesmo en tarefas de organización e control dos traballos en equipo.

Lexislación e seguridade e hixiene.

* Hábito de aplicar as medidas obrigatorias e voluntarias de protección no manexo de maquinaria.

* Valoración das normas ou disposicións legais de seguridade no traballo con maquinaria.

* Concienciación das consecuencias que pode ter o mal uso da maquinaria e aceptación das medidas de protección que cómpre adoptar.

* Concienciación do perigo das instalacións de electricidade, calefacción, gas e saneamento.

* Preocupación pola adopción das medidas de seguridade persoal e colectiva no contorno de traballo.

* Aceptación da necesidade de respectar a normativa vixente sobre locais e instalacións de uso agrícola.

* Preocupación por realizar as revisións dos elementos de protección.

* Valoración da necesidade de aplicar procedementos limpos e seguros na utilización de maquinaria e instalacións, na manipulación e na almacenaxe de produtos tóxicos e perigosos, na preservación do medio, na reciclaxe de produtos, no aproveitamento de residuos e no control de problemas de erosión do solo.

3.2.5. Módulo profesional 5: fitopatoloxía.

Asociado á unidade de competencia 5: planificar e controlar as medidas de protección sanitaria, verificando o cumprimento das normas de seguridade e hixiene.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os danos que producen os axentes abióticos sobre os cultivos, avaliar as consecuencias e adoptar as medidas de prevención e corrección oportunas.

* Identificar as principais enfermidades, os axentes causantes de pragas, os axentes beneficiosos e as malas herbas, baseándose na sintomatoloxía e nas características morfolóxicas.

* Analizar os ciclos biolóxicos dos axentes beneficiosos e causantes de danos nos cultivos, para planificar a estratexia de loita.

* Efectuar o seguimento e o control do estado sanitario dos cultivos, determinando os momentos e as técnicas oportunas de intervención.

* Seleccionar e pór a punto o material necesario para realizar as contaxes e os controis necesarios.

* Realizar as contaxes de pragas ou fauna útil no momento oportuno considerando os ciclos biolóxicos respectivos, para avaliar o nivel de risco e a evolución das poboacións.

* Realizar tomas de mostras e remitirllas ao laboratorio para facer a diagnose de pragas e enfermidades, así como para detectar residuos de produtos químicos.

* Avaliar os danos producidos nos cultivos a partir da análise dos resultados nos controis realizados segundo o plan preestablecido.

* Programar e organizar de forma secuencial a estratexia da loita integrada que se debe seguir nunha zona determinada para manter un nivel sanitario axeitado nos cultivos, reducindo os efectos ambientais adversos.

* Organizar e supervisar as operacións de loita biolóxica, determinando o momento oportuno de intervención e a cantidade de axente benéfico para introducir.

* Seleccionar os produtos e os equipos para aplicar tratamentos, considerando o cultivo, o axente causal, a toxicidade, a formulación, a presentación e o prazo de seguridade.

* Organizar e supervisar as operacións de aplicación de produtos, comprobar a regulación e o estado de funcionamento das máquinas e dos equipos empregados, e verificar o cumprimento das medidas de seguridade requiridas.

* Calcular os custos dos tratamentos para elaborar orzamentos e facer estudos comparativos.

* Recompilar, codificar e arquivar a información e a documentación necesarias para a organización do control fitosanitario, a partir do sistema establecido e co soporte manual ou informático previsto.

* Analizar as características especiais da aplicación de produtos fitosanitarios en espazos urbanos e periurbanos, pola incidencia na saúde pública.

* Controlar o cumprimento das medidas de seguridade e hixiene que se deben tomar nos locais de almacenaxe de produtos fitosanitarios e na eliminación de envases e restos de produtos.

* Elaborar un plan preventivo de actuación en caso de accidentes, tendo en conta a aplicación das técnicas de primeiros auxilios e a accesibilidade a centros de información toxicolóxica e centros sanitarios en caso de intoxicación.

* Aplicar as técnicas de primeiros auxilios con rapidez e seguridade, no caso dun accidente producido pola manipulación de produtos fitosanitarios.

* Empregar técnicas de comunicación e información sobre a manipulación de produtos para realizar os tratamentos sen riscos para a saúde.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Axentes causantes de danos aos cultivos.

* Avaliación de danos provocados por axentes abióticos.

* Diagnose de enfermidades e análise da súa evolución.

* Identificación dos axentes causantes de pragas e análise dos ciclos biolóxicos.

* Identificación de malas herbas.

Seguimento e control.

* Elección do método de mostraxe.

* Colocación de trampas.

* Realización de contaxes.

* Realización de toma de mostras e remisión ao laboratorio.

* Identificación de axentes beneficiosos e estimación de densidades de poboación.

* Determinación do momento máis axeitado para efectuar o tratamento ou a intervención.

* Elaboración de programas de control integrado.

* Elección da materia activa para empregar, seguindo criterios de respecto ambiental e cara á fauna beneficiosa.

* Aplicación de produtos fitosanitarios seguindo instrucións preestablecidas.

* Comprobación da axeitada aplicación do produto.

* Supervisión da efectividade do tratamento e a súa incidencia sobre a fauna útil.

* Cálculo de custos do tratamento.

Equipos e máquinas para tratamentos.

* Elección da máquina máis axeitada a cada tratamento.

* Verificación do correcto funcionamento dos dispositivos de seguridade nas máquinas e nos equipos.

* Cálculo das doses de produto comercial para empregar.

* Regulación da máquina seguindo as instrucións do fabricante.

* Manexo da máquina e adopción das medidas de seguridade establecidas.

* Comprobación da cobertura do tratamento, o tamaño da gota e a penetración, mediante as probas pertinentes.

* Supervisión da limpeza e do mantemento das máquinas e dos elementos auxiliares.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Supervisión do cumprimento da lexislación referente ao emprego de produtos fitosanitarios.

* Comprobación das medidas de seguridade nas dependencias de almacenaxe de produtos.

* Comprobación do cumprimento das medidas de protección e de seguridade na manipulación de produtos e de equipamentos.

* Supervisión da correcta utilización dos equipamentos de protección persoal durante os tratamentos.

* Comprobación do cumprimento dos prazos de seguridade.

* Supervisión da destrución de envases e sobrante de produtos sanitarios ou bioloxicamente perigosos.

* Planificación das medidas de primeiros auxilios en caso de accidente e do traslado a centros sanitarios.

Contidos conceptuais

Axentes causantes de danos aos cultivos.

* Axentes abióticos: efectos.

* Axentes bióticos parasitarios e non parasitarios: clasificación e bioloxía.

* Enfermidades producidas por bacterias e virus.

* Enfermidades producidas por fungos.

* Pragas: identificación e ciclos biolóxicos.

* Malas herbas.

Seguimento e control.

* Mostraxe. Técnicas. Material empregado.

* Métodos de captura e contaxe. Trampas. Atraentes. Feromonas.

* Sintomatoloxía.

* Fauna útil.

* Medios de loita.

* Técnicas de control.

* Loita integrada.

* Produtos químicos: clasificación, almacenaxe e manipulación.

Equipamentos e máquinas para tratamentos.

* Características, finalidade, funcionamento, regulación e mantemento. Normas de seguridade de pulverizadores, atomizadores, nebulizadores, fumigadores e equipamentos de protección persoal.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Normativa legal.

* Regulamentación técnico-sanitaria para a almacenaxe e a utilización de praguicidas.

* Normas de seguridade na manipulación de produtos fitosanitarios.

* Síntomas de intoxicación.

* Prazos de seguridade.

Contidos actitudinais

Axentes causantes de danos aos cultivos.

* Hábito de observar o estado sanitario dos cultivos.

* Rigor na identificación do axente causante de danos aos cultivos.

Seguimento e control.

* Consciencia da importancia de intervir no momento oportuno e na dose axeitada.

* Hábito de cambiar de materia activa para evitar que os individuos se fagan resistentes.

* Hábito de comprobar que o produto se aplique de xeito adecuado.

* Hábito de comprobar a efectividade dos tratamentos.

* Valoración da importancia de aplicar técnicas de loita integrada.

Equipos e máquinas para tratamentos.

* Rigor na posta a punto e na calibraxe das máquinas.

* Hábito de comprobar o bo estado de uso dos equipos de seguridade.

* Hábito de comprobar a cobertura do tratamento e a penetración e o tamaño das gotas.

* Rigor na limpeza das máquinas e dos equipos.

Lexislación, seguridade e hixiene.

* Consciencia do perigo dos produtos fitosanitarios.

* Rigor no cumprimento das medidas de seguridade preestablecidas.

* Consciencia da importancia de respectar os prazos de seguridade.

* Valoración da importancia de respectar a normativa de carácter ambiental.

3.2.6. Módulo profesional 6: xestión e organización da produción de plantas.

Asociado á unidade de competencia 6: programar e organizar os procesos de reprodución, propagación e produción de plantas en viveiro.

Capacidades terminais elementais

* Analizar os condicionantes de clima, solo, auga de rega, enerxía eléctrica, man de obra, accesos e

transporte, a partir de observacións directas e outros datos dispoñibles, para determinar a localización dun viveiro.

* Seleccionar as especies e variedades que se vaian producir segundo as condicións ambientais do lugar, os medios de produción dispoñibles e os resultados do estudo de mercado realizado.

* Planificar o proceso produtivo, definindo o tipo de produtos que se pretende lograr, as fases do proceso e as técnicas de aplicación.

* Planificar a zonificación do viveiro tendo en conta as necesidades de espazo para as diferentes fases dos cultivos, o fluxo interno de planta, os elementos de produción e as infraestruturas necesarias.

* Seleccionar as instalacións, as máquinas e os equipos necesarios para desenvolver as actividades produtivas, analizando as características técnicas, as necesidades de mantemento, os rendementos e os custos.

* Determinar as necesidades de recursos humanos, materiais e de infraestruturas que cómpren para lograr os obxectivos de produción determinados no proceso produtivo.

* Determinar os orzamentos de investimento e funcionamento, así como a previsión de fontes de financiamento que cómpren para a posta en marcha do viveiro.

* Seleccionar os sistemas e técnicas de reprodución máis axeitados para multiplicar as diferentes especies e variedades.

* Organizar e supervisar as operacións de obtención, preparación e conservación de sementes e de material vexetal para a reprodución vexetativa, co fin de conseguir a produción de planta prevista.

* Organizar e supervisar os labores de sementeira e os traballos de propagación vexetativa, segundo as técnicas e os procedementos máis axeitados a cada especie ou variedade que se reproduza.

* Organizar e supervisar as operacións de preparación do solo e de substratos de cultivo, elixindo as máquinas e os produtos axeitados segundo especie e fase de cultivo.

* Planificar os traballos e operacións de repicado, transplante, poda e entitorado, segundo as técnicas establecidas e a evolución dos cultivos, para lograr a calidade de planta exixida polo mercado.

* Planificar as regas e a aplicación de fertilizantes, calculando as doses necesarias en cada fase dos diferentes cultivos.

* Organizar a aplicación de tratamentos fitosanitarios e herbicidas axeitados, respectando as doses e as medidas de seguridade pertinentes.

* Organizar e supervisar as operacións de manexo, mantemento e conservación das máquinas, as instalacións e os equipamentos, para as manter en perfecto estado de uso.

* Xestionar a comercialización das plantas, a promoción dos produtos e a organización e supervisión dos labores de preparación e tipificación, segundo as características de cada especie e as condicións de entrega.

* Organizar as operacións de transporte de plantas, seleccionando os medios axeitados, segundo o tipo de planta, a cantidade, o destino e os prazos de entrega, e respectando os criterios de recepción e os custos establecidos.

* Coordinar os recursos humanos dunha empresa de produción de planta, asignando tarefas e funcións, establecendo os informes e partes de traballo e os sistemas de control de produtividade, así como avaliar os resultados.

* Verificar o cumprimento das normativas e os regulamentos específicos de carácter administrativo que afectan á produción e á comercialización de plantas de viveiro.

* Verificar o cumprimento da normativa de seguridade e hixiene no traballo, nos procesos e as operacións propias dos viveiros, por observación directa e polas incidencias anotadas nos partes diarios de traballo.

Contidos (duración 185 horas)

Contidos procedementais

Planificación do viveiro.

* Análise dos condicionantes de localización dun viveiro.

* Análise de estudos de mercado de produción e comercialización de plantas.

* Elección de especies e variedades para producir, segundo o estudo do mercado, as condicións ambientais e os medios de produción dispoñibles.

* Planificación do proceso produtivo.

* Determinación das instalacións e infraestruturas necesarias.

* Zonificación do viveiro.

* Cálculo de necesidades de recursos humanos e materiais necesarios.

* Determinación do orzamento de investimento e funcionamento, así como da previsión de fontes de financiamento.

Reprodución e multiplicación.

* Organización e supervisión das operacións de obtención, extracción, limpeza e conservación de sementes.

* Organización e supervisión das operacións de obtención, preparación e conservación de material vexetal para a multiplicación vexetativa.

* Organización e supervisión dos tratamentos e as operacións das sementes previos ás sementeiras.

* Selección dos sistemas e as técnicas de reprodución ou multiplicación máis axeitados a cada caso.

* Elección das máquinas para a preparación do solo.

* Elección de máquinas e materiais utilizados na preparación de substratos e outros medios de cultivo.

* Elección de máquinas e equipos para a sementeira e plantación.

* Organización e supervisión das operacións de preparación do solo e de substratos de cultivo.

* Organización e supervisión dos labores de sementeira e os traballos de propagación vexetativa.

Labores culturais.

* Organización e supervisión dos labores de repicado, transplante, poda de formación e entitorado.

* Cálculo de necesidades de auga e fertilizantes en cada fase dos cultivos.

* Planificación e supervisión das regas e da achega de fertilizantes.

* Elección das máquinas e os equipos para realizar os diferentes labores culturais.

* Organización e aplicación de tratamentos fitosanitarios e herbicidas.

* Organización e supervisión das operacións de manexo, mantemento e conservación das máquinas, as instalacións e os equipos.

Comercialización das plantas.

* Realización de tarefas de promoción de produtos.

* Organización e supervisión dos labores de preparación e clasificación de plantas para a venda.

* Selección dos medios de transporte.

Xestión do persoal.

* Formación do persoal ao seu cargo.

* Asignación de tarefas e funcións adaptadas ao perfil profesional de cada operario.

* Control da produtividade por observación directa e mediante os partes de traballo.

Normativa.

* Supervisión do grao de cumprimento da normativa e regulamentos específicos de carácter técnico e administrativo que afectan á produción e á comercialización de plantas de viveiro.

* Supervisión do grao de cumprimento da normativa de seguridade e hixiene no traballo.

Contidos conceptuais

Planificación do viveiro.

* Condicionantes da localización: topográficos, climatolóxicos, edafolóxicos, ecolóxicos; de dispoñibilidade de auga, enerxía eléctrica, man de obra, accesos e transportes.

* Estudos de mercado.

* Especies e variedades: características e limitacións.

* Ciclos produtivos: fases.

* Instalacións e infraestruturas: características.

* Máquinas, materiais e equipos: características.

* Estudo económico e de viabilidade do proxecto.

* Fontes de financiamento.

Reprodución e multiplicación.

* Técnicas de reprodución e propagación: aplicacións.

* Sementes.

-Métodos e técnicas de obtención. Época.

-Métodos e técnicas de extracción e limpeza.

-Conservación e tratamentos previos á sementeira.

-Pureza e capacidade xerminativa.

* Material vexetal para a reprodución vexetativa.

-Métodos e técnicas de obtención. Época.

-Conservación e preparación.

* Substratos e medios de cultivo: compoñentes e características.

* Sementeiras: tipos.

* Propagación vexetativa: métodos e características.

* Máquinas e equipos utilizados na reprodución e multiplicación de plantas. Características.

Labores culturais.

* Repicado.

* Transplante.

* Poda de formación.

* Entitorado.

* Regas.

* Fertilizantes.

* Tratamentos fitosanitarios.

* Herbicidas.

* Coidados ás instalacións, ás máquinas e aos equipos.

Comercialización das plantas.

* Promoción de produtos. Técnicas.

* Técnicas de arrinque de plantas e preparación do sistema radicular.

* Técnicas de preparación da parte aérea para o transporte.

* Normas de tipificación e etiquetaxe das plantas.

* Embalaxe: técnicas e equipos.

* Carga e transporte.

Xestión do persoal.

* Áreas funcionais das empresas de produción de plantas.

* Perfís profesionais para cubrir os postos de traballo: aptitudes específicas.

* Sistemas de control da produtividade.

Normativa.

* Lexislación e regulamentos de carácter administrativo e técnico aplicables aos centros de produción de plantas.

* Trámites e documentos necesarios: pasaporte fitosanitario, certificados de orixe e de produción, libros de rexistro e declaracións de cultivo.

* Documentos comerciais: albarás, notas de entrega e facturas.

* Normativa sobre seguridade e hixiene no traballo.

Contidos actitudinais

Planificación do viveiro.

* Consciencia da importancia da correcta localización do viveiro.

* Valoración da importancia de producir en función da demanda do mercado.

* Consciencia da importancia de elixir as instalacións e os equipos con criterios técnicos e económicos.

* Rigor nos cálculos de necesidades de recursos humanos, materiais e de financiamento.

Reprodución e multiplicación.

* Consciencia da importancia de empregar material vexetal de calidade nos procesos de reprodución e multiplicación.

* Hábito de verificar o estado de funcionamento de máquinas, instalacións e equipos.

* Rigor na organización e na planificación dos traballos.

Labores culturais.

* Rigor na dosificación e na aplicación de auga, fertilizantes, produtos fitosanitarios e herbicidas.

* Constancia na planificación das operacións de mantemento para que se realicen no momento axeitado.

Comercialización das plantas.

* Valoración da importancia de realizar unha axeitada promoción dos produtos.

* Rigor na verificación das operacións de preparación das plantas e no cumprimento das normas de calidade.

* Consciencia da repercusión que as condicións de transporte teñen nos custos e calidade das plantas.

Xestión do persoal.

* Valoración da importancia da formación e da reciclaxe do persoal.

* Consciencia da importancia de asignar as tarefas e funcións segundo os perfís profesionais de cada operario.

* Obxectividade na valoración do persoal ao seu cargo.

Normativa.

* Valoración da importancia de manterse actualizado na normativa específica.

* Hábito de verificar o cumprimento da normativa de seguridade e hixiene no traballo.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 7: relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir as distintas vías e os diferentes sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método adecuado para preparar unha negociación, identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Liderar un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e/ou participar en reunións colaborando activamente ou conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as políticas xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición dos diferentes xeitos e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe na que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflito.

* Elección de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recollida de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Pechamento da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habelencias sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo na que se debe tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación diferenciando o significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación e establecemento de relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación e efectos dos incentivos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases, causas, xeitos de exteriorización e solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións, estilos e fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Características e funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación e desenvolvemento de reunións.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto e principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e políticas salariais.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e a transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito e capacidade para o manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e os destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis adecuada.

Toma de decisións.

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considerara como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos aos que se pertence.

Condución/dirección de equipos de traballo.

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia de que a participación e a colaboración son necesarias para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e as competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.2. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 75 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Establecer os obxectivos do proxecto empresarial agropecuario e analizar as directrices e condicionantes que inciden no seu desenvolvemento.* Analiza os recursos dispoñibles: terra, capital e traballo.

* Analiza e interpreta os condicionantes climáticos, edafolóxicos e do contorno natural en que se desenvolverá o proxecto.

-Analiza os parámetros climatolóxicos.
-Interpreta os estudos edafolóxicos.
-Analiza os parámetros que caracterizan o contorno natural.
* Analiza e interpreta as directrices establecidas polas administracións públicas que inciden na posta en marcha e no desenvolvemento do proxecto.
-Interpreta as directrices técnicas.
-Analiza os incentivos económicos.
* Analiza a comercialización dos produtos obxecto do proxecto, e obtén información sobre mercados, prezos e condicións da distribución.
-Analiza a estrutura comercial do sector.
-Planifica os traballo de campo que se deben realizar para obter os datos precisos.
-Realiza enquisas.
-Avalía os resultados.
* Determina o tipo de produto obxecto do proceso produtivo.

2.Analizar as alternativas para obter os produtos obxecto do proxecto empresarial agropecuario, utilizando de xeito óptimo os recursos dispoñibles.* Establece as alternativas.-Analiza as diferentes técnicas aplicables e os medios tecnolóxicos requiridos para obter o produto agropecuario.-Analiza os rendementos nas actividades de produción e a incidencia na calidade final do produto.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Avalía economicamente as alternativas.
-Calcula os custos das diferentes alternativas.
-Selecciona a alternativa más interesante desde o punto de vista técnico-económico.

3.Definir o proceso produtivo planificando as actividades e tarefas e recursos necesarios.* Define as actividades do proceso.

* Planifica os traballos establecendo a secuencia, os tempos e os medios de produción requiridos.

* Calcula as necesidades de medios humanos, maquinaria, equipos e materiais que cómpren para desenvolver o proceso.
* Determina as necesidades de obras e instalacións requiridas.
* Elabora a documentación técnica que reflicta o proceso: memoria e anexos, planos, gráficos e esquemas.

4.Realizar o estudo económico do proxecto tendo en conta os ingresos previsibles e os investimentos necesarios.* Elabora o orzamento dos investimentos necesarios para o proxecto.

* Calcula os ingresos e os gastos do proceso produtivo.

* Realiza o estudo de viabilidade económica e financeira do proxecto.

5.Elaborar o plan de promoción e venda dos produtos.* Analiza as técnicas de promoción e venda dos produtos para determinar as máis axeitadas.
* Planifica a promoción e a venda dos produtos.

3.4. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar á saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións que se seguirán en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica da Comunidade Autónoma de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade tanto para a empresa como para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de risco nun contexto concreto.

* Determinación das formas de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e ferramentas do taller.

* Determinación dos equipos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e obrigas dos empresarios e traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e as súas actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas e investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Análise e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas ou variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro das economías domésticas e das empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. A empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* A empresa: tipos de modelos organizativos, áreas funcionais e organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais polas que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, así como bens libres de uso cotián, como é o caso da auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración da actuación do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas que se están a constituír coa finalidade fundamental de crear emprego.

3.5. Módulo de formación en centros de traballo.

Duración: 380 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

1.Participar na planificación de procesos produtivos de empresas ou explotacións agropecuarias.* Caracteriza agronomicamente as distintas parcelas da empresa ou explotación.
* Participa na elaboración de rotacións e alternativas de cultivos.
* Participa na elaboración do plan xeral da explotación gandeira.
* Selecciona as especies, variedades ou razas adecuadas para a explotación.
* Analiza as necesidades de infraestruturas.
* Analiza os medios humanos e materiais necesarios para as diferentes actividades da explotación.
* Analiza rendementos de traballo e custos das distintas tarefas da empresa agropecuaria.

2.Participar na organización e supervisión da execución das actividades do proceso produtivo.* Supervisa a posta a punto da maquinaria, das instalacións e dos equipos necesarios.
* Colabora nas operacións de aprovisionamento dos materiais necesarios para as distintas actividades.
* Participa na organización de traballos, distribuíndo o persoal e os medios dispoñibles.
* Valora e contrasta os resultados conseguidos cos esperados e, de ser o caso, a eficacia das medidas correctoras aplicadas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas de referencia

* Identifica as medidas de seguridade asociadas ás diferentes operacións e relaciónaas coa súa finalidade.

3.Colaborar na organización e na realización dos traballos relacionados coa produción agrícola.* Organiza e realiza labores de preparación do solo, sementeira ou plantación, fertilización, rega, protección dos cultivos e colleita de produtos.

4.Colaborar na organización do control e loita contra os inimigos das plantas cultivadas.* Identifica os inimigos das plantas cultivadas.

* Participa na elaboración do plan de control.

* Coloca trampas e realiza o seu seguimento.
* Valora danos producidos polos axentes patóxenos para determinar a necesidade de intervir.
* Realiza as operacións necesarias para aplicar os tratamentos axeitados.
* Analiza e valora a eficacia e o custo do tratamento.

5.Colaborar na organización e na realización dos traballos relacionados coa produción gandeira.* Organiza e realiza operacións de manexo, pastoreo e alimentación do gando.
* Organiza e realiza operacións relacionadas coa reprodución.
* Organiza e realiza operacións de muxidura e refrixeración do leite.
* Organiza e realiza operacións de profilaxe e sanidade animal.

6.Participar no mantemento e na posta a punto da maquinaria, as instalacións e os equipos, así como na avaliación das necesidades de adquisición ou adaptación.* Organiza e realiza operacións de mantemento das máquinas, das instalacións e dos equipos.

* Organiza e realiza operacións de regulación e posta a punto.

* Propón posibles melloras do parque de maquinaria, das instalacións e dos equipos con vistas a aumentar o rendemento técnico e económico da explotación.
* Participa na adaptación das máquinas, as instalacións e os equipos existentes, segundo as necesidades da explotación.

7.Participar na organización dos procesos e na clasificación, manipulación, almacenaxe e comercialización dos produtos da explotación.* Determina a calidade dos produtos obtidos.

* Participa na clasificación e no envasado dos produtos.

* Colabora nas operacións de conservación e almacenaxe dos produtos.
* Participa nas xestións de comercialización.

8.Colaborar na aplicación e no control das medidas de seguridade e hixiene e protección do ambiente.* Respecta e controla o cumprimento da normativa xeral e interna sobre seguridade e hixiene na empresa.
* Verifica o correcto estado dos elementos de protección nos equipos e instalacións.
* Propón melloras nas medidas de seguridade e hixiene.
* Identifica e valora os riscos ambientais derivados da actividade da empresa.
* Colabora na supervisión do tratamento de refugallos e subprodutos da explotación.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión de alumnos e alumnas neste ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

-Ciencias da natureza e da saúde.

-Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno ou da alumna, no que se valorará sucesivamente a nota media e ter cursadas as seguintes materias de bacharelato:

-Ciencias da terra e do ambiente.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de xestión e organización de empresas agropecuarias.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión dunha empresa agrariaProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

2Produción agrícolaProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

3Produción gandeiraProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

4Mecanización e instalacións nunha empresa agrariaOperacións e equipos de produción agrariaProfesor técnico de FP

5FitopatoloxíaProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

6Xestión e organización da produción de plantasOperacións e equipos de produción agrariaProfesor técnico de FP

7Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

8Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

Bioloxía e xeoloxíaProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

Ciencias da terra e do ambienteProcesos de produción agrariaProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Título de licenciado en administración e dirección de empresas; licenciado en ciencias empresariais; licenciado en ciencias actuariais e financeiras; licenciado en economía; licenciado en investigación e técnicas de mercado; diplomado en ciencias empresariais; e diplomado en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para os efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para os efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesorado

Titulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Procesos de produción agraria-Enxeñeiro técnico agrícola, en todas as súas especialidades-Enxeñeiro técnico forestal, en todas as súas especialidades

Formación e orientación laboral-Diplomado en ciencias empresariais-Diplomado en relacións laborais-Diplomado en traballo social-Diplomado en educación social-Diplomado en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de xestión e orga

nización de empresas agropecuarias require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativo

Superficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m25%

Laboratorio de análises90 m60 m20%

Taller agrario150 m120 m15%

Aloxamentos gandeiros (1)750 m750 m15%

Terreo: superficie de cultivos (1)5 ha5 ha25%

(1) Espazo singular non necesariamente situado no centro docente.

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas, por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderanse realizar en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados se deban diferenciar necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Organización e xestión dunha empresa agraria.

* Mecanización e instalacións nunha empresa agraria.

* Fitopatoloxía.

* Xestión e organización da produción de plantas.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Mecanización e instalacións nunha empresa agraria.

* Fitopatoloxía.

* Xestión e organización da produción de plantas.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Enxeñeiro técnico agrícola (todas as especialidades).

* Enxeñeiro técnico forestal (todas as especialidades).

* Enxeñeiro técnico industrial (todas as especialidades).

* Enxeñeiro técnico de obras públicas (todas as especialidades).

* Enxeñeiro técnico en topografía.

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

345Produción agrícola

240Mecanización e instalacións nunha empresa agraria

185Xestión e organización da produción de plantas

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

4º, 5º e 6º trimestre

185Fitopatoloxía

310Produción gandeira

90Organización e xestión dunha empresa agraria

75Proxecto integrado

380Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 80, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.