DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 07 de decembro de 2004 Páx. 16.758

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2004, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio da pel e o calzado de Lugo.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio da pel e do calzado de Lugo (código 2700165), da provincia de Lugo, asinado o día 17 de agosto de 2004, pola representación da Asociación Empresarial de Comercio da Pel e Calzado da provincia de Lugo e das centrais sindicais UGT (66,7%),

CC.OO. (33,3%) e de conformidade co disposto no artigo 90 números 2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primero.-Ordenar a inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remitir o texto do citado convenio á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 3 de setembro de 2004.

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo

Texto articulado do convenio colectivo provincial

do comercio da pel e do calzado de Lugo

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo obrigan a totalidade das empresas e traballadores dedicados ao comercio da pel e do calzado.

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

Afecta a Lugo e á súa provincia, polo que quedan incluídas dentro destas normas deste convenio as empresas ou sucursais domiciliadas en calquera punto de Lugo e provincia.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

Este convenio colectivo entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 2003 para todos os efectos, salvo os que expresamente se renuncien, con independencia da data da súa publicación no BOP de Lugo, rematando a súa vixencia o 31 de decembro de 2005.

Artigo 4º.-Denuncia.

Cunha antelación mínima de 30 días á data de remate do convenio, deberá ser este denunciado polas partes. A ausencia de denuncia deste convenio significará en todo caso a súa prórroga por un ano, en iguais termos, salvo no referente á táboa salarial.

Artigo 5º.-Interpretación do convenio.

Créase unha comisión mixta paritaria entre as partes asinantes deste convenio. O citado órgano, integrado por tres representantes da asociación empresarial asinante e tres pola parte sindical (dous representantes da central sindical UGT, e un da central sindical CC.OO.), cumprirá as funcións de aplicación do pactado, así como do seu seguimento. En caso de non se chegar a un acordo nesta comisión, ambas as partes sométense á competencia do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) e xurisdición competente.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Todas as melloras contidas neste convenio teñen carácter de mínimas dentro das condicións pactadas. Respectaranse as situacións que impliquen para o traballador condicións máis beneficiosas cás aquí convidas, manténdose as ad personam, en canto excedan das pactadas no cómputo anual.

Artigo 7º.-Ingreso e período de proba.

Poderán concertarse, entre empresa e traballador, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados, nin de tres meses para os demais traballadores, excepto para os non cualificados; neste caso a duración máxima será de quince días laborais. No caso de concertarse o período de proba establecido neste artigo, tanto o empresario coma o traballador están respec

tivamente obrigados a realizar as experiencias que constitúan o obxecto da proba.

Artigo 8º.-Retribucións.

Xúntanse como anexo I deste convenio a táboa salarial revisada do ano 2002, que servirá de base para a aplicación do incremento salarial pactado para o ano 2003.

Incremento salarial: os salarios pactados neste convenio para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2003 ata o 31 de decembro de 2003 figuran na táboa de salarios xunta como anexo II, que supón un incremento do 2,7% sobre a táboa de salarios do ano 2002 revisada.

Así mesmo, figura anexa a este convenio, como anexo III, a táboa de salarios para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 2004 e o 31 de decembro de 2004, que supón un incremento do IPC previsto polo Goberno para 2004 -2%- máis 1 punto sobre a táboa de salarios do ano 2003.

Para o período que vai desde o 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2005 os salarios do convenio incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para o ano 2005 máis 0,75.

Cláusula de revisión: para o segundo ano de vixencia do convenio, isto é, para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2004 ata o 31 de decembro de 2004, establécese unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2004 supere o IPC previsto polo Goberno para este ano máis un 0,5. Neste caso farase unha revisión no exceso que se producirá con efectos desde o 1 de xaneiro de 2004.

Da mesma forma, para o terceiro ano de vixencia do convenio, isto é, para o período que vai desde o 1 de xaneiro de 2005 ata o 31 de decembro de 2005, establécese unha cláusula de revisión salarial para o caso de que o IPC real estatal a 31 de decembro de 2005 supere o IPC previsto polo Goberno para o mesmo período, no exceso da indicada cifra e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2005.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

As empresas afectadas por este convenio, aboarán aos seus traballadores unha paga igual a unha mensualidade, incluída a antigüidade, nas datas seguintes: 22 de decembro, 25 de xullo e 22 de marzo.

Artigo 10º.-Aumentos periódicos por tempo de traballo.

Ao persoal comprendido neste convenio seranlle aboados, desde a súa entrada na empresa, cuadrienios nunha porcentaxe do 6% do salario base.

Artigo 11º.-Vacacións.

O período de vacacións establécese en 30 días naturais.

Artigo 12º.-Sobresoldo de transporte e vestiario.

Na táboa salarial revisada do ano 2002, que se xunta como anexo I, figura o importe do sobresoldo de transporte e vestiario para o ano 2002, unha vez revisado,

importe que servirá de base para o cálculo do sobresoldo de transporte e vestiario para o ano 2003.

Na táboa salarial do ano 2003, que se xunta como anexo II, figura o importe do sobresoldo de transporte e vestiario para este período, resultado de aplicar os mesmos incrementos que para este período sofre o salario base do convenio.

Na táboa salarial do ano 2004, que se xunta como anexo III, figura o importe do sobresoldo de transporte e vestiario para este período, resultado de aplicar os mesmos incrementos que para este período sofre o salario base do convenio.

Para o ano 2005 o sobresoldo de transporte e vestiario sufrirá os mesmos incrementos que o salario base do convenio para o ano 2005.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas que teñen establecido usar roupa ou uniformes (o seu persoal) adecuado a cada tarefa, deberán entregar dous cada ano, ou un cada seis meses.

Artigo 14º.-Xubilación.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ambas as dúas partes, xubilacións anticipadas aos 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituír os traballadores simultaneamente ao seu cesamento por xubilación por outros traballadores, nas condicións previstas no citado real decreto.

As empresas e os traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ambas as dúas partes, xubilacións parciais aos 62 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1991/1984, do 31 de outubro, debendo as empresas substituír a xornada reducida simultaneamente á xubilación parcial, por outros traballadores contratados a tempo parcial, nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 15º.-Xornada laboral.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo.

A regulación legal en materia de apertura de establecementos comerciais e liberdade horaria non suporá modificación da xornada máxima de traballo prevista no convenio, tendo que respectarse en todo caso os descansos mínimos previstos na normativa laboral.

Artigo 16º.-Póliza de seguros.

As empresas estarán obrigadas a concertar, con primas íntegras ao seu cargo, unha póliza de seguros que cubra nos casos de accidente laboral con resultado de morte e de invalidez permanente, total ou absoluta por importe de 15.025,30 euros.

Con efectos do 1 de xaneiro de 2005 a cobertura que ten que ter a póliza de seguros sinalada no parágrafo anterior será de 18.000 euros.

Para os efectos deste artigo, a cualificación de accidente de traballo e o grao de invalidez será a que fixen os órganos administrativo ou, se é o caso, xurisdicionais competentes.

As indemnizacións que sexan percibidas polos traballadores con cargo á póliza que se regula neste artigo, consideraranse entregadas á conta das indemnizacións que, se é o caso, puidesen declarar con cargo á empresa os tribunais de xustiza, compensándose ata onde aqueles alcancen.

Artigo 17º.-Axudas de custo e quilometraxe.

As axudas de custo para o persoal que, en razón dos métodos de organización da empresa, deba efectuar saídas fóra do municipio no que radique o centro de traballo, quedan establecidas, na seguinte forma:

-Media axuda de custo: 10 euros.

-Axuda de custo completa: 19 euros.

O traballador que por necesidade do servizo teña que desprazarse fóra do lugar onde radique o seu centro de traballo empregando o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 0,17 euros/quilómetro.

Artigo 18º.-IT.

As empresas completarán as prestacións con cargo á Seguridade Social, ata o 100% do salario do convenio, nos casos e coa duración que se indica a seguir:

a) No suposto de que a situación de IT sexa a consecuencia de accidente de traballo, o complemento aboarase mentres dure a situación de IT.

b) No suposto de IT derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase cando se produza hospitalización do traballador e mentres dure esta, calquera que sexa o momento en que se produza a hospitalización ao longo da baixa.

c) Da mesma forma, no suposto de IT derivada de enfermidade común e accidente non laboral, o complemento aboarase cando transcorresen 90 días desde a baixa.

Artigo 19º.-Modalidades de contratación.

O contrato de duración determinada, regulado no artigo 15.1º b) do Real decreto legislativo 1/1995, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Estatuto dos traballadores, poderá ter unha duración máxima de doce meses dentro dun período de dezaoito meses.

Artigo 20º.-Licenzas retribuídas.

O traballador poderá ausentarse do traballo, logo de aviso e xustificación, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

1) No caso de falecemento de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

2) No caso de accidente ou enfermidade grave, debidamente acreditada, de parentes de primeiro e segundo grao de consanguinidade ou afinidade: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

3) No caso de hospitalización de parentes de primeiro e segundo grao: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

4) No caso de matrimonio do traballador: quince días naturais.

5) No caso de nacemento de fillo: dous días. Cando o traballador precise desprazarse para atender estas circunstancias, o prazo será de catro días.

6) No caso de traslado de domicilio habitual: un día.

7) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, incluído o exercicio do sufraxio activo.

8) Polo tempo indispensable para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación do parto que deban realizarse dentro da xornada de traballo.

9) Os traballadores, por lactación dun fillo menor de nove meses, xa sexa por nacemento ou adopción, teñen dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poden dividir en dúas fraccións ou a unha redución da súa xornada en media hora coa mesma finalidade.

10) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

11) Polo tempo necesario para a asistencia a consulta do médico de cabeceira da Seguridade Social, coincidindo o horario de consulta co do traballo.

12) Polo tempo necesario para a asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de consulta co do traballo, se prescriba a consulta polo facultativo de medicina xeral.

13) Polo tempo necesario para o acompañamento de fillos menores de 6 anos a consulta de facultativo da Seguridade Social.

14) Un día ao ano de asuntos propios que non será acumulable a vacacións e festivos.

En todo caso, o traballador terá dereito a aquelas outras licenzas que resulten de aplicación en función do disposto na normativa laboral vixente.

Artigo 21º.-Parellas de feito.

As referencias feitas neste convenio ao cónxuxe entenderanse feitas ao compañeiro ou compañeira que, en situación estable e acreditada no rexistro correspondente, conviva co traballador ou traballadora.

Artigo 22º.-Excedencias.

Sen prexuízo do regulado ao respecto no vixente Estatuto dos traballadores establécense, para o ámbito de aplicación deste convenio, as seguintes previsión en materia de excedencias:

a) Excedencia voluntaria. O traballador cunha antigüidade na empresa dun ano ou máis, terá dereito a se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período mínimo dun ano e máximo de cinco.

Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorresen catro anos desde o fin da anterior excedencia.

b) Excedencia por coidado de familiares. O traballador terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia por tempo non superior a tres anos para atender o coidado dun fillo, tanto cando sexa por natureza como por adopción, e nos supostos de acollimento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data do nacemento ou, se é o caso, desde a data da resolución xudicial ou administrativa.

Así mesmo, o persoal terá dereito a un período de excedencia non superior a un ano para atender o coidado dun familiar ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade que, por razóns de idade, accidente, discapacidade ou enfermidade, non se poida valer por si mesmo e non desempeñe actividade retribuída.

Durante o primeiro ano de excedencia por coidado de familiares, o traballador terá dereito á reserva do seu posto de traballo e durante o resto de tempo de excedencia terá dereito á reserva dun posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente. En todo caso todo o período de excedencia por coidado de familiares será computable para os efectos de antigüidade.

c) Cuestións comúns. Durante os períodos de excedencia o traballador non poderá realizar ningunha actividade que supoña concorrencia ou competencia coa empresa.

Nos casos de que un traballador queira facer uso do seu dereito á excedencia, terá que solicitalo á empresa cunha antelación mínima de tres meses á data en que pretenda pasar a situación de excedencia, salvo nos casos fortuítos que non se puidesen prever con antelación, nos cales o prazo de aviso previo se reducirá a 15 días.

Artigo 23º.-Prevención de riscos laborais.

De conformidade co disposto na Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais, os traballadores e traballadoras teñen dereito a unha protección eficaz en materia de seguridade e saúde no traballo. O citado dereito supón a existencia dun correlativo deber da empresa na protección dos traballadores ao seu servizo fronte aos riscos laborais.

Disposición adicional

Única.-Aboamento de atrasos.

Os atrasos aos que haxa lugar como consecuencia da publicación deste convenio, terán que ser aboados aos traballadores no prazo de dous meses contado desde a súa publicación no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia.

Da mesma forma os atrasos aos que haxa lugar ao longo da vixencia deste convenio, por aplicación do incremento salarial ou cláusula de revisión, terán que ser aboados aos traballadores no prazo de dous meses contado desde a publicación no BOP de Lugo ou Diario Oficial de Galicia das táboas salariais correspondentes.

ANEXO I

Revisión 2002

Táboa salarial do convenio comercio da pel

e do calzado de Lugo

Vixencia: 1-1-2002 ao 31-12-2002

Categoría profesionalSoldo

mensual

P. transp.

e vestia.

Retribución

anual

-Persoal mercantil técnico non titulado
Xefe de persoal866,4150,3513.550,00
Xefe de compras866,4150,3513.550,00
Encargado xeral866,4150,3513.550,00
Xefe de almacén743,0450,3511.699,45

-Persoal mercantil propiamente dito
Viaxante647,3750,3510.264,40
Corredor de praza647,3750,3510.264,40
Dependente611,5850,359.727,55
Dependente maior672,7450,3510.644,95
Axudante (menor de 22 anos)557,1650,358.911,25

-Persoal administrativo
Contable647,3750,3510.264,40
Oficial administrativo611,5850,359.727,55
Auxiliar administrativo557,1650,358.911,25
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos463,3250,357.503,65
Auxiliar de caixa557,1650,358.911,25

-Persoal de servizos e actividades auxiliares
Mozo557,1650,358.911,25

ANEXO II

Revisión 2003

Vixencia: 1-1-2003 ao 31-12-2003

Categoría profesionalSoldo

mensual

P. transp.

e vestia.

Retribución

anual

-Persoal mercantil técnico non titulado
Xefe de persoal889,8051,7113.915,81
Xefe de compras889,8051,7113.915,81
Encargado xeral889,8051,7113.915,81
Xefe de almacén763,1051,7112.015,31

-Persoal mercantil propiamente dito
Viaxante664,8551,7110.541,56
Corredor de praza664,8551,7110.541,56
Dependente628,0951,719.990,16
Dependente maior690,9051,7110.932,31
Axudante (menor de 22 anos)572,2051,719.151,81

-Persoal administrativo
Contable664,8551,7110.541,56
Oficial administrativo628,0951,719.990,16
Auxiliar administrativo572,2051,719.151,81
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos475,8351,717.706,26
Auxiliar de caixa572,2051,719.151,81

-Persoal de servizos e actividades auxiliares
Mozo572,2051,719.151,81

ANEXO III

Revisión 2004

Vixencia: 1-1-2004 ao 31-12-2004

Categoría profesionalSoldo

mensual

P. transp.

e vestia.

Retribución

anual

-Persoal mercantil técnico non titulado
Xefe de persoal916,4953,2614.333,21
Xefe de compras916,4953,2614.333,21
Encargado xeral916,4953,2614.333,21
Xefe de almacén785,9953,2612.375,71

Categoría profesionalSoldo

mensual

P. transp.

e vestia.

Retribución

anual

-Persoal mercantil propiamente dito
Viaxante684,8053,2610.857,86
Corredor de praza684,8053,2610.857,86
Dependente646,9353,2610.289,81
Dependente maior711,6353,2611.260,31
Axudante (menor de 22 anos)589,3753,269.426,41

-Persoal administrativo
Contable684,8053,2610.857,86
Oficial administrativo646,9353,2610.289,81
Auxiliar administrativo589,3753,269.426,41
Auxiliar de caixa de 16 a 18 anos490,8053,267.947,86
Auxiliar de caixa589,3753,269.426,41

-Persoal de servizos e actividades auxiliares
Mozo589,3753,269.426,41