DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Venres, 03 de decembro de 2004 Páx. 16.681

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLO GALEGO DE COOPERATIVAS

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2004 pola que se fai pública a concesión dos premios sobre cooperativismo nos centros escolares de Galicia.

Por Resolución do 30 de marzo de 2004, o Consello Galego de Cooperativas fixo públicas as bases dos concursos sobre cooperativismo nas modalidades de debuxo, pintura e de vídeos sobre o cooperativismo, dirixido aos alumnos dos centros de ensino de primaria e secundaria, así como na modalidade de proxectos empresariais cooperativos dirixido aos alumnos dos centros de formación profesional.

Nas bases reguladoras destes premios establecíase que os traballos participantes neste concurso serían examinados e valorados por uns xurados e que a concesión desta publicaríase no DOG.

Os xurados dos premios, na súa reunión do día 22 de novembro de 2004 resolveron a concesión destes.

Polo que antecede, en uso das atribucións que teño conferidas pola Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia e polo Decreto 25/2001, do 18 de xaneiro, polo que se regula a organización

e o funcionamento do Consello Galego de Cooperativas,

DISPOÑO:

A publicación da resolución dos premios acordados, en cada unha das modalidades:

1. Concurso de debuxo, pintura e vídeo:

Categoría A. 1º premio: varios alumnos de primaria:

A Nosa Horta.

CEIP Domaio-Moaña.

1º accésit: varios alumnos de primaria:

Así fixemos o maio.

CEP Monte Porreiro-Pontevedra.

2º accésit: Fátima Estévez Basalo.

Nave da cooperativa Aceveda-todas/os temos máis traballando xuntos.

CEIP San Martiño-Vilariño de Conso (Ourense).

3º accésit: Paula Núñez Páez.

Traballando xuntos facemos máis.

CEIP San Martiño-Vilariño de Conso (Ourense).

4º accésit: María Airado Otero.

CEIP Manuel Mato Vizoso-Vilalba (Lugo).

Categoría B: 1º premio: Sara Villaroel Comesaña.

CPR Alborada-Vigo.

1º accésit: Eva López Bouzán.

Limpamo-lo río.

CEP Monte Porreiro-Pontevedra.

2º accésit: Seila Gómez Fernández.

CPR Possumus-Vigo.

3º accésit: Marcos Samuel Pereira Oliveira.

CEIP Pedro Cáselles Rollán-Xove (Lugo).

4º accésit: Borja González García.

CEIP Rosalía de Castro-Padrón.

Categoría C: 1º premio: varias alumnas.

Colaborando olímpicamente.

CEP Monte Porreiro-Pontevedra.

1º accésit: varios alumnos.

A colmena.

CEP Monte Porreiro-Pontevedra.

2º accésit: Tatiana Costas Rodríguez.

CPR Alborada-Vigo.

3º accésit: Alberto Villamarín Rodríguez.

CEIP Rosalía de Castro-Padrón.

4º accésit: xogos cooperativos.

Modalidade vídeo.

CEIP Virxe do Portal-Sobrado (A Coruña).

Categoría D: tendo en conta que nesta categoría só se presentou un centro e que os traballos non

se axustan aos preceptos das bases da convocatoria, o xurado decidiu outorgar unicamente un primeiro premio:

Mónica Portela Táboas.

CPI Cova Terreña-Baiona.

Categoría E: tendo en conta que nesta categoría só se presentou un centro e que os traballos non se axustan aos preceptos das bases da convocatoria, o xurado decidiu outorgar unicamente un primeiro premio:

Elena Matos Cerzón.

CPI Cova Terreña-Baiona.

2. Concurso de proxectos empresariais cooperativos:

Premio ao mellor proxecto empresarial cooperativo:

Cooperativa A Nosa Horta.

IES Leliadoura-Ribeira.

Premios aos catro proxectos empresariais finalistas:

-Moradeza apartamentos de turismo rural.

IES Macías o Namorado-Padrón.

-Agarimo (axuda a domicilio).

IES Macías o Namorado-Padrón.

-Indogal, confort e seguridade.

IES Luís Seoane-Pontevedra.

Argui-RES, S. Coop. Galega.

IES de Guitiriz-Lugo.

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2004.

Belén Prado Sanjurjo

Presidenta do Consello Galego de Cooperativas

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA