DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 07 de decembro de 2004 Páx. 16.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2004, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa UTE Sufi, S.A. e Celtaprix, S.L. (limpeza viaria e recolla de RSU de Lalín).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa UTE Sufi, S.A. e Celtaprix, S.L. (limpeza viaria e recolla de RSU de Lalín), con nº de código 3603952, que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 12-8-2004, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o día 24-6-2004, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Disponer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 7 de outubro de 2004.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da UTE de Lalín, composta por Sufi, S.A e Celta Prix, S.L. dunha parte e doutra a do delegado de persoal da UTE de Lalín en Pontevedra, adoptan os seguintes acordos:

Vixencia do convenio.

Este convenio terá unha vixencia de 5 anos, do 1 de xullo de 2004 ao 1 de xullo de 2009, e acórdase

que se denunciará automaticamente na data de vencemento, afectará a todo o persoal que preste servizos na UTE de Lalín

Absorción e compensación.

As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza e a orixe delas.

Os aumentos de retribucións que se poidan producir no futuro por disposicións legais de xeral aplicación, así como por convenios colectivos ou contratos individuais, soamente poderán afectar as condicións pactadas no presente convenio cando, consideradas as novas retribucións en cómputo anual, superen as aquí pactadas; en caso contrario, serán compensadas e absorbidas estas últimas, manténdose o presente convenio nos seus propios termos e na forma e condicións que quedan pactadas.

Vacacións.

Todos os traballadores desfrutarán dun período de vacacións de 30 días naturais, ao longo de todo o ano. Destes, á escolla do traballador, 15 días poderanse desfrutar de forma rotativa nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro.

En todo caso o traballador terá que coñecer con 2 meses de anticipación os seus períodos de desfrute.

Incapacidade temporal.

1. Nos supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa complementará ata o 100% do salario mensual (composto exclusivamente polo salario base mensual e o complemento de penosidade que corresponda a ese período) desde o primeiro día de baixa e en canto dure esta.

2. De igual forma, complementarase ata o 100% do salario mensual (composto exclusivamente polo salario base mensual e o complemento de penosidade que corresponda a ese período) nos casos de hospitalización.

Artigo.-Vestiario.

1. A empresa facilitará cada ano as seguintes pezas:

Condutores:

Inverno:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-1 anorak.

-1 par de botas de seguranza.

-1 chaleco de alta visibilidade.

-2 xerseis.

-2 cazadoras.

-Luvas anticortes.

Verán:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-2 cazadoras.

-1 par de botíns.

-1 chaleco de alta visibilidade.

Peón e peón especializado:

Inverno:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-2 xerseis.

-2 cazadoras.

-1 anorak.

-1 chaleco de alta visibilidade.

-1 traxe de augas.

-1 par de botas de seguranza.

-1 par de botas de auga.

-1 gorra de inverno.

-Luvas anticortes.

Verán:

-2 pantalóns.

-2 camisas.

-2 cazadoras.

-1 par de botas de seguranza.

-Gorra de verán.

-1 chaleco de alta visibilidade.

2. A roupa de traballo entregarase:

-A roupa de verán: do 1 ao 15 de maio.

-A roupa de inverno: do 15 ao 30 de setembro.

3. Cando, realizando o traballo, a roupa rache ou quede inservible, a empresa trocaraa por outra nova, entregando previamente a deteriorada.

Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria que debe interpretar este convenio estará composta polo delegado de persoal e polo representante da empresa; ás reunións da comisión poderá asistir un asesor por cada unha das partes.

A esta comisión correspóndelle a vixilancia e interpretación do convenio.

Reuniranse por instancia dunha das partes, cantas veces sexa necesario, debendo celebrar a reunión dentro das 48 horas seguintes á convocatoria, e correndo a cargo do convocante as horas empregadas para o efecto.

Xornada laboral.

A xornada semanal será de corenta horas de luns a domingo. Descansarase 1 día á semana de forma rotativa.

Póliza de seguros.

Para todos os traballadores a empresa contratará unha póliza de seguro individual ou colectiva que cubra en caso de morte ou invalidez derivada de accidente laboral, por unha contía de 12.000 A.

Licenzas retribuídas.

17 días en caso de matrimonio.

1 día en caso de matrimonio de fillos.

3 días en caso de nacemento de fillo

3 días en caso de enfermidade grave ou morte de familiares ata o segundo grao, por consanguinidade ou afinidade.

4 días cando os dous motivos anteriores necesiten realizar desprazamento.

1 día por traslado do domicilio habitual.

1 día por asuntos propios. A solicitude deberase comunicar por escrito cunha anticipación mínima de 72 horas ata o desfrute. Non poderán solicitar este permiso á vez máis do 10% dos traballadores de cada categoría e quenda. Así mesmo, este permiso non se poderá desfrutar unido a festas (pontes), períodos de Nadal, Semana Santa ou vacacións.

Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

San Martiño de Porres.

O día de San Martiño de Porres, 3 de novembro, será considerado festivo. Cando este día coincida en domingo ou festivo, a súa celebración adiantarase ou atrasarase ata o día laborable anterior ou posterior, sempre que tales días non sexan tamén festivos.

Festivos traballados.

Cada festivo traballado será compensado en tempo equivalente de descanso.

Incrementos salariais.

Durante a vixencia do presente convenio, os salarios serán os sinalados nas táboas que se anexan.

Pagamento de salarios.

Os salarios aboaranse o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou en sábado efectuarase o día anterior. A entrega da nómina efectuarase nos 15 días seguintes ao pagamento.

Antigüidade.

Calquera complemento de antigüidade que se devengase con anterioridade á entrada en vigor deste convenio queda automaticamente extinguido ou compensado nel.

Non obstante o anterior, se no futuro o convenio xeral do sector de limpeza pública viaria, dispuxer algunha cantidade ou porcentaxe para este complemento, este será de aplicación, se así procedese, de acordo cos termos previstos no segundo parágrafo do artigo segundo do presente acordo.

Adicional única.

No non previsto neste convenio aplicarase o estipulado nos ámbitos superiores, convenio xeral de sector e Estatuto dos traballadores, ben como calquera outro que resultar de aplicación.

En representación de

O delegado de persoal:

Miguel A. Hermida Surribas.

Pola UTE Lalín Sufi, S.A. Celta Prix S.L.:

José Ramón Irimia Seijas.

Pola UGT:

José Canal Iglesias.

Daniel Serrano Clamagirand.

Táboas salariais UTE Lalín ano 2004

2004Sal base*Complemento

penosidade*

Vacacións**Pagas

extras***

Total ano

Condutor624,61 A156,15 A1.093,07 A624,61 A10.930,68 A

Peón

especialista

581,85 A145,46 A1.018,23 A581,85 A10.182,34 A

Peón553,03 A138,26 A967,80 A553,03 A9.677,97 A

*Cantidade que será aboada en 11 mensualidades.

**Cantidade que se aboará no mes de vacacións.

***A cantidade de cada unha das pagas extra aboarase rateada en 11 mensualidades.

-A táboa salarial de 2004 será de aplicación desde a entrada en vigor do presente convenio, polo que non se devengarán atrasos.

-Desde o 1 de xaneiro de 2005 as cantidades de salario expostas na táboa anterior incrementaranse co IPC previsto dese exercicio máis as cantidades que seguen:

200 A aos peóns.

121 A aos condutores.

100 A aos peóns especialistas.

-Desde o 1 de xaneiro de 2006 as cantidades de salario base expostas na táboa anterior incrementaranse co IPC real dese exercicio máis as cantidades que seguen:

200 A aos peóns.

121 A aos condutores.

100 A aos peóns especialistas.

-Desde o 1 de xaneiro de 2007 as cantidades de salario base expostas na táboa anterior incrementaranse no IPC real correspondente a ese exercicio máis 0,5 puntos.

-Desde o 1 de xaneiro de 2008 as cantidades de salario base expostas na táboa anterior incrementaranse no IPC real correspondente a ese exercicio máis 0,5 puntos.

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL