DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 07 de decembro de 2004 Páx. 16.734

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2004 pola que se lle dá publicidade ao acordo do tribunal designado para xulgar as probas encamiñadas á renovación do certificado de conselleiro de seguridade CE, convocadas por Resolución do 14 de outubro de 2004, da Dirección Xeral de Transportes, na cal se elevan a definitivas as listas provisorias de admitidos e excluídos e se fixa o horario dos distintos exercicios.

En cumprimento do establecido na Resolución do 14 de outubro de 2004, pola que se convocan probas para a renovación do certificado CE de conselleiros de seguridade para o transporte mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, este tribunal

ACORDOU:

Primeiro.-Anunciar a exposición pública das listas definitivas de admitidos e excluídos, de conformidade co punto quinto da resolución da convocatoria, nos organismos seguintes: servizos centrais da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, servizos provinciais de Transportes e nas delegacións provinciais da devandita consellería.

Segundo.-Os horarios dos exercicios quedan establecidos do seguinte xeito, facendo saber que as portas do recinto se abrirán 30 minutos antes do comezo do exercicio, comezando este a hora sinalada:

Modalidade por estrada

Renovación do certificado

Todas as clases9 hPorta 1
Clase 19 hPorta 2
Clase 213.15 hPorta 1
Clase 7- -
Clase 3 e máis12 hPorta 1
Mater. líqu. U.N:

1202-1203 e 1223

10.30 hPorta 1

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2004.

David González Coalla

Presidente do tribunal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL