DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 07 de decembro de 2004 Páx. 16.745

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 26 de novembro de 2004 de subvencións ás entidades de promoción do Camiño de Santiago para o ano 2005.

O Camiño de Santiago constitúe o berce dunha identidade cultural europea común, e así foi recoñecido polo Consello de Europa, a Unión Europea e a Unesco.

Na actualidade ten a condición de gran Itinerario Cultural Europeo, e a súa proxección como auténtico símbolo de encontro entre pobos e culturas fíxoo acredor do Premio Príncipe de Asturias da Concordia 2004.

A importancia de tales recoñecementos, así como o constante fluír de peregrinos, que lonxe de diminuír observou nos últimos anos un auxe crecente, levaron a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo a desenvolver unha normartiva propia arredor do Camiño de Santiago.

Así a través do Decreto 224/1994, do 2 de xuño, créase o Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, co fin de realizar actuacións conxuntas, facilitando a recíproca información entre as diferentes entidades vinculadas ao Camiño.

Por Decreto 45/2001, do 1 de febreiro, de refundición normativa en materia do Camiño de Santiago, derrógase o Decreto 224/1994, do 2 de xuño, regulándose no capítulo IV o Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

No artigo 24 do Decreto 45/2001 establécese que as entidades inscritas poderán solicitar as subven

cións que regulamentariamente se determinen. Con base niso, a Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, no uso das competencias conferidas polo Decreto 8/1998, do 8 de xaneiro, que regula o desenvolvemento da estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, considera necesaria a concesión de axudas ás entidades que realicen actividades de difusión, investigación ou promoción dos Camiños de Santiago.

Co obxecto de que as entidades ás que se dirixe esta orde poidan dispor do maior tempo posible para o desenvolvemento das súas actividades, cómpre acudir á tramitación anticipada de expedientes de gasto, regulada na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

Para tal fin,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto e contía máxima.

Esta disposición ten por obxecto promocionar e incentivar, mediante a concesión de subvencións a fondo perdido, as entidades que realicen actividades de difusión, investigación, promoción ou calquera outra que repercuta directa ou indirectamente nos Camiños de Santiago en Galicia.

As actuacións destas entidades poderán ser subvencionadas coa cantidade máxima de 6.000 euros (seis mil euros) por beneficiario, para actividades de difusión escrita, investigación, infraestruturas no

camiño, xornadas, seminarios, etc., referidas a calquera dos Camiños de Santiago oficialmente recoñecidos polas comunidades autónomas afectadas, e ata a finalización do crédito orzamentario previsto para o efecto. Non serán obxecto de subvención os gastos de mantemento, funcionamento ou loxística da entidade peticionaria. Tampouco se subvencionarán viaxes de peregrinación, romarías, etc.

Artigo 2º.-Importe orzado.

O importe total do crédito destinado para esta convocatoria é de douscentos mil euros (200.000 euros) e farase con cargo á aplicación orzamentaria 10.01.353-D.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005. En todo caso, o gasto proxectado, que é compatible con outras posibles axudas, subvencións, ingresos ou recursos, suxeitarase á existencia de crédito adecuado e suficiente para tal fin nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005, e ao disposto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, modificada polas ordes do 27 de novembro de 2000 e 25 de outubro de 2001.

No caso de resultar remanentes do orzamento por non realizarse a totalidade das actividades subvencionadas, o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá destinar as ditas cantidades a outras actividades que se considere axeitadas para a promoción do Camiño de Santiago.

Artigo 3º.- Beneficiarios.

Poderán solicitar as subvencións as asociacións, fundacións e institucións que cumpran os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

b) Presentar un proxecto detallado das actividades descritas no artigo 1º.

Artigo 4º.- Solicitudes.

Os interesados enviarán as súas solicitudes, no modelo oficial que figura ao final desta orde, á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, edificio administrativo San Caetano, bloque 3, 15704, Santiago de Compostela. Tamén poderán presentar as mesmas nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, todo isto de acordo co disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. En consecuencia, non serán admitidas solicitudes enviadas a través de fax, teléfono ou calquera dos medios que non figuren no artigo citado.

A instancia deberá ir acompañada da seguinte documentación:

a) Número de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

b) Proposta das actividades que solicitan ser subvencionadas e polas que poidan presentar factura a data 30 de setembro de 2005, orzamento detallado

das citadas actividades, así como unha breve memoria delas e as súas datas de realización.

c) Fotocopia da tarxeta do CIF, ou documento equivalente no caso de entidades estranxeiras.

d) Breve relación das actividades realizadas durante o ano anterior (máximo 6 páxinas).

e) Declaración xurada de ter ou non solicitado axudas para a mesma finalidade de calquera outra Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional, e de ser o caso, contías solicitadas.

No suposto de que, en calquera momento posterior á presentación da anterior instancia, soliciten os interesados as axudas ás que se refire a letra e) deste artigo, será obrigatorio poñelo en coñecemento dos servizos técnicos da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, dando conta da axuda solicitada, contía e Administración ou ente público ou privado ao que se dirixe.

Artigo 5º.-Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 28 de febreiro de 2005.

Artigo 6º.- Tramitación.

As solicitudes serán tramitadas polos servizos técnicos da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, con suxeición ao disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 7º.-Comisión de valoración.

Unha comisión de valoración creada para o efecto, examinará e cualificará as solicitudes presentadas tendo en conta os seguintes criterios en orde decrecente:

1. A repercusión local, nacional ou internacional da actividade.

2. A contía total de achegas económicas ao proxecto, tanto as obxecto de subvención, como as achegas dos solicitantes.

A comisión estará integrada por un presidente, tres vogais e un secretario.

-O presidente será o secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

-Serán vogais o director xeral de Patrimonio Cultural, o director xeral de Promoción Cultural, e o xerente de Promoción do Camiño de Santiago.

-Actuará como secretario un técnico da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago nomeado polo xerente.

Artigo 8º.-Resolución.

O prazo máximo de resolución previsto neste procedemento será de seis meses a contar desde o día seguinte ao derradeiro día para a presentación das solicitudes.

A comisión elevará a súa proposta motivada ao conselleiro, que resolverá a convocatoria. A resolución notificaráselles aos interesados segundo o establecido no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.

Artigo 9º.-Prazo de aceptación.

Os beneficiarios deberán confirmar a súa aceptación da subvención no prazo de 5 días desde a recepción da notificación da concesión da subvención, mediante escrito dirixido á Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, comprometéndose a executar o proxecto ou actividade subvencionada no prazo establecido e nas condicións fixadas na resolución.

Se transcorrido o anterior prazo, non se confirmase a aceptación, entenderase que se renuncia á subvención e procederase, sen máis trámite, ao arquivo do expediente.

Artigo 10º.- Denegación da subvención.

O incumprimento dos requisitos exixidos pola orde de convocatoria será causa de denegación da subvención.

En calquera caso, a denegación da subvención será expresa e motivada e os interesados poderán interpoñer potestativamente contra a resolución denegatoria recurso de reposición no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data perante a orde xurisdicional contencioso-administrativa.

Artigo 11º.- Realización das actividades.

As actividades subvencionadas levaranse a cabo con estrita conformidade coa proposta recollida no artigo 4º desta orde e na súa realización deberase deixar constancia de que se trata de actividades subvencionadas pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, e no caso de actividades que comporten difusión escrita, deberá ir en lugar e tamaño destacado o logotipo da Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, e o anagrama do Xacobeo.

Artigo 12º.-Seguimento.

O conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo velará para que as actividades obxecto da subvención se realicen de conformidade co disposto no artigo anterior, podendo tomar as medidas que estime oportunas ao respecto.

En calquera caso, os beneficiarios deberán facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das funcións de fiscalización e control do destino das axudas.

Artigo 13º.-Documentación xustificativa do pagamento.

A subvención farase efectiva sempre que a data 30 de setembro de 2005 se tivese executada na súa totalidade a actividade especificada na solicitude a que se refire o artigo 4º, e se tivese entregada completa a documentación que a seguir se relaciona:

a) Informe acreditativo de terse completado o obxecto da subvención xunto coas fotografías, notas de prensa e demais material que dá testemuña suficiente do seu cumprimento.

b) Facturas orixinais ou, se é o caso, fotocopias compulsadas, dos gastos realizados para o cumprimento da actividade subvencionada.

c) Certificación bancaria actualizada orixinal e acreditativa de que a conta sinalada corresponde á entidade.

d) Certificación actualizada da entidade de ter ou non recibido axudas para a mesma finalidade de calquera outra Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional e, se é o caso, contías solicitadas.

Así mesmo, e sen prexuízo do anterior, no momento da xustificación da execución total do proxecto e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, o beneficiario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo proxecto subvencionado das distintas administracións públicas ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 14º.-Perda da subvención.

Procederase ao reintegro total ou parcial e á exixencia dos xuros de mora, de conformidade co Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido la Lei de réxime orzamentario e financeiro de Galicia, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos nas bases regulamentadoras para a súa concesión.

c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Obtención de subvencións ou axudas doutras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, de xeito tal que exceda o custo da actividade desenvolvida.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2004.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación

Social e Turismo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL