DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 07 de decembro de 2004 Páx. 16.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 2 de decembro de 2004 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á implantación e mellora dos sistemas de trazabilidade en entidades asociativas do sector hortofrutícola e se convocan as do período 2004-2005.

A implantación de sistemas de trazabilidade é unha necesidade que nos últimos anos está exixindo o mer-

cado como sistema para poder facer un seguimento e localización dos produtos en toda a cadea comercial. Estas exixencias poden supor un incremento dos custos que teñen que soportar as entidades comercializadoras, e en determinados casos é necesario afrontar unha serie de investimentos para poder cumprir con estas exixencias.

Debido a isto publicouse a Orde APA/3649/2004, do 4 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria 2004-2005 para a concesión de axudas destinadas á implantación e mellora dos sistemas de trazabilidade en determinadas entidades asociativas do sector hortofrutícola.

Nesta orde, establécense os distintos aspectos destas axudas relativos do seu obxecto, beneficiarios, conceptos subvencionables e sistema de xestión, sinalándose que a tramitación das axudas corresponderalles ás comunidades autónomas no caso de cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación que non teñan a cualificación de organización ou agrupación de produtores así como no caso de organizacións ou agrupacións de produtores recoñecidas polas comunidades autónomas.

É necesario, polo tanto, establecer o procedemento para que estas entidades poidan acceder ás referidas axudas.

Por todo isto o obxecto desta orde é establecer o procedemento de solicitude e xestión das axudas para a realización dos investimentos previstos na orde citada para as cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación que non teñan a cualificación de organización ou agrupación de produtores así como para as organizacións ou agrupacións de produtores recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia

Ao abeiro do disposto no Decreto 50/2002, do 14 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, correspóndelle á Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria a xestión destas axudas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Polo tanto, de acordo co disposto no artigo 30.I.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 1/1983, do 22 de xaneiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, así como o Decreto 50/2002, do 14 de febreiro

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

O obxecto desta orde é establecer o procedemento para a xestión das axudas destinadas ás cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación que non teñan a cualificación de organización ou agrupación de produtores así como para as organizacións ou agrupacións de produtores recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, previstas na Orde APA/3649/2004, do 4 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria 2004-2005 para a concesión de axudas destinadas á implantación e mellora dos sistemas de trazabilidade en determinadas entidades asociativas do sector hortofrutícola.

Artigo 2º.-Beneficiarios.

1. Poderán beneficiarse das axudas reguladas nesta orde, e sempre que estean recoñecidas pola Comunidade Autónoma de Galicia, as organizacións e agrupacións de produtores de froitas e hortalizas, de plátanos e de patacas, recoñecidas de conformidade co Regulamento (CE) nº 2200/1996, do Consello, do 28 de outubro, polo que se establece a organización común de mercados no sector de froitas e hortalizas, o Regulamento (CE) nº 404/1993, do Consello, do 13 de febreiro, polo que se establece a organización común de mercados no sector do plátano, o Regulamento (CEE) nº 1360/1978, do Consello, do 19 de xuño, relativo ás agrupacións de produtores e as súas asociacións, o Regulamento (CE) nº 952/1997, do Consello, do 20 maio, relativo ás agrupacións de produtores e as súas unións, o Real decreto 617/1998, do 17 de abril, polo que se establecen medidas de apoio ás agrupacións de produtores de pataca de consumo, non destinada á industria feculeira e o Real decreto 970/2002, do 24 de setembro,

polos que se regula o recoñecemento das agrupacións de produtores de patacas de consumo, non destinadas á industria feculeira e se establecen diversas medidas de apoio ás mesmas.

Tamén poderán ser beneficiarias destas axudas as cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación dos sectores de froitas e hortalizas, plátanos e patacas de consumo, non destinadas á industria feculeira, non recoñecidas como organizacións nin agrupacións de produtores.

2. Para que ás entidades citadas no apartado 1 deste artigo se lles poidan conceder as axudas establecidas por esta orde, terán que acreditar a súa viabilidade económica e o cumprimento das normas mínimas en materia de ambiente, e hixiene, de conformidade co previsto no artigo 4.2º do Real decreto 117/2001, do 9 de febreiro, polo que se establece a normativa básica de fomento dos investimentos para a mellora das condicións de transformación e comercialización dos produtos agrarios, silvícolas e da alimentación.

Artigo 3º.-Características das axudas.

De conformidade co sinalado nos artigos 4, 5 e 6 da Orde APA/3649/2004, establécense as seguintes liñas de axuda:

I. Axudas á asistencia técnica.

As actuacións subvencionables, destinadas á asistencia técnica para o desenvolvemento e posta en funcionamento de sistemas de trazabilidade, poderán ser:

a) Contratación dunha empresa externa para o deseño, programación e posta en marcha das actuacións a desenvolver no campo, necesarias para a implementación de sistemas de trazabilidade.

b) Contratación dunha consultoría externa para o deseño e posta en marcha de sistemas de trazabilidade, incluídas as xornadas de estudo da situación de partida, xornadas de desenvolvemento do proxecto de implantación de sistemas de trazabilidade, formación do persoal, instalación de software e adaptación dos sistemas informáticos ás necesidades específicas da entidade beneficiaria.

As axudas a que se refire este artigo estarán suxeitas aos seguintes límites:

a) O importe das axudas concedidas en virtude do apartado a) será, como máximo, o 12 por cen do custo dos investimentos subvencionados en virtude da liña de axuda II deste artigo.

b) O importe das axudas concedidas en virtude do apartado b) poderá alcanzar ata o 100 por cen do custo e será, como máximo, de 60.000 euros por beneficiario no período comprendido entre os anos 2004 e 2006.

II. Axudas ao investimento para informatización e automatización de sistemas de rexistro e transmisión de datos de trazabilidade.

As actuacións subvencionables destinadas á informatización ou mellora dos sistemas de rexistro e transmisión de datos de trazabilidade poderán ser:

a) A adquisición ou desenvolvemento de programas informáticos específicos para a implantación e informatización de sistemas de trazabilidade.

b) Adquisición e instalación de equipos de rexistro e transmisión automática de datos, entre outros, ordenadores de control dos sistemas de trazabilidade, impresoras de etiquetas de códigos de barras, aplicadores automáticos de etiquetas de código de barras, lectores láser de códigos de barras, sistemas de transmisión de datos por radio frecuencia.

c) Elaboración de páxinas web para acceso aos datos de trazabilidade a través da internet e/ou instalación de sistemas de intercambio electrónico de datos que permitan a transmisión rápida e fiable dos datos de trazabilidade entre a entidade beneficiaria e outros interlocutores comerciais.

As axudas a que se refire este artigo serán sufragadas ata un máximo do 40 por cen do custo do investimento subvencionable.

III. Axudas para a certificación dos sistemas de trazabilidade implantados.

As actuacións subvencionables destinadas á certificación dos sistemas de trazabilidade serán a contratación de empresas certificadoras acreditadas segundo a norma EN-45011, con alcance hortofrutícola, non sendo subvencionables, en ningún caso, os custos de auditorías posteriores a súa obtención, destinadas ao control e mantemento da certificación.

As axudas a que se refire este artigo serán sufragadas ata un máximo do 100 por cen do custo da certificación e de 2.500 euros por entidade beneficiaria no período comprendido entre 2004 e 2006.

Artigo 4º.-Límite das axudas por entidade beneficiaria.

A contía individualizada das axudas será igual á solicitada e xustificada pola entidade beneficiaria, dentro dos límites establecidos no artigo 3º, sen que, en ningún caso, poida exceder das seguintes canti

dades, determinadas en función do valor da produción comercializada por cada entidade:

Valor da produción comercializada (VPC)

en millóns de euros

Contía

máxima (A)

) 30200.000

De 15 a 30175.000

De 6 a 15125.000

' 6100.000

O cálculo do valor da produción comercializada efectuarase segundo o indicado no artigo 7 da Orde APA/3649/2004, e por iso particularmente no caso de cooperativas agrarias e sociedades agrarias de transformación que non teñan a cualificación de organización ou agrupación de produtores, será o valor das vendas destas entidades correspondentes aos produtos procedentes das parcelas dos seus socios e, se é o caso, das parcelas da propia entidade, relativo ao último exercicio contable anual da entidade, previo á presentación da solicitude.

Artigo 5º.-Solicitudes de axuda.

1. As solicitudes de axuda dirixiranse ao conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, de acordo co modelo incluído como anexo I, que poderá ser presentada, preferentemente, no rexistro xeral da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, en Santiago de Compostela, ou por calquera dos métodos previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes de axuda irán acompañadas como mínimo dos seguintes documentos:

a) Un proxecto de implantación do sistema de trazabilidade integral ou de mellora de sistemas xa implantados. O dito proxecto deberá conter polo menos, a seguinte información:

-Identificación da entidade, especificando razón social e domicilio social, teléfono, fax, número e data de recoñecemento, número de afiliados e valor da produción comercializada.

-Unha descrición da situación de partida no que afecta á trazabilidade, describindo os datos de trazabilidade que a organización ou agrupación é capaz de rexistrar e transmitir e os medios técnicos e humanos destinados a ese fin, en cada unha das fases do proceso (fase de campo, de recepción, de volcado, de confección, de empaquetado e de expedición).

-Obxectivos perseguidos no ámbito da trazabilidade e medios para alcanzar os mesmos.

-Descrición detallada das actuacións que se pretende emprender.

-Orzamento detallado, apoiado por facturas pro forma, e calendario de realización das actuacións, cuxa duración total non poderá exceder os dezaseis meses, salvo circunstancias excepcionais.

-Contía da axuda que se solicita.

b) Declaración de no ter percibido o solicitante axudas, se é o caso, doutras administracións públicas, así como o compromiso escrito de non acollerse, directa nin indirectamente, a un dobre financiamento, comunitario ou nacional, para os investimentos e conceptos de gastos previstos no proxecto presentado.

c) Fotocopia do NIF do solicitante.

d) Conta corrente na que se desexa sexa aboada a axuda, definida con 20 díxitos, acreditada por certificado da entidade financeira da súa existencia.

e) Balance e contas de resultados dos tres últimos anos, así como contas provisionais para os próximos tres anos.

f) Licenza de actividade e rexistro sanitario no caso de dispoñer de instalacións de manipulación de produtos

3. O prazo de presentación de solicitudes correspondente á convocatoria 2004-2005 finalizará o 15 de decembro de 2004. Non se subvencionarán investimentos iniciados con anterioridade á presentación da solicitude de axuda.

4. A Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria tramitará as solicitudes presentadas e realizará os controis administrativos e sobre o terreo que considere oportuno para garantir o cumprimento das condicións exixidas para a concesión das axudas.

5. Unha vez que o MAPA comunique a dotación orzamentaria e que a comunidade autónoma efectúe as oportunas xeracións de crédito o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural por proposta da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, resolverá a concesión ou denegación das solicitudes de axuda e procederá ao seu pagamento.

6. No caso en que o orzamento total dispoñible sexa insuficiente para atender todas as solicitudes, asignarase o orzamento dispoñible entre as entidades beneficiarias, dando prioridade ás entidades recoñecidas como organizacións ou agrupacións de produtores e, dentro de cada grupo de entidades, ás que teñan un número máis elevado de socios. Cando unha entidade beneficiaria estea constituída, na súa totalidade ou en parte, por membros que á súa vez sexan persoas xurídicas, integradas por produtores, o número de socios a considerar calcularase sobre a base do número de produtores asociados a cada persoa xurídica de cada exercicio económico.

7. As solicitudes que, unha vez transcorridos nove meses desde a publicación desta orde, non tivesen unha comunicación de resolución, poderán entenderse desestimadas por silencio administrativo.

A solicitudes presentadas á convocatoria 2004-2005 que non poidan ser atendidas por falta de fondos serán atendidas de forma prioritaria na convocatoria 2006, logo de solicitude dos interesados.

Artigo 6º.-Obrigas dos beneficiarios.

1. As entidades beneficiarias das axudas previstas nesta orde deberán obter, nun prazo máximo de 18 meses desde a resolución da concesión da axuda, a certificación, por parte dunha entidade acreditada segundo a norma EN-45011 con alcance hortofrutícola, de que os sistemas de xestión e rexistro de datos implantados permiten realizar a trazabilidade cara a adiante e cara a atrás, obténdose os datos seguintes:

a) A partir do código de identificación dunha unidade de venda:

-A unidade homoxénea de cultivo da que procede.

-Data de entrada no almacén.

-Procesos e tratamentos aplicados durante o proceso de manipulación, transformación e empaquetado do produto.

-Data de expedición.

-Identificación do transportista e vehículo de expedición.

-Identificación da empresa de distribución o do intermediario que adquire a mercadoría.

b) A partir do código de identificación dunha unidade homoxénea de cultivo:

-Os códigos de identificación das unidades de venda a que deu orixe.

-Operador responsable da unidade homoxénea de cultivo, especie, variedade ou variedades cultivadas; dose e datas de tratamentos con produtos fitosanitarios e fertilizantes, materias activas utilizadas; datas e doses de regas, orixe da auga de rega, data de realización e, se é o caso, resultados das análises de auga, folla e solo.

2. As entidades beneficiarias deberán:

Dispoñer dos sistemas e procedementos necesarios para poñer a información enumerada nas letras a) e b) do apartado 1 a disposición das autoridades competentes, cando estas o soliciten.

Manter un rexistro dos operadores responsables correspondentes a cada unidade homoxénea de cultivo, así como das parcelas de que se compón cada unidade e dos datos de campo recollidos de acordo coa letra b) do apartado 1 deste artigo.

3. Os beneficiarios das axudas ao investimento para informatización e automatización de sistemas de rexistro e transmisión de datos de trazabilidade previstas na liña de axudas II (artigo 3º), comprometeranse a manter a propiedade do investimento subvencionado durante un prazo mínimo de dous anos, desde a data de concesión da subvención, para o uso exclusivo previsto nesta orde.

Artigo 7º.-Pagamento das axudas.

1. O beneficiario poderá xustificar o investimento dunha soa vez e solicitar o pagamento da totalidade da axuda ou ben de forma fraccionada solicitando

pagamentos parciais da mesma, ata un máximo do 80% da subvención concedida; o importe restante aboarase no momento da certificación final do investimento.

2. As solicitudes de pagamento presentaranse prioritariamente no servizo de fomento asociativo da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, acompañadas da seguinte documentación:

a) Xustificantes, dos investimentos efectuados, que consistirán de forma xeral nas facturas orixinais sobre as que se realizará a toma de razón, e das que se entregará unha fotocopia. As facturas deberán estar acompañadas dos xustificantes do seu pagamento efectivo, dos que se entregará ademais unha fotocopia.

b) Declaración do beneficiario sobre outras axudas concedidas e/ou solicitadas para os mesmos investimentos.

c) Acreditación formal actualizada de estar ao corrente nas obrigas tributarias (Ministerio de Economía e Facenda) e fronte á Seguridade Social, así como de non ter débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma (Consellería de Economía e Facenda). Para acreditar estar ao día nas obrigas tributarias, o solicitante poderá optar por acudir individualmente a solicitar a expedición do certificado xustificativo correspondente, ou ben poderá autorizar a Xunta de Galicia para que o solicite por vía informática. Neste último caso deberá cubrir a autorización que figura como anexo II nesta orde e presentala no momento de facer a solicitude de axuda.

d) Certificación acreditativa do cumprimento das obrigas sinaladas no apartado 1 do artigo 6º.

e) Calquera outra que se indique expresamente na resolución de concesión.

3. O beneficiario de axudas que solicite pagamentos parciais deberá presentar garantía constituída por seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou de garantía recíproca, e deberá acadar como mínimo ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión.

A garantía deberá cubrir o importe dos anticipos ou pagamentos fraccionados xunto cos xuros destes calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude e como mínimo aquela en que se cumpran dous meses da do remate do prazo de xustificación previsto na resolución de concesión.

4. Con carácter excepcional e por resolución motivada da consellería, poderá autorizarse un anticipo de ata o 50% da subvención naqueles casos en que o investimento exixa pagamentos inmediatos. Nese caso será necesario presentar unha garantía cons

tituída mediante seguro de caución prestado por entidade aseguradora ou mediante aval solidario da entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca e deberá abarcar como mínimo ata os dous meses seguintes ao remate do prazo de xustificación previsto.

A garantía deberá cubrir o importe do anticipo xunto cos xuros deste calculados ao tipo de xuro legal do diñeiro vixente no momento da concesión e polo prazo que medie entre a data da solicitude e como mínimo aquela na que se cumpran dous meses da do remate do prazo de xustificación previsto. En todo caso o importe da garantía deberá ser como mínimo do 110% do importe do anticipo.

Unha vez comprobada a realización da actividade ou proxecto para o que se concedeu a subvención, as garantías serán liberadas.

Artigo 8º.-Modificación de resolucións.

Calquera modificación dos investimentos aprobados que supoñan un cambio de obxectivos, prazos de execución ou variación notoria do orzamento, así como de calquera condición específica indicada na resolución de concesión, requirirá a autorización da consellería logo da presentación da correspondente solicitude motivada.

Artigo 9º.-Penalizacións e reintegros.

1. Segundo o disposto no artigo 13 da Orde APA/3649/2004, cando en función do investimento realizado, a axuda que corresponda a un beneficiario sexa inferior ao 80 por cento da que lle foi concedida mediante resolución, no momento da transferencia bancaria da axuda seralle retido un importe igual á metade da diferenza entre a axuda concedida e a que lle corresponda segundo os gastos efectivamente realizados.

2. O incumprimento dos requisitos exixidos para a concesión das axudas reguladas nesta orde dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro das cantidades percibidas, incrementadas co xuro de mora legalmente establecido, desde o momento do seu pagamento. No caso de ter percibido anticipos, procederase á execución da garantía na parte que corresponda.

Artigo 10º.-Recursos administrativos.

As resolucións expresas ou presuntas dos expedientes tramitados en aplicación desta orde esgotan a vía administrativa e contra elas cabe interpor os seguintes recursos:

1. Potestativamente, recurso de reposición ante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou de tres meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, segundo os casos, de conformidade co establecido nos artigos 107, 116 e 117 da Lei 30/1992, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999.

2. Directamente, recurso contencioso-administrativo ante o órgano xurisdicional contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, se é expresa; ou de seis meses, contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 11º.-Financiamento das axudas.

As axudas reguladas nesta orde financiaranse con cargo aos orzamentos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Unha vez que a comunidade autónoma teña constancia suficiente da distribución territorial dos créditos consignados para tal efecto, procederase a efectuar as oportunas xeracións de crédito nesta comunidade autónoma con cargo á aplicación orzamentaria 09.04.615A. 771.0.

Artigo 12º.-Compatibilidade das axudas.

Estas axudas son incompatibles con calquera outras para o mesmo fin.

Disposicións adicionais

Primeira.-Compatibilidade das axudas co mercado común.

A eficacia das resolucións de concesión das axudas reguladas nesta orde quedará condicionada á decisión positiva sobre compatibilidade co mercado común por parte do órgano competente da Comisión Europea, de acordo co establecido no artigo 88.3º do tratado constitutivo da comunidade europea. Este extremo farase constar na resolución de concesión da axuda.

Segunda.-Supletoriedade.

No non previsto nesta orde rexerá o disposto na Orde APA/3649/2004, do 4 de novembro, pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria 2004/2005, para a concesión de axudas destinadas á implantación ou mellora de sistemas de trazabilidade en determinadas entidades asociativas do sector hortofrutícola e, especificamente, á Lei 38/2003, do 18 de novembro, xeral de subvencións.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facultade de desenvolvemento.

Facúltase o director xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria para ditar as instrucións precisas para o desenvolvemento e execución desta orde.

Segunda.-Entrada en vigor.

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2004.

José Antonio Santiso Miramontes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO